Concello de Ames
Open in Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Show more761
Subscribers
No data24 hours
-17 days
+730 days
Posts Archive
Os “Seráns de Ames” incorporan Ortoño, Covas e Trasmonte á súa programación 🌆☀️
🔸Un programa que recolle diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos.
🔸Desta volta, incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Transmonte.
🔸A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración do de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas.
Toda a ℹ️ da programación 🔗https://bit.ly/4ngTvb5
A Praza da Maía acolle hoxe, xoves 19, o evento benéfico ‘Piccolo Pizzaiolo’ 🍕
🔸Hoxe, a partir das 17.00 horas, a Praza da Maía, en Bertamiráns, acollerá o evento benéfico ‘Piccolo Pizzaiolo’, organizado polo restaurante Sicilia in Bocca e no que colabora o Concello de Ames a través da Concellaría de Benestar Social.
🔸Ao longo de toda a tarde, haberá un taller dirixido para a rapazada de entre 5 e 10 anos, no que aprenderán a facer as súas propias pizzas, música en directo e degustacións, entre máis propostas.
🎟️O evento é gratuíto e, quen o desexe, poderá depositar nunha caixa a doazón económica que considere. Todos o recadado neste evento, irá destinado á asociación ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia).
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/4kLR5PN
O Espazo de Coworking A Proa acolle o vindeiro 27 de xuño un obradoiro sobre redes sociais aberto á veciñanza 🖥️📲
💬 Será impartido por Carolina Buján e poderá participar calquera veciña e veciño de Ames que estea interesado en asistir.
🔸O obradoiro impartirase en horario de mañá, de 12.00 a 14.00 horas.
Se queres máis ℹ️🔗https://bit.ly/44o444o
Preséntase a programación “Verán en Ames 2025” que recolle tres meses de festexos e actividades ☀️🎉
🔸Entre as 48 propostas programadas destacan as festas da Madalena do Milladoiro, do 1 ao 5 de agosto, e as da Peregrina de Bertamiráns, do 6 ao 10.
🔸Ademais inclúense actividades para todos os públicos: os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia, o concurso Baila con Ames, o festival ABANEA, o concerto de Mondra no parque do Ameneiral, a programación da semana da mobilidade, etc.
Toda a programación ao detalle aquí 🔗ℹ️https://bit.ly/3HJqxAe
🎶 A Escola Municipal de Música de Ames celebra hoxe, mércores 18 de xuño, o seu concerto de fin de curso, unha cita na que o alumnado interpretará diferentes pezas musicais para poñer así peche final a este ano escolar.
🎤🎵O recital terá lugar a partir das 19.30 horas na pista de fútbol sala do Milladoiro.
🔴 Deste xeito, con motivo desta celebración, a pista de fútbol está pechada dende ás 8.00 horas deste martes, 17 de xuño, ata as 14.00 horas do vindeiro venres, día 20.
Toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3SXxyzM
Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas no Xuño Lúdico 2025 ☀️
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2025, que se vai desenvolver no CEP Ventín, na EEI do Milladoiro e no CEIP A Maía.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4jUa9dx
Dende hoxe, 16 de xuño, ao día 26, está aberto o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Teatro 🎭
🔸Este prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior.
🔸O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 26 de xuño. Posteriormente, do 1 ao 11 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.
🔸Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/404EDlX
🎒 Participa no campamento dixital que se desenvolverá na Aula AMTIC do Milladoiro durante o mes de agosto 🖥️
🔸A Aula AMTIC do Milladoiro acollerá ao longo de todo o mes de agosto un campamento dixital dirixido para a mocidade de entre 9 e 17 anos, unha proposta na que poderán aprender e adquirir diferentes competencias dixitais dun xeito divertido.
🔸A actividade desenvolverase de luns a venres, en horario de mañá, ao longo do mes de agosto, en catro quendas diferentes (unha por cada semana). Ao finalizar o campamento, os participantes recibirán un certificado que avala as competencias adquiridas.
ℹ️ As prazas para participar son limitadas. Podes inscribirte e obter toda a información aquí 🔗 https://bit.ly/3HYmMa0
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá este sábado 21 de xuño o festival solidario Fest for Dent 2025 🎼
🔸Trátase dun festival solidario cuxa recadación se destina ao estudio da enfermidade de Dent, unha doenza rara que afecta a nenos e que non ten cura a día de hoxe.
🔸A investigación desta enfermidade realízase no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, a través do Nefrochus (Laboratorio de Xenética de Enfermidades Renais).
🔸Este ano cóntase coa actuación de Paco Nogueiras, o Mago Iván, Tambukada, Son Elas, Retranqueiriños, Mary Iglesias, As Maianas, e Dos Hombres y Tercio.
🔸A entrada para este festival é de balde e estará presentado por Leti da Taberna.
Máis ℹ️🔗 https://bit.ly/43Fq6zw
Xa están abertas as piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e maila praia fluvial de Tapia 🏊🏼♂️
💦Deste este domingo, 15 de xuño, comeza oficialmente o período estival en Ames xa que as piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público por primeira vez este ano.
🔹O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas.
