uz
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Kanalga Telegram’da o‘tish

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Ko'proq ko'rsatish
761
Obunachilar
Ma'lumot yo'q24 soatlar
-17 kun
+730 kun
Postlar arxiv
MES DO LIBRO A biblioteca programa para esta semana dúas presentacións de libros, un obradoiro infantil e continúa co concurso de debuxo e o sorteo de libros + INFO: bit.ly/3tgllYz

TEATRO INFANTIL A obra de teatro infantil "Redondo" representarase este venres, 16 de abril, en Bertamiráns en dúas funcións: unha ás 17:00 e oitra ás 18:00 horas. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. + INFO: bit.ly/3db5STQ

EDUSI IMPULSA AMES Xa está en marcha a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible do Concello de Ames. A empresa Iplan Movilidade, S.L. comeza co traballo de campo: enquisas e control de volume de trafico. +INFO: bit.ly/3a5VDON #Ames2020 #FEDER #EDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa

PROGRAMA APEGO O próximo martes, 20 de abril, impartirase unha nova actividade do programa Apego de Ames. Cantar, Contar e xogar é un obradoiro para familias con crianzas de 0 a 6 anos, con música en directo, e no que ademais de pasalo xenial daranse a coñecer unha chea de recursos educativos e de lecer que enriquecerán e alegrarán a crianza. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas. Para participar é imprescindible inscribirse previamente a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. +INFO: bit.ly/3dbruQg

ABRIL DE CINE Este mércores, 14 de abril, ás 20.00 horas, continúa o programa Abril de cine, unha nova iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Cultura. Nesta ocasión a veciñanza de Ames poderá ver no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o filme A illa das mentiras, dirixida por Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Vitoria Teijeiro, Ana Oca, Aitor Lúa, Celso Bugallo e Darío Grandinetti. Para ver esta película xa non quedan entradas dispoñibles. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña. +INFO: bit.ly/3alVS8L

PROGRAMA TROULEANDO Dende a Concellaría de Mocidade infórmase de que están esgotadas todas as prazas para inscribirse na actividade de rafting polo tramo do río Ula, que se atopa entre Carcacía e Herbón. Esta actividade está incluída dentro do programa Trouleando. +INFO: bit.ly/3dVNRrR

AULA CEMIT A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, programou novos cursos que comezarán a impartirse a partir do 19 de abril. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que imparte, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores. +INFO: bit.ly/3daeKsO

PLENO DE INVESTIDURA Blas García foi elixido alcalde de Ames co apoio dos 13 concelleiros e concelleiras pertencentes aos grupos políticos do PSdeG-PSOE, BNG e Contigo Podemos. Despois da votación o ex-alcalde de Ames e novo delegado do Goberno, Jose Miñones, entregoulle o bastón de mando. Ademais tomou posesión o novo concelleiro Santiago Vázquez Noya. + INFO: bit.ly/3mxBF4w

NOVAS NORMAS COVID19 Consulta a actualización de medidas: bit.ly/39Xydeq As principais novidades son que se permiten as xuntanzas, en espazos de uso público e privado, de persoas non conviventes en grupos como máximo de 4 persoas en espazos pechados e de 6 en espazos abertos ou ao aire libre. Ademais, permítese viaxar en vehículos particulares a un máximo de 4 persoas sexan ou non conviventes. + INFO: bit.ly/3d3lQzB

I FEIRA DA SAÚDE E O BEN-ESTAR 10 faladoiros, unha exposición e proxeccións permanentes, cursos, obradoiros e xogos compoñen o programa da I Feira da Saúde e o Ben-Estar que se celebra esta fin de semana no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A Feira desenvolverase ao longo da mañá e da tarde do sábado, 10, e na mañá do domingo 11 de abril. + INFO: bit.ly/3dMh9cx

EMMA Comezan as audicións na Escola Municipal de Música O alumnado da Escola Municipal de Música amosa estes días o aprendido durante este curso a través dunha serie de audicións que se prolongarán durante todo o mes de abril. As audicións comezaron o xoves, día 8 co alumnado de canto. Debido as restricións sanitarias que marca a loita contra a COVID19, este anos as audicións realizaranse na propia escola e co público único dos/as estudantes de cada especialidade. + INFO: bit.ly/3dUozuq

