ch
Feedback

不要被骗子欺骗!Telemetrio 会找到并标记这些频道 👉 如果想查看标记,请订阅 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
REIS MAGOS Os Reis Magos reciben en Ames a máis de 2.500 persoas. Estiveron no concello desde o 2 até o día 5 de xaneiro para atender á rapazada nos Pavillóns Municipais. Ademais, percorreron as parroquias. Xa están as imaxes na web +INFO: bit.ly/2JSiWSh

SERVIZO DE BICICLETAS Instálanse en Ames dúas columnas AIR-TOOL-WAHS que facilitarán o lavado, a reparación e o inchado de rodas aos/ás ciclistas de Ames. O servizo é gratuíto. +INFO: bit.ly/3op74pR

EMPREGO O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a convocatoria do proceso selectivo para a selección e nomeamento como funcionario/a interino/a por programa dun/dunha técnico/a de contratación. O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de xaneiro de 2021. +INFO: bit.ly/3bhQ1CA

PREMIO LINGUA E EMPRESA Entregouse os galardóns ás empresas gañadoras do Premio Lingua e Empresa de Ames. O xurado decidiu recoñecer o compromiso coa lingua de Código Cero, web de novas tecnolóxicas de Galicia, e o Centro Óptico e Auditivo Ollar. +INFO: http://bit.ly/3htSkTV

ENTROIDO LÚDICO Até o 12 de xaneiro de 2021 está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Entroido Lúdico” que se celebrará do 15 ao 17 de febreiro de 2021. Ten un horario de 7.30 á 16.00 horas. +INFO: http://bit.ly/3n2gExv

RESTRICIÓNS NOITEVELLA E ANONOVO O Concello de Ames informa das medidas especiais fronte á Covid para o Noitevella e Anonovo. As medidas afectan á mobilidade e aos encontros familiares para as celebracións das festas de Nadal. +INFO: http://bit.ly/2WUDXi3

DEPORTES O club amesán ciclista Os Esfola Arrós competiu na Copa de Galicia de Ciclocross con Uxío Canosa, master 40, e Nacho Casal, na sub 23. Ambos conseguiron situarse entre os dez primeiros postos, Canosa no quinto e Casal, no noveno. +INFO: http://bit.ly/3n0vmF8

VIVE O NADAL A campaña “Vive o Nadal”, que remata o 5 de xaneiro, está a ter unha boa acollida entre a veciñanza de Ames. Até ese momento, calquera persoa que merque un libro nas devanditas librarías poderá participar nun sorteo de 25 euros. +INFO: http://bit.ly/3nWSfuF

POLICÍA LOCAL A Policía Local de Ames pon en marcha un dispositivo especial de vixiancia para evitar as festas ilegais de Fin de Ano. +INFO: http://bit.ly/3mXWHHW

Chincheta TRANSPORTE METROPOLITANO Xa se poden consultar os horarios das liñas do transporte metropolitano na páxina web do Concello de Ames. +INFO: http://bit.ly/3rBu6M9

Dorso de la mano con el dedo índice señalando hacia la derecha PROGRAMAS DE EMPREGO Aínda estás a tempo de inscribirte no Programa Integrado de Emprego Ames-Brión 2020-2021 que este curso formará a 100 mulleres en comercio, ocio infantil e tempo libre, limpeza e atención socio sanitaria e turismo. + INFO: http://bit.ly/3nUmLFp

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de licitación das obras de adecuación e instalación do alumeado público no sendeiro CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns + INFO: http://bit.ly/3hn7kmE

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA Invístense 15.440 euros para mellorar as instalacións e na adquisición de novo material musical para a Escola Municipal de Música de Ames + INFO: http://bit.ly/2WPdjqV

PROHIBICIÓN DE ESTACIONAMENTO Lémbrase que por mor das dúas xornadas de Autocine, que se celebran os días 26 e 27 de decembro no Milladoiro, está prohibido estacionar no aparcamento da rúa Agro do Medio (aparcadoiro do SuperCor) dende hoxe ás 23.45 horas ata as 23.45 horas do día 27 de decembro. +INFO: bit.ly/2KPInUJ

cartel medidas nadal.jpg9.38 KB

COVID-19 O Concello de Ames informa das medidas especiais fronte á Covid para o Nadal aprobadas pola Xunta de Galicia. Ditas medidas afectan á mobilidade (entrada e saída en Galicia; entrada en zonas de Galicia pechadas perimetralmente; e mobilidade nocturna) entre o día 23 de decembro de 2020, ás 00.00 horas, e o día 7 de xaneiro de 2021, ás 00.00 horas. Tamén afectan aos encontros familiares para as celebracións de Nadal dos días 24 e 25 de decembro. Ademais, lémbrase que no concello de Ames mantéñense vixentes as medidas do nivel básico. Prégase á veciñanza responsabilidade nestas datas e que se sigan extremando todas as precaucións. A recomendación do Concello e que as xuntanzas das celebracións das festas de Nadal só se fagan coa unidade de convivencia. +INFO: bit.ly/2JlsHIA

PLENO MUNICIPAL O próximo martes, 29 de decembro, o Concello de Ames celebra o último pleno ordinario do ano, neste caso correspondente ao mes de decembro. +INFO: bit.ly/34Ew6tv

EMPREGO A partir do 1 de xaneiro de 2021 a renovación da demanda de emprego xa non será automática e terá que realizarse de novo nas datas indicadas no documento informativo de renovación de demanda. Para facilitar o cumprimento deste trámite, e para que ás/os demandantes non teñan que achegarte a súa oficina de emprego, Emprego Galicia pon en marcha unha nova canle: a renovación da demanda de emprego tamén mediante un número persoal de identificación (habitualmente coñecido como PIN). +INFO:bit.ly/3hdOvCb

ESCOLA DE MÚSICA O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames felicita o Nadal grabando catro temas que se poden escoitar a través da canle de YouTube do Concello de Ames. +INFO: bit.ly/38sJeCZ

MOBILIDADE Infórmase de que dende este xoves, 24 de decembro, a parada da rúa da Rosa trasládase a rúa do Horreo, xunto á dársena da futura estación intermodal e que permitirá a conectividade co tren e a futura estación de autobuses. +INFO: bit.ly/3mJCNR5