🔹Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4l2do3o
Volven as actividades deportivas e terapéuticas organizadas nas piscinas municipais durante os meses de verán ☀️
🧘🏻♀️ As actividades de ioga, ioga terapéutico e taichi-chikung impartiranse en horario de mañá, mentres que a actividade de aquagym 💦 e as camiñadas 🚶➡️ no solpor serán en horario de tarde.
🔸As actividades son gratuítas, e non é necesaria inscrición previa.
Se queres máis ℹ️🔗https://bit.ly/3HGK0BB
Aberto o prazo de inscrición para participar na andaina saudable que percorre o sexto tramo do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía 👣
🔸A andaina realizarase o vindeiro sábado, 21 de xuño, e as persoas que estean interesadas en participar poden inscribirse cubrindo o formulario (📄🔗https://forms.gle/WQBdAXsHvFhmYZw96) ata o mércores, 18 de xuño, ás 14:00 horas.
🔸🚌 Haberá servizo de autobuses dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 8:00 horas; e dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 8:15 horas.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4dWo7dw
Ames Radio pecha a temporada de Radio Cidadá cun programa especial dende o Pazo da Peregrina 📻🔴
🎙️A radio municipal de Ames pecha a temporada de Radio Cidadá cun programa especial que se vai emitir este venres, 13 de xuño, ás 🕖 19.30 horas, dende o Pazo da Peregrina.
🔹 O programa estará dirixido pola xornalista, Belén Martínez. Participarán en directo os responsables de nove programas que contarán como foi a súa andaina radiofónica deste ano e de tempadas anteriores.
🔹 O programa comezará cunha entrevista ao alcalde e concelleiro de Comunicación, @blasgarcia.ames, e pecharase cunha actuación musical de Mad Martin 🎼
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/43ZaNR5
Xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de cianotipia incluído no programa Apego 📸🌿
🔸O obradoiro de cianotipia “Fotografando as herbas de San Xoán”, que terá lugar o vindeiro venres 20 de xuño no Parque do Ameneiral, ás 18.00 horas.
🔸O prazo de inscrición está aberto ata o xoves día 19 de xuño.
✉️ Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.
Toda a ℹ️ da actividade 🔗 https://bit.ly/4dYoMeF
Aberto o prazo de inscrición para participar na andaina saudable que percorre o sexto tramo do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía 👣
🔸A andaina realizarase o vindeiro sábado, 21 de xuño, e as persoas que estean interesadas en participar poden inscribirse cubrindo o formulario (📄🔗https://bit.ly/43YPLC0) ata o mércores, 18 de xuño, ás 14:00 horas.
🔸🚌 Haberá servizo de autobuses dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 8:00 horas; e dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 8:15 horas.
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/4dWo7dw
Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as na Escola de Verán 2025 ☀️
🔸Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estean escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria.
🔸O prazo para emendas e reclamacións a ditas listas provisionais está aberto do 13 ao 19 de xuño (incluído).
ℹ️ Podes consultar as listaxes completas aquí 🔗 https://bit.ly/3FUcuHu
🎶 Este sábado, 14 de xuño, o grupo A Pedreira presenta no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o seu novo traballo :
💿 “Basal” é unha fusión única entre música tradicional, rock e electrónica.
🎟️ Aínda quedan convites dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames 🔗 https://abilleteira.concellodeames.gal/espec.../evento/basal
Toda a ℹ️ https://bit.ly/3HCVPbV
📖 Hoxe xoves, 12 de xuño, temos unha cita coa literatura no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) ás 20:00 horas cunha nova sesión dos Encontros Literarios 📚
Presentamos o primeiro libro de Nerea Cebreiro, titulado “Cada uno de mis latidos” ✨
Acompañará á autora a profesora de lingua castelá do IES Rosalía de Castro de Santiago, Mónica Frecha, nun encontro especial para mergullarse nas emocións e vivencias que enchen as páxinas desta obra.
📍 Entrada libre ata completar aforo
Toda a ℹ️🔗https://bit.ly/45OTYuy
O presidente de CEGASAL pon a Ames como exemplo de integración laboral de persoas con diversidade funcional 💼
🔹Na mañá de onte, o presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, visitou á Casa do Concello, en #Bertamiráns, para manter unha xuntanza no salón de Plenos co alcalde e cos concelleiros e concelleiras do Grupo de goberno.
🔹En dita xuntanza explicou que é CEGASAL e o traballo que realiza dita entidade. Mino Martínez puxo a Ames como exemplo a seguir por outras administracións en prol da integración laboral de persoas con diversidade funcional.
🔹A empresa Dixardin, que forma parte de CEGASAL, é a adxudicataria do servizo de mantemento de zonas verdes do concello de Ames.
Toda a ℹ️ da visita 🔗 https://bit.ly/43QHjEU
Volve o concurso fotográfico LGTBIQ+ que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo” 🏳️🌈📸
🔸O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, lanza a segunda edición deste certame fotográfico.
🔸O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+.
🗓 Prazo de participación do 10 ao 24 de xuño
👤 Unha foto por persoa
📩 Envía a túa imaxe, datos persoais e teléfono a:
servizos_sociaisberta@concellodeames.org
Descarga as bases completas do certame na ligazón e consulta toda a ℹ️🔗 https://bit.ly/3HQjtSf
