uk
Feedback

Не попадись на ботовода! Telemetrio знаходить і позначає такі канали мітками 👉 Хочеш бачити мітку, оформляй підписку 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

Відкрити в Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Показати більше
761
Підписники
Немає даних24 години
-17 днів
+730 днів
Архів дописів
A-BONO CULTURAL Nace o A-Bono Cultural para facilitar a asistencia aos espectáculos de teatro, música e danza do primeiro semestre de 2021. A partir do próximo luns, 18 de xaneiro, pódese mercar o A-Bono infantil por 14 euros e o A-bono para adultos por 15 euros. 👉Programación cultural do primeiro semestre de 2021: bit.ly/3sujn6D 👉Información sobre os A-Bonos e a venda de entradas: bit.ly/3sqiXyh +INFO: bit.ly/3qfWXV0

Axudando a seguir1.jpg6.15 KB

Axudando a seguir.jpg6.27 KB

Axudando a seguir2.jpg5.67 KB

AXUDAS HOSTALARÍA Vólvese a poñer en marcha unha iniciativa de apoio á hostalaría de Ames, que consiste na elaboración dunha listaxe na que aparecen os establecementos que ofrecen servizo de recollida ou reparto a domicilio. +INFO: http://bit.ly/2XEH0eG

🎁 ZOCOS E TRASNOS Éxito de participación na quinta campaña de Zocos e Trasnos. 187 trasnos repartiron os agasallos que pediron case 200 nenos e nenas. Anotáronse 25 veciños e veciñas máis que nos anteriores anos, achegando ese agasallo. +INFO: bit.ly/2XJdMeM

AULA CEMIT A canle de YouTube da Aula CeMIT de Ames acada 5.900 visualizacións nos últimos meses . O curso infantil de Scratch foi a última actividade programada que se realizou durante o Nadal. Neste obradoiro online participaron 40 persoas. Ademais