Praza.gal
Open in Telegram
1 094
Subscribers
+124 hours
+17 days
+430 days
Posts Archive
1 094
⚖️ Case 17 anos de prisión para o vigués que tratou de asasinar a súa exparella e lle queimou o 28% do corpo
A sentenza considera probado que o condenado levou a cabo este intento de asasinato “movido por un sentimento de superioridade e posesión” cara á vítima “como muller e parella”
🔗 https://praza.gal/acontece/case-17-anos-de-prision-para-o-vigues-que-tratou-de-asasinar-a-sua-exparella-e-lle-queimou-o-28-do-corpo
1 094
🏥 O Sergas está disposto a pagar 7,3 millóns a quen o axude a recuperar 48 estafados en cueiros para adultos
💶 A asesoría xurídica a Xunta di non ter capacidade para reclamar ao cartel de empresas que durante vinte anos amañou o prezo dos cueiros para adultos e prevé pagar a avogados externos entre o 10% e o 15% do que recuperen
🔗 https://praza.gal/politica/o-sergas-esta-disposto-a-pagar-73-millons-a-quen-o-axude-a-recuperar-48-estafados-en-cueiros-para-adultos
1 094
📉🏫Forte caída do nivel educativo en Galicia: curso e medio cara atrás en comprensión lectora
🎒📖O Informe PISA revela que o alumnado perde 20 puntos de media en competencias científica e matemática, o que equivale á perda dun curso lectivo, e máis de 30 en lectura. España obtén o peor resultado da historia nun contexto global de "baixada continuada" nas notas da proba
🔗 https://praza.gal/acontece/forte-caida-do-nivel-educativo-en-galicia-curso-e-medio-cara-atras-en-comprension-lectora
1 094
⚖️ A xuíza que condenou o maquinista de Angrois apoia o seu indulto total
🚅 A maxistrada condenara ao mesmo nivel o condutor do Alvia e o director de Seguridade de Adif, pero despois a Audiencia da Coruña absolveu o segundo. Agora tamén a Fiscalía apoia un indulto, no seu caso parcial, para que non entre na cadea.
🔗 https://praza.gal/acontece/a-xuiza-que-condenou-o-maquinista-de-angrois-apoia-o-seu-indulto-total
1 094
👶 ‼️ A suma de atrasos en oposicións da Xunta desemboca en "caos" nas escolas infantís
🗓️O adiamento do inicio do curso do 4 ao 7 de setembro, que Política Social aprobou en agosto non foi dabondo para paliar os efectos do "movemento de persoal" derivado da asignación de prazas de oposicións dos últimos anos e de concursos de traslados atrasados durante lustros
❌A CIG advirte de que "non se pode garantir a atención adecuada en todos os centros" cando parte do persoal aínda non se incorporou e mesmo "quedan por adxudicar máis de 30 prazas de educadoras" nun acto de elección "que aínda non ten data"
🔗 https://praza.gal/acontece/a-suma-de-atrasos-en-oposicions-da-xunta-desemboca-en-caos-nas-escolas-infantis
1 094
🪖 ⚖️ Máis acoso sexual na Armada en Ferrol, agora dun alumno a seis compañeiras
📄Unha condena por conformidade constata que un alumno en transición de muller a home atentou á dignidade de compañeiras por entrar no baño cando se duchaban ou dicirlles "aí van as tetas máis bonitas" ou "todas as mulleres son unhas porcas"
🔗https://praza.gal/acontece/mais-acoso-sexual-na-armada-en-ferrol-agora-dun-alumno-a-seis-companeiras
1 094
🏨⛴A taxa turística chega a Vigo o 1 de outubro
📅 O concello vigués aproba definitivamente o tributo turístico, que xa rexe hai un ano na Coruña e Santiago, con varios descontos sobre os topes legais permitidos pola Xunta. Ata o 1 de xullo de 2027 a taxa viguesa só gravará as dúas primeiras noites e non o máximo legal de cinco. Para os cruceiros insire unha moratoria dun ano
🔗 https://praza.gal/politica/a-taxa-turistica-chega-a-vigo-o-1-de-outubro
1 094
🏫🎒BNG e PSdeG propoñen senllos plans para paliar a "deterioración" do ensino público en Galicia
👉🏼Pontón e Besteiro coinciden en denunciar o empeoramento do sistema educativo e sinalan a Xunta pola falta de profesorado ou polos recortes. Entre as medidas, recuperar a gratuidade dos libros de texto, universalizar os comedores, aumentar o número de docentes, reducir as ratios ou obras urxentes
🔗 https://praza.gal/politica/bng-e-psdeg-proponen-senllos-plans-para-paliar-a-deterioracion-do-ensino-publico-en-galicia
