A Mesa pola Normalización Lingüística
Open in Telegram
A asociación da lingua galega. www.amesa.gal
Show moreThe country is not specifiedThe category is not specified
984
Subscribers
No data24 hours
+57 days
+4330 days
Posts Archive
‼️ RACHANDO BARREIRAS ‼️
A Mesa está a organizar por todo o país as «Conversas arredor do galego» [+info].
👉 Un espazo para a divulgación do traballo que facemos como asociación e un punto de encontro para o debate con todas aquelas persoas que simpatizan coa defensa do galego.
Cidades e vilas confirmadas:
· Carballo, o 16 de marzo ás 19:00h no Pazo da Cultura.
· Ourense, o 20 de marzo ás 20:15h no Café Cultural Auriense.
· Foz, 23 de marzo ás 20:00h na Casa da Cultura Poeta Manuel María.
· Pontevedra, 31 de marzo ás 19:00h na Facultade de Comunicación.
· Lugo, 13 de abril ás 19:00h no Vello Cárcere.
· A Coruña, 24 de abril ás 19:30h na AC Alexandre Bódeva.
-A Mesa-
FAMILIAS POLO GALEGO
A xornada Medrar en galego, organizada pola Mesa, contou a pasada fin de semana cun grande éxito de público.
Decidiuse que o proxecto «Familias polo galego» tome a remuda do labor realizado ao longo da xornada, para o que se convida a todas as familias que queiran traballar activamente pola crianza na nosa lingua contacten coa Mesa a través do correo electrónico amesa@amesa.gal ou de calquera dos seus perfís nas redes sociais.
Saber máis 👉 https://i.gal/IcFOZ
As nosas redes:
• Páxina de Facebook
• Conta de Instagram
• Perfil de Twitter
-A Mesa-
En 10 minutos estaremos en directo coa xente de Desdelsofa.cat para falarmos sobre a situación do galego e o catalán nas plataformas de streaming.
Descubre máis contidos en desdelsofa.cat e pipocas.gal.
🔗 Podes seguilo a través de Twitch.
Anos atrás a Asociación Escritoras e Escritores en Lingua Galega tivo a fantástica idea de animar polo Día de Rosalía, agasallar literatura e rosas.
Seguimos a animar a que a xente, agora o 23 de febreiro, celebre este día entre pétalos e versos 📚🌹
Anos atrás a Asociación Escritoras e Escritores en Lingua Galega tivo a fantástica idea de animar polo Día de Rosalía, agasallar literatura e rosas.
Seguimos a animar a que a xente, agora o 23 de febreiro, celebre este día entre pétalos e versos 📚🌹
Anos atrás a Asociación Escritoras e Escritores en Lingua Galega tivo a fantástica idea de animar polo Día de Rosalía, agasallar literatura e rosas.
Seguimos a animar a que a xente, agora o 23 de febreiro, celebre este día entre pétalos e versos 📚🌹
👅 CORRELINGUA 👅
O Correlingua volverá a encher as rúas das principais cidades e vilas galegas o vindeiro mes de maio coa recuperación das carreiras pola lingua.
Para asistir as festas desta vixésimoterceira edición do Correlingua os centros teñen que cubrir a folla de inscrición na web do Correlingua. Abriuse o prazo o 1 de febreiro, remata o 30 de abril.
🔗 Máis información en amesa.gal.
MEDRAR EN GALEGO
O Concello de Allariz acollerá o vindeiro 25 de febreiro un programa de actividades para familias e crianzas.
❤️ Desenvolverase ao longo de todo o día e incluirá obradoiros, xogos, contos e feira de empresas en galego.
Contará coa actuación musical de Magín Blanco e Gatuxo 🎶 na praza do Concello.
A participación en todas as actividades é libre e aberta, agás os obradoiros de crianza en galego, que contan con límite de capacidade. Para te inscribires preme aquí.
A Xunta de Galiza volve a esquecer que a lingua que debe promover como institución é a galega. A lingua que representa a todos os galegos e galegas.
