Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
BIBLIOTECAS: Este xoves, 22 de abril, Tomas Guerrero presenta as súas obras en banda deseñada no Pazo da Peregrina. +INFO: bit.ly/32AxUC4
RECANTOS: A veciña de Ortoño, Sofia Rial, compite, representando ás Terras de Compostela, no concurso “Recantos” do programa Luar da Televisión de Galicia Este venres, 23 de abril. +INFO: bit.ly/3ariiFB
XUNTANZA INSTITUCIONAL: O alcalde de Ames aborda co rexedor de Santiago a sinatura dun convenio para que se volva a prestar o servizo de transporte á veciñanza das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído. +INFO: bit.ly/3n1Enzm
PLENO: O Pleno deste martes, 20 de abril, abordará a resolución da alegación presentada ao orzamento municipal de 2021. +INFO: bit.ly/3tAhTIm
TEATRO: A obra de teatro do absurdo "O Montacargas", da compañía Ainé Producións, representarase na Casa da Cultura Bertamiráns ás 20.30 horas o vindeiro venres 23 de abril. +INFO: bit.ly/3v4lONR
BIBLIOTECAS: Ao longo desta semana continúan as actividades de "Abril, mes do libro en Ames". +INFO: bit.ly/3efcqjP
EXPOSICIÓN: Igualdade da Deputación da Coruña e Concello de Ames inauguran a mostra "Nós somos Elas" na praza da Maía de Bertamiráns. +INFO: bit.ly/3mYS9mt
AULA DA NATUREZA: Inscríbete e participa na visita ás Fragas do Eume prevista para o sábado 24 de abril. +INFO: bit.ly/3svs3sr
XUÑO LÚDICO: Aberto o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar Xuño Lúdico ata o 3 de maio. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 7:30h a 16:00 horas. +INFO: bit.ly/3v1cE4H
ABRIL DE CINE Remata o programa “Abril de cine” este mércores, 21 de abril, coa proxección de Trote, na que se poderá ver escenas rodadas en Ames. Será ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta película, dirixida por Xacio Baño, conta a historia dramática dunha moza, interpretada por María Vázquez, que vive nunha aldea nas montañas galegas xunto ao seu pai Ramón, o actor Celso Bugallo, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. +INFO:bit.ly/3ds4k8i