1 094
📃🏥O Sergas anuncia un novo plan de saúde mental tras constatar o Consello de Contas o fracaso do anterior
📈 A Xunta asegura que no plan 2026-2030 dedicará máis do dobre de cartos e contratará un 50% máis de persoal que no plan 2020-2024, no que o ente fiscalizador detectou que se gastara e contratara menos do previsto
🔗 https://praza.gal/politica/o-sergas-anuncia-un-novo-plan-de-saude-mental-tras-constatar-o-consello-de-contas-o-fracaso-do-anterior
1 094
🏫📢 O curso empeza en Galicia con folga do profesorado no ensino concertado, que pide equipararse ao do público
🪧Máis de 7.000 docentes están chamados a un paro entre as 9 e as 12 do primeiro día de curso nos centros privados sostidos con fondos públicos. Denuncian peores condicións laborais e salariais e o incumprimento de acordos pasados
📺O presidente Rueda dá a benvida ao novo curso escolar cun vídeo gravado no colexio concertado onde estudou
🔗 https://praza.gal/acontece/o-curso-empeza-con-folga-do-profesorado-no-ensino-concertado-que-pide-equipararse-ao-do-publico
1 094
📺 VÍDEO | Serxio María Rodríguez: "A mocidade ten unha visión deformada do franquismo e diso somos culpables hoxe, en democracia"
💬 O politicólogo, historiador e profesor da UVigo é experto en historia política. Ofrécenos un punto de vista teórico, mais tamén outro práctico baseado na súa experiencia como profesor universitario sobre a cultura e a participación política entre a mocidade, o fenómeno da chamada polarización ou as causas e consecuencias de realidades como a banalización da ditadura, entre outros asuntos
📹 👀 Na ligazón podes ver a entrevista completa, parte do proxecto 'Mocidade, democracia e memoria' da Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade
🔗 https://praza.gal/movementos-sociais/a-mocidade-ten-unha-vision-deformada-do-franquismo-e-diso-somos-culpables-hoxe-en-democracia
🗓 Serxio Mª Rodríguez é tamén un dos convidados ao I Foro Praza na Ágora que, baixo o título 'O papel da mocidade na crise democrática', se celebra o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia, en Santiago, organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración da Fundación Praza Pública.
📺 Xarda, cooperativa galega de comunicación
✍️ Paula Cermeño / Pablo Vázquez
1 094
🔥 💶 64.000 euros en 8 anos: así vai a idea de Feijóo de que donos de terras sen limpar paguen a extinción dos incendios forestais
📄 Rueda quere que Naturgy pague 1,6 millóns por un incendio, pero desde que en 2018 entrou en vigor a lei para repercutir o custo da extinción a propietarios que non xestionen a biomasa, a Xunta só pediu os cartos 15 veces malia que debe facelo de oficio
🔗 https://praza.gal/politica/64000-euros-en-8-anos-asi-vai-a-idea-de-feijoo-de-que-donos-de-terras-sen-limpar-paguen-a-extincion-dos-lumes
1 094
🎞🎬 ENTREVISTA | Gabriel Azorín: "Anoche conquisté Tebas' propón un tipo de masculinidade bastante diferente á que se adoita representar na ficción"
Grabriel Azorín escribe e dirixe a película 'Anoche conquisté Tebas', rodada integramente nas termas romanas de Bande, na que as 'máxicas' augas logran que rapaces de diferentes épocas compartan o mesmo espazo e o impulso de abrirse e mostrar os seus medos. Pode verse en salas de cine de Lugo, Ferrol e Santiago de Compostela.
🔗 https://praza.gal/cultura/anoche-conquiste-tebas-propon-un-tipo-de-masculinidade-bastante-diferente-a-que-se-adoita-representar-na-ficcion
1 094
🎵🐟 Unha ducia de concertos (e moito máis) do festival Revenidas
Chega unha nova edición do festival Revenidas, unha das citas musicais máis importantes do verán galego e que, en certa forma, pon o peche á estación estival. Entre o xoves 10 e o domingo 13 de setembro Vilaxoán de Arousa acolle catro días de concertos e moito máis: a tradicional sardiñada popular, circo solidario e este ano o pioneiro escenario Ondas e Partículas, un espazo dedicado á divulgación científica. E, por suposto, moita música: La Gossa Sorda, Evaristo, El Drogas, Bob Vylan, The Rapants, Dakidarría, Fillas de Cassandra...