Non pode reducirse ao minúsculo cancelo 👉 #galicianamorada
| COMPARTE |
Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
MEDRAR EN GALEGO [+info]
Allariz acollerá o próximo 25 de febreiro a xornada Medrar en galego, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas.
O programa de actividades desenvolverase ao longo de todo o día e incluirá obradoiros para partillar experiencias de éxito e resolución de conflitos, xogos, contos e feira de empresas en galego.
Magín Blanco porá o ramo cun concerto de Gatuxo que terá lugar na praza do Concello que, como o resto das actividades, será de acceso libre e gratuíto.
| COMPARTE |
Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
-A Mesa-
📢 CAMPAÑA | Os mapas dixitais polo seu nome [+info]
A Mesa lanza a campaña para a restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas.
‼️ Os casos máis coñecidos son os de Google Maps ou Apple Mapas.
A deturpación dos nomes de lugar reprodúcese a través de outras aplicacións, redes sociais ou páxinas web, introducindo ao tempo novas deturpacións en nomes de lugar que até o de agora non se viran afectadas polas ondas anteriores.
👉ASINAR CAMPAÑA 👈
🌹 OFRENDA FLORAL 🌹
Conmemoración dos aniversarios de nacemento de Castelao e de Rosalía.
Representantes de entidades sociais de defensa das linguas minoritarias do Estado homenaxearán a Castelao e a Rosalía de Castro, o domingo 22 de xaneiro ás 12h no Panteón de Galegos Ilustres, nun acto que contará con intervencións de representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, de Euskalgintzaren Kontseilua e da Plataforma per la Llengua e coa actuación musical de Uxía e Os Trinquetes.
| COMPARTE |
Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.
- A Mesa -
2023 EN GALEGO 👅💙
Este ano falamos na nosa lingua. Bótate a falar galego para comezares o ano con bo pé! 👣
Aquí che deixamos 1⃣0⃣ pasos para introducir a lingua galega no teu día a día. Se precisas axuda/apoio, podes contar coa Mesa pola Normaliación Lingüística 😊
Lingua en estado de alarma. Artigo do Presidente da Mesa en La Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2022/12/26/lingua-estado-alarma/0003_202212G26P12994.htm
🍿 PIPOCAS | Series e filmes 🍿
A Mesa lanza a plataforma Pipocas que reúne todos os filmes e series que están dobradas e/ou lexendadas ao galego.
Un catálogo web que redirixe o público ás plataformas na que está cada título. No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos.
🔗 Preme para entrar en Pipocas.
1987 | A primeira gran manifestación pola lingua
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o 13 de decembro de 1987 a primeira grande manifestación pola lingua. Participan todas as forzas políticas, sindicatos, ANPAS, movemento veciñal, etc.
Como acontecera coa Lei de Normalización Lingüística, o Goberno español pretendía impedir que o uso do galego se estendese no ensino e estuda facer o mesmo coa lingua nos concellos ou na xustiza. O pobo galego reaxíu unido a favor do seu idioma.
35 anos despois seguimos resistindo os ataques ao noso idioma 👅💙
Denunciándoos en todos os ámbitos. Impulsando novas accións e reclamando que se cumpran os mínimos conquistados para que a lingua galega estea en todo e para todo.
Axúdanos a seguir traballando.
❤️ Asóciate!
⚠️ DEREITO Á PROTESTA ⚠️
A Mesa advirte de que a reforma do código penal implicaría prisión pola defensa pacífica da lingua. [+info]
A modificación proposta polo Goberno español persegue a protesta social pacífica e suporía prisión e inhabilitación para as persoas que participen en protestas non violentas como as celebradas os pasados anos en edificios da Xunta, as primeiras manifestacións contra o decreto de plurilingüísmo, en concentracións como as da Illa da Toxa ou mesmo por acusacións falsas realizadas pola delegación do goberno.
| COMPARTE |
Axúdanos a difundir a noticia:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia de Instagram.
- A Mesa -
