uz
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Kanalga Telegram’da o‘tish

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Ko'proq ko'rsatish
761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
ENTROIDO LÚDICO Consulta as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do programa de conciliación Entroido Lúdico 2021. +INFO: bit.ly/3tTCsQE

OBRAS A Xunta de Goberno Local aproba a licitación das obras de senda peonil de Ventín a Coira. Este proxecto ten un orzamento de execución por contrata de 142.882,17 euros. +INFO: bit.ly/37aj34d

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA A Concelleira de Cultura, Natividade González visitou a Escola de Música de Brión co obxectivo de coñecer outros métodos de traballo, funcionamento e instalacións, que se poderían incluír na Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). +INFO: bit.ly/2Nj9eKf

CAMPAÑA MERC@MES Este domingo, 14 de febreiro, remata o prazo de inscrición para que os establecementos comerciais se adhiran á campaña de tarxetas bono Reactiva Ames. Está previsto que a primeira fase da campaña se desenvolva do 19 de febreiro ata o 19 de abril. A segunda fase será do 1 de setembro ata o 31 de outubro. +INFO: bit.ly/2MQkkXh

#ImpulsaAmes 🗣️ Tes algunha idea de como mellorar o desenvolvemento de Ames? Estamos encantados de escoitar a túa voz! Contacta connosco e convértete en protagonista de #Ames2020. ➡️ https://ames2020.gal/canal-de-participacion/ #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - VÍDEO RESUMO 2 O Concello de Ames conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cun vídeo protagonizado por veciñas amesás que traballan neste eido. Neste vídeo resumo II, alumnas dos colexios e institutos, xunto con profesionais da ciencia de empresas de Ames, explican a súa relación con esta materia. bit.ly/2NiGFfN

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 11 de febreiro de 2021, é de 113 casos activos. +INFO: bit.ly/3rGYFPS

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL O BOSQUE O Concello e a Deputación van investir preto de 80.000 euros para o acondicionamento e mellora térmica da cuberta e fachadas da escola infantil municipal O Bosque. O proxecto inclúe a mellora térmica da cuberta e fachadas dos módulos da parte traseira da escola, para evitar posibles filtracións de auga e maila mellora das condicións térmicas destas instalacións. Esta actuación ten un orzamento de 78.920,40 euros, dos cales o organismo provincial achega 52.000 euros e o Concello de Ames pon o importe restante, 26.920,40 euros. +INFO: bit.ly/3aa2M0O

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA O Concello de Ames conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cun vídeo protagonizado por veciñas amesás que traballan neste eido. Neste vídeo resumo, alumas dos colexios e institutos públicos, xunto coas profesionais da ciencia de Ames, explican a súa relación con esta materia: youtu.be/qdZ1oIcvjZU

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA O Concello de Ames conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cun vídeo protagonizado por veciñas amesás que traballan neste eido. O vídeo está protagonizado por alumnas dos centros públicos escolares: IES de Ames, IES do Milladoiro, CEIP de Barouta, CEP Plurilingüe de Ventín, CEIP A Maía e CEIP Agro do Muíño. Ademais, contouse coa colaboración Paula Rey, responsable de calidade da empresa Conic Vascular España; Paz Dapena, xefa de proxectos da empresa Bahía Software; Berta Caro, directora de corporativo da empresa Tecalis; Victoria Otero Espinar, investigadora e docente; e Magdalena Seco, médico e xefa de servizo do centro de saúde do Milladoiro. Vídeo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia: youtu.be/HHDoTbSpdpY +INFO: bit.ly/3aWSjVM

DIXICONTOS O programa de “Dixicontos” propón, cada mércores, unha nova historia a través da páxina de Facebook das Bibliotecas municipais. Esta iniciativa está tendo moi boa acollida entre os usuarios e usuarias deste servizo municipal, xa que acadan unha media de 1.000 visualizacións por entrega. +INFO: bit.ly/3d1FyMh

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 10 de febreiro de 2021, é de 126 casos activos. +INFO: bit.ly/3jJq68X

PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS Os Concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra rexistraron hoxe unha carta na que lle solicitan ao Consorcio provincial contraincendios e salvamento da Coruña a convocatoria dunha xuntanza, o máis axiña posible, ben sexa telemática ou presencial, entre os alcaldes asinantes e os representantes do Consorcio, tanto da Xunta de Galicia como da Deputación de A Coruña, para abordar a situación actual do parque comarcal de bombeiros e coñecer a predisposición de ambos Organismos á proposta da taxa de reposición compartida. +INFO: bit.ly/3p5531D

SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO Dende a pandemia da Covid-19, o servizo de transporte adaptado que xestiona a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, ademais de trasladar ao médico ou a edificios institucionais a aquelas persoas con mobilidade reducida, tamén se encarga de repartir a domicilio os produtos do banco de alimentos. +INFO: bit.ly/3jAnKJv

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA O Concello de Ames únese ao movemento #NoMoreMatildas con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia. Este movemento nace da man da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas para denunciar as consecuencias do Efecto Matilda, que non é outro que o de non recoñecer os logros das mulleres científicas cuxo traballo se atribuía na maioría das veces aos seus colegas masculinos ou mesmo aos seus maridos, e que conta co respaldo do Parlamento Europeo. Animamos a todas as nosas 'Matildas', nenas, mozas, profesionais, mulleres de ciencias a que visibilicen o seu apoio ao movemento subindo fotos ás redes cos hastag #NonMaisMatildas e etiquetando ao Concello de Ames (@ConcelloAmes en Twitter; @Concello de Ames en Facebook; e #concellodeames en Instagram). +INFO: bit.ly/3701u6B

#ImpulsaAmes 👀 No marco da #EDUSI porase en marcha un sistema de detección temperá de inundacións na ribeira do río Sar que permitirá tomar decisións ás autoridades e á cidadanía, minimizando os perigos asociados ás inundacións. ➡️ https://ames2020.gal/ #Ames2020 #FEDER #UnhaManeiraDeFacerEuropa

mullerenena_ciencia.jpg1.34 MB

DÍA DA MULLER NA CIENCIA O Concello de Ames presenta un vídeo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o vindero 11 de febreiro. A peza audiovisual dará visibilidade á muller na ciencia e a innovación, mostrando distintas iniciativas que, dende o eido privado e público, se están a desenvolver por mulleres e nenas de Ames. +INFO: bit.ly/36UReMU

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 9 de febreiro de 2021, é de 142 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285

TRANSPORTE METROPOLITANO O Goberno de Ames mantén unha nova xuntanza coas asociacións de veciños afectados pola eliminación da liña de autobús de Ortoño. Vaise solicitar unha nova xuntanza co Director Xeral de Mobilidade para tratar de achegar posturas e estudar alternativas para a restitución da liñas de autobús de Ortoño a Santiago de Compostela. Recolléronse máis de 2.000 sinaturas para solicitar a implantación desta liña metropolitana. +INFO: bit.ly/3q5oRmZ