Concello de Ames
Kanalga Telegram’da o‘tish
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Ko'proq ko'rsatish761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
Ames abre a programación cultural de outubro con tres propostas teatrais
🎭Dúas son para público adulto, e unha para público infantil.
📍Todas terán lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/hZoQR3
Aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación Nadal Lúdico 2024
📝Estará aberto ata o 18 de outubro.
🎄Desenvolverase os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2025.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/JiSK7h
Os pioneiros do cinema protagonizan o cartel da sétima edición de Cinema Miúdo
🎥O festival terá lugar entre o 14 e o 17 de novembro, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/XpJDSP
O Concello colabora con SOGAPS no seu chamamento de axuda de emerxencia para o pobo saharauí
🫱🏼🫲🏽Poden facerse donativos a través da conta bancaria: ES48 2080 5056 1130 4006 3331
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/ADHGut
Quedan citas dispoñibles para a expedición de DNIs na unidade móbil que habilitará a Policía Nacional o 31 de outubro en Bertamiráns
📞As persoas interesadas en empregar este servizo deben escribir ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal ou chamar ao número 881 074 730.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/TdjbsJ
O Goberno municipal realizará reunións presenciais coa veciñanza de todas as parroquias do concello
⛪Iniciou onte en Agrón unha rolda de visitas polas parroquias do municipio.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/kRDdDv
O Concello de Ames cederá á Xunta o terreo anexo ao centro de saúde de Bertamiráns
🫱🏼🫲🏽O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, mantiveron unha xuntanza con Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/D1tzbA
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a exposición “O artesán, as mans sabias”, do fotógrafo Toño Villar
📸Está composta por 21 imaxes que recollen o traballo de Xosé Tunhas, artesán e veciño da parroquia de Trasmonte.
🖼️A exposición permanecerá no vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns do 1 ao 14 de outubro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/LhMQRa
Inscríbete e participa na primeira saída “As voltas cos cogomelos”!
🍄Haberá tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 6 de outubro e 3 e 23 de novembro.
📝O prazo para inscribirse estará aberto ata o venres 4 de outubro, ás 14.00 horas.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/1cvUmj
Preséntase a primeira edición do Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto
🏍️As probas realizaranse o sábado 12 de outubro en Aldea Nova, a carón das pistas municipais de tenis.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/SsU1Lz
60 persoas participan na excursión a Carballolandia, incluída no programa Apego
🌳Visitaron o Pazo de Arxeriz, no Cabo do Mundo, e estiveron en Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/wwu21o
A Casa do Concello tinguiuse de verde para conmemorar o Día Nacional da Artrite
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/CbxcnN
Participa no obradoiro de marmeladas e confituras organizado pola Aula da Natureza
📍Será o sábado 5 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas.
🍯Os participantes aprenderán a elaborar marmeladas, confituras e chutneys.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/D1cijD
O F.C. Meigas enfrontase ao Pescados Rubén Burela na Copa Galicia
📍Será o mércores 2 de outubro, ás 21.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns.
🎟️As entradas poderanse mercar na billeteira do pavillón dende unha hora antes do inicio do partido.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/OzjBjm
Ambiente familiar e festivo no VI Día do Deporte celebrado no Milladoiro
⛹🏽♀️Houbo unha ampla oferta de actividades e inchables para os máis pequenos dos que desfrutaron as numerosas familias.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/g7CBo0
A Aula AMTIC ofrece cursos de alfabetización dixital nas parroquias
⛪Levaranse a cabo durante desde outubro ata febreiro de 2025 nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas.
👥Aínda hai prazas dispoñibles.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/xLjvOU
Apróbase a licitación das obras de mellora da seguridade viaria entre os núcleos de O Mercuto e O Vilar
🚧Este proxecto súmase a outros de mellora da seguridade viaria como os que se están executando en Covas e Biduído.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/OOhLEW
O espazo colaborativo A Proa acolleu os “Encontros de liderado” que se enmarcan no Ames AV LAB
📹O obxectivo principal destes encontros foi dar a coñecer as empresas que forman parte da Comisión de Gobernanza do proxecto.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/Anb2ei
A humanización do Milladoiro centrou o debate do pleno ordinario de setembro
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/xs66g7
Participa no espectáculo “Con lingua propia” de Peter Punk, incluído no programa Apego
📍Será na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 4 de outubro, ás 18:00 horas.
📝As inscricións están abertas ata o 3 de outubro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/dcaWce