PLENOS MUNICIPAIS Os plenos extraordinarios que se celebran hoxe, 8 de abril, serán emitidos por streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames. • Ligazón evento Youtube pleno extraodinario das 20.00 horas: https://youtu.be/yCHJd8jOiqY • Ligazón evento Youtube pleno extraodinario das 20.30 horas: https://youtu.be/K7XdI4ARi40

PROGRAMA AMESSAN As clases de ximnasia terapéutica do programa Amessan contribúen á saúde física, mental e social das maiores de Ames. As clases ximnasia terapéutica do programa Amessan realízanse, sempre que o tempo o permite, ao aire libre no Pazo da Peregrina. As alumnas, maiores de 70 anos, manifestan que botaron moito de menos estas clases durante o confinamento. Aseguran tamén que grazas a esta actividade séntense máis áxiles e rexuvenecidas, tanto física como mentalmente. “Espreguiza corpo e mente”, é o lema deste curso do programa “Amessan”. +INFO: bit.ly/3t2UnmX

OBRAS A Xunta de Goberno Local aproba a licitación das obras das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns por importe de 73.633,29 euros. As obras executaranse sobre unha superficie de 1.975 metros cadrados e inclúen a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop. +INFO: bit.ly/3rVO9Ux

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é socio o Concello de Ames, cofinanciará cun total de 99.813 euros catro proxectos de ONGD galegas na India, Nicaragua, El Salvador e Guatemala. A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, participou onte por videoconferencia na Asemblea Xeral da asociación de Concellos e Deputacións, que resolveu a convocatoria de axudas, á que se presentaron doce propostas centradas en dez países. No encontro virtual, que se celebrou coincidindo co Día Mundial da Saúde, tamén se fixo balance dun 2020 marcado pola pandemia e aprobouse por unanimidade o Plan de Actividades para este ano. +INFO: bit.ly/39TR4qO

CONCERTO INFANTIL Pakolas volve a Ames cun espectáculo de rock que viaxa desde a prehistoria até o futuro. O espectáculo, que se titula “Rockeando con Ramona Órbita”, chega a Ames da man do programa Apego. As entradas xa están esgotadas. + INFO: bit.ly/3t4iIc7

PLENOS MUNICIPAIS A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este xoves, 8 de abril, dous plenos extraordinarios para elixir ao novo alcalde e para a toma de posesión do concelleiro Santiago Márquez Noya. +INFO: bit.ly/3rYXoUb

EXCURSIÓN DO APEGO Até o día 14 de abril está aberto o prazo para inscribirse na primeira excursión en familia que o programa Apego organiza no concello de Ames. Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada é o destino desta saída que terá lugar o sábado 17 de abril. Para inscribirse hai que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e apelidos das persoas que queiran apuntarse, idade dos nenos/as e teléfono de contacto. + INFO: bit.ly/3useqvq

PROGRAMACIÓN BIBLIOTECAS Carlos Negro presenta en Ames “Non cantan paxaros neste bosque” O pazo da Peregrina acolle o xoves, 8 de marzo, ás 20:00 horas, a presentación de “Non cantan paxaros neste bosque” do escritor e veciño de Ames, Carlos Negro. A obra, publicada pola editorial Xerais na colección de literatura xuvenil “Fora de xogo”, recolle nove contos que o propio autor cualifica como “relatos de medo”. O evento encádrase dentro da programación da Biblioteca Municipal de Ames. + INFO: bit.ly/3us5A0I

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE O Concello de Ames súmase á celebración do Día Mundial da Saúde a través da Concellaría de Benestar Social e de todas as accións e os programas que, a prol deste obxectivo, desenvolve ao longo do ano. As accións promovidas a través do programa Ames Saudable e a participación en diversos programas de cooperación internacional son algúns exemplos. + INFO: bit.ly/3fNPMBg