uz
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Kanalga Telegram’da o‘tish

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Ko'proq ko'rsatish
761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
cartel_coas_medidas_de_restricion_actualizadas_que_entran_en_vigor.jpg7.28 KB

COVID-19: Ames está dende este domingo, 9 de maio, en nivel medio de restricións pola Covid-19. +INFO: bit.ly/3uBKpK2

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021 Listaxes provisionais dos campamentos de verán 2021 (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e campamentos urbanos). +INFO: bit.ly/3uwOy1V

ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS Listas provisionais de admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena para o curso 2021/2022. +INFO: bit.ly/33lQrm8

XUNTANZA COA CONSELLEIRA DE EMPREGO E IGUALDADE O alcalde de Ames, Blas García, mantivo onte unha xuntanza coa conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e coa Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca Carús, e na que avaliaron os bos resultados dos obradoiros duais de emprego e programas integrados de emprego que están desenvolvendo os Concellos de Ames e Brión, en colaboración coa Consellería. Ademais, o rexedor de Ames propúxolle a posible sinatura dun convenio de colaboración para a posta en marcha, de xeito compartido, dun espazo de formación e para facer demostracións sobre o uso de enerxías alternativas e renovables. En dita xuntanza tamén participaron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Ames. +INFO: bit.ly/33pYbnk

PLENO DO ESTADO DO CONCELLO A crise da COVID19 e a política económica marcaron as liñas de debate no Pleno Extraordinario sobre o Estado do Concello + INFO: bit.ly/3nUKfuV

nivel medio restricions.png0.63 KB

COVID-19: O SERGAS realizará un cribado este sábado e domingo no centro de saúde do Milladoiro a persoas de 41 a 50 anos.Actualmente, o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 44. A incidencia acumulada a 7 días é de 72 casos, mentres que a incidencia acumulada a 14 días é de 86 casos. Estes datos provocan que Ames dende o día 9 de maio pase a estar en nivel medio de restricións.+INFO: bit.ly/3fg1LpF

DEPORTES: Jorge Pérez, do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, remata na décimo cuarta posición da categoría máster 30 do Open de España XCM. +INFO: bit.ly/2R3U0ef

XUNTAZA O alcalde de Ames mantén unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para falar da depuradora de Sisalde e da posible cesión da avenida da Peregrina + INFO bit.ly/3nUd4aP

EMMA: O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames grávase interpretando diferentes pezas musicais. +INFO: bit.ly/3h6u1xq

LETRAS GALEGAS Co gallo da festividade das Letras Galegas, a empresa Feiraco pon en marcha o X Certame de Microrelatos e o II Concurso Artístico + INFO: https://bit.ly/3vM7gmk

DEPORTES: As xogadoras do Fútbol Club Meigas volven a desfrutar do apoio da súa afección. +INFO: bit.ly/3h5n1kr

doazón de sangue bertamiráns 11 de maio.jpg9.07 KB

UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN: A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 11 de maio en Bertamiráns. +INFO: bit.ly/3uphiK0

AXUDAS Aberto o prazo para acceder as axudas que a Deputación de A Coruña outorga ao sector da hostalería e ás Axencias de Viaxes +INFO: bit.ly/3b4WqzV

ORZAMENTOS: A información do Orzamento 2021 xa está dispoñible no portal da Transparencia da web municipal. +INFO: bit.ly/2QXYH9p

BIBLIOTECAS: Mil persoas participaron no Sorteo do día d Libro en Ames. +INFO: bit.ly/3tmcvaE

PLENO EXTRAORDINARIO: O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este xoves, 6 de maio, o pleno sobre o estado do Concello de Ames. +INFO: bit.ly/3unqJtg

DIXICONTOS: As bibliotecas municipais de Ames presentan a programación de Dixicontos para o mes de maio. +INFO: bit.ly/3unGLDo