ch
Feedback

不要被骗子欺骗!Telemetrio 会找到并标记这些频道 👉 如果想查看标记,请订阅 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS Consulta a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames que entran en vigor este mércores 27 de xaneiro: bit.ly/2M9mkcv -Ames continúa PECHADO de xeito individual (só se permiten desprazamentos xustificados). -A restrición de mobilidade nocturna comeza ás 22.00h e remata ás 6.00h. -As xuntanzas só poden ser de persoas conviventes. -A hostalaría estará pechada (só se permite a entrega a domicilio e recollida no local). -No comercio o aforo será ao 50%. O peche adiántase ás 18.00h na actividade NON ESENCIAL. Peche ás 21.30h para a actividade ESENCIAL. -O mercado ambulante dos sábado en Bertamiráns continúa suspendido. -En vehículos particulares só poden viaxar persoas conviventes, excepto en desprazamentos ao traballo. -Pódese practicar deporte de forma individual ao aire libre e sempre con máscara. Os ximnasios permanecen PECHADOS. -Suspéndense todas as actividades municipais e as bibliotecas permanecerán pechadas. -Os parque infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre mantéñense PECHADOS. +INFO: bit.ly/3pod0jz

PROTECCIÓN CIVIL Protección Civil de Ames conta cun novo vehículo de intervención rápida en zonas difíciles. Trátase dun UTV -vehículo para tarefas rápidas- que será utilizado para vixiar os camiños de Santiago ao seu paso por Ames. +INFO: bit.ly/2Yfmul9

PLENO Este xoves, 28 de xaneiro, o Concello celebra o pleno ordinario. Debaterase a aprobación dun crédito extraordinario 1/2021, financiado con baixas por anulacións, para a concesión das axudas incluídas no PEL Reactiva Ames. +INFO: bit.ly/39XXjc8

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 26 de xaneiro de 2021, é de 192 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285

petiscos.mp4135.25 MB

PREMIO LINGUA E EMPRESA Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa nos que se reflicte a actividade e os aspectos diferenciadores das empresas premiadas no certame. Petiscos foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2019.

NORMALIZACIÓN Amplíase até o 2 de abril o prazo de recollida de sinaturas para apoiar o proxecto “Xabarín” da Mesa pola Normalización Lingüística. A proposta ten como obxectivo que a CRTVG aumente a programación infantil e xuvenil en galego. +INFO: bit.ly/2MpvWjc

APRÁZASE O OBRADOIRO CANTA MÚSICA Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta para facer fronte á Covid-19, os espazos culturais pecharán ata o 17 de febreiro. Adíase o obradoiro Canta Música con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk previsto para este xoves, 28 de xaneiro.

APRÁZANSE AS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á Covid-19, os espazos culturais pecharán ata o 17 de febreiro. Polo tanto, adíanse as representacións das obras de teatro. +INFO: bit.ly/3of30YB

COMEDORES ESCOLARES Imponse unha sanción de 16.613,31 euros a Eulogio Viñal S.A. polo atraso nas obras do novo comedor do CEIP da Maía. Ademais, concédeselle un novo prazo de dous meses para a finalización das obras pendentes, coa advertencia de que a non finalización das obras no novo prazo conferido suporá a resolución do contrato. Deste xeito, o prazo máximo para a finalización das obras queda establecido no día 26 de marzo de 2021. +INFO: bit.ly/3ogSM9O

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 25 de xaneiro de 2021, é de 184 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285

CARTAZ_LINGUA_DAS_BOLBORETAS.jpg7.29 KB

🎭 TEATRO A lingua das bolboretas representarase no Milladoiro o vindeiro venres 29 de xaneiro. A peza, da man da compañía Sarabela Teatro, mestura dous libros de Manuel Rivas. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros e de prezo reducido, 2 euros. +INFO: bit.ly/3sUitRj

140285143_110819310965098_1730385815550194211_o.png2.06 KB

NORMALIZACIÓN A Concellaría de Normalización Lingüística anima as familias de Ames a participar no concurso “Xoga en galego”. Preténdese enriquecer o patrimonio de xogos en galego con novas creacións que xurdan da rapazada galega. +INFO: bit.ly/369OSt8

ollar.mp4135.81 MB

PREMIO LINGUA E EMPRESA Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa nos que se reflicte a actividade e os aspectos diferenciadores das empresas premiadas no certame. Código Cero foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2020.

Bo día. Apróbase a adxudicación da senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño. A través desta actuación preténdese mellorar a seguridade viaria nun tramo moi utilizado para a práctica do deporte. A senda terá unha lonxitude de 750 metros e unha anchura de 1,80 metros. +INFO: bit.ly/3c7ukFz

URBANISMO O Concello de Ames encarga unha modificación puntual do PXOM para regularizar a parcela actual do aparcamento da Telleira. Urbanismo busca a reordenación deste espazo de equipamentos, espazos libres e viario público. +INFO: bit.ly/2Nneooh

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 22 de xaneiro de 2021, é de 166 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285