🔗 https://praza.gal/ducias/concertos-e-mais-do-festival-revenidas
1 094
📽🎞 FICBUEU: dúas semanas de experimentación, descuberta e reflexión ao redor da curtametraxe
A XIX edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu converte a localidade pontevedresa entre o 4 e o 19 de setembro nun punto de encontro arredor do audiovisual en formato curto. A programación combina as seccións Oficial, Descubertas e GZ_00, as Escolas de Cinema Galegas e Internacionais, unha retrospectiva dedicada á ciencia ficción, as Xornadas Cinematográficas e diferentes propostas paralelas que amplían a actividade do festival máis alá das proxeccións
🔗 https://praza.gal/cultura/ficbueu-duas-semanas-de-experimentacion-descuberta-e-reflexion-ao-redor-da-curtametraxe
1 094
🔌🚗 As vendas de vehículos enchufables superan xa as de gasolina e diesel en Galicia
Entre xaneiro e agosto as matriculacións de enchufables foron o 30% do total, mentres que as de vehículos de gasolina foron o 18% e as de diésel o 3%. Tan só as matriculacións de eléctricos puros (3.741) practicamente igualan as de gasolina (3.797). No que levamos de ano as vendas de eléctricos puros están a aumentar o 89% en relación ao mesmo período do pasado ano
🔗 https://praza.gal/economia/as-vendas-de-vehiculos-enchufables-superan-xa-as-de-gasolina-e-diesel-en-galicia
1 094
💸 A Xunta presume de axudar "a todas as familias" co novo Bono Concilia, que exclúe milleiros
A conselleira de Política Social, Fabiola García, gábase de poder "botar unha man, unha vez máis" a pais e nais cun programa que cada vez abrangue menos xente tras limitar as axudas a quen contratase un campamento privado e non municipal.
🔗 https://praza.gal/politica/a-xunta-presume-de-axudar-a-todas-as-familias-co-novo-bono-concilia-que-exclue-milleiros
1 094
🏗🧱 20 anos do pelotazo de Barreiros: permisos para mil vivendas nunha semana nunha vila de 3.000 habitantes
Leiras a 3 euros o metro cadrado viraban en solo urbano a 600 euros grazas á permisividade do Concello do PP. Agora gobernado polo BNG, traballa nun plan de urbanismo coa prioridade de "ordenar" a desfeita e derrubar o inacabado, non o xa habitado
🔗 https://praza.gal/politica/20-anos-do-pelotazo-de-barreiros-permisos-para-mil-vivendas-nunha-semana-nunha-vila-de-3000-habitantes
1 094
🌹 A Coruña homenaxea Joaquín Martín Martínez, secretario municipal fusilado en 1936
Foi detido na praza das Atochas cando se dirixía ao Concello e posteriormente fusilado no Campo da Rata. Este sábado foi homenaxeado 90 anos despois da súa execución coa inauguración dunha placa na súa memoria na praza das Atochas. A xornada de memoria democrática comezou nos xardíns de Méndez Núñez cunha ofrenda floral ante o busto do alcalde Alfredo Suárez Ferrín, tamén executado hai 90 anos.
🔗 https://praza.gal/acontece/a-coruna-homenaxea-joaquin-martin-martinez-secretario-municipal-fusilado-en-1936
1 094
📺 ENTREVISTA | Aida Estévez: "Xeracións anteriores vivían para traballar, agora a mocidade traballa para vivir"
A segunda convidada da serie 'Mocidade e democracia' é Aida Estévez, coordinadora do Círculo de Jóvenes Emprendedores (CIJE) e fundadora da consultoría viguesa Como Darwin. Reflexiona sobre como están a cambiar os valores laborais na mocidade coa que ten relación profesional, que teñen unha nova percepción das responsabilidades e priorizan o goce do seu tempo libre e persoal unha vez que remata a súa xornada laboral. É outra das participantes no Foro Praza na Ágora que, baixo o título 'O papel da mocidade na crise democrática', se celebra o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia, en Santiago, organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración da Fundación Praza Pública.
🔗 https://praza.gal/movementos-sociais/xeracions-anteriores-vivian-para-traballar-agora-a-mocidade-traballa-para-vivir
