Concello de Ames
الذهاب إلى القناة على Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
إظهار المزيد761
المشتركون
لا توجد بيانات24 ساعات
-17 أيام
+730 أيام
أرشيف المشاركات
NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS
Consulta a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames que entran en vigor este mércores 27 de xaneiro: bit.ly/2M9mkcv
-Ames continúa PECHADO de xeito individual (só se permiten desprazamentos xustificados).
-A restrición de mobilidade nocturna comeza ás 22.00h e remata ás 6.00h.
-As xuntanzas só poden ser de persoas conviventes.
-A hostalaría estará pechada (só se permite a entrega a domicilio e recollida no local).
-No comercio o aforo será ao 50%. O peche adiántase ás 18.00h na actividade NON ESENCIAL. Peche ás 21.30h para a actividade ESENCIAL.
-O mercado ambulante dos sábado en Bertamiráns continúa suspendido.
-En vehículos particulares só poden viaxar persoas conviventes, excepto en desprazamentos ao traballo.
-Pódese practicar deporte de forma individual ao aire libre e sempre con máscara. Os ximnasios permanecen PECHADOS.
-Suspéndense todas as actividades municipais e as bibliotecas permanecerán pechadas.
-Os parque infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre mantéñense PECHADOS.
+INFO: bit.ly/3pod0jz
PROTECCIÓN CIVIL
Protección Civil de Ames conta cun novo vehículo de intervención rápida en zonas difíciles.
Trátase dun UTV -vehículo para tarefas rápidas- que será utilizado para vixiar os camiños de Santiago ao seu paso por Ames.
+INFO: bit.ly/2Yfmul9
PLENO
Este xoves, 28 de xaneiro, o Concello celebra o pleno ordinario. Debaterase a aprobación dun crédito extraordinario 1/2021, financiado con baixas por anulacións, para a concesión das axudas incluídas no PEL Reactiva Ames.
+INFO: bit.ly/39XXjc8
DATOS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 26 de xaneiro de 2021, é de 192 casos activos.
+INFO: bit.ly/3bYv285
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa nos que se reflicte a actividade e os aspectos diferenciadores das empresas premiadas no certame.
Petiscos foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2019.
NORMALIZACIÓN
Amplíase até o 2 de abril o prazo de recollida de sinaturas para apoiar o proxecto “Xabarín” da Mesa pola Normalización Lingüística. A proposta ten como obxectivo que a CRTVG aumente a programación infantil e xuvenil en galego.
+INFO: bit.ly/2MpvWjc
APRÁZASE O OBRADOIRO CANTA MÚSICA
Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta para facer fronte á Covid-19, os espazos culturais pecharán ata o 17 de febreiro.
Adíase o obradoiro Canta Música con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk previsto para este xoves, 28 de xaneiro.
APRÁZANSE AS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS
Debido ás novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á Covid-19, os espazos culturais pecharán ata o 17 de febreiro. Polo tanto, adíanse as representacións das obras de teatro.
+INFO: bit.ly/3of30YB
COMEDORES ESCOLARES
Imponse unha sanción de 16.613,31 euros a Eulogio Viñal S.A. polo atraso nas obras do novo comedor do CEIP da Maía.
Ademais, concédeselle un novo prazo de dous meses para a finalización das obras pendentes, coa advertencia de que a non finalización das obras no novo prazo conferido suporá a resolución do contrato. Deste xeito, o prazo máximo para a finalización das obras queda establecido no día 26 de marzo de 2021.
+INFO: bit.ly/3ogSM9O
DATOS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 25 de xaneiro de 2021, é de 184 casos activos.
+INFO: bit.ly/3bYv285
🎭 TEATRO
A lingua das bolboretas representarase no Milladoiro o vindeiro venres 29 de xaneiro.
A peza, da man da compañía Sarabela Teatro, mestura dous libros de Manuel Rivas. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros e de prezo reducido, 2 euros.
+INFO: bit.ly/3sUitRj
NORMALIZACIÓN
A Concellaría de Normalización Lingüística anima as familias de Ames a participar no concurso “Xoga en galego”.
Preténdese enriquecer o patrimonio de xogos en galego con novas creacións que xurdan da rapazada galega.
+INFO: bit.ly/369OSt8
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa nos que se reflicte a actividade e os aspectos diferenciadores das empresas premiadas no certame.
Código Cero foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2020.
Bo día. Apróbase a adxudicación da senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño.
A través desta actuación preténdese mellorar a seguridade viaria nun tramo moi utilizado para a práctica do deporte. A senda terá unha lonxitude de 750 metros e unha anchura de 1,80 metros.
+INFO: bit.ly/3c7ukFz
URBANISMO
O Concello de Ames encarga unha modificación puntual do PXOM para regularizar a parcela actual do aparcamento da Telleira.
Urbanismo busca a reordenación deste espazo de equipamentos, espazos libres e viario público.
+INFO: bit.ly/2Nneooh
DATOS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 22 de xaneiro de 2021, é de 166 casos activos.
+INFO: bit.ly/3bYv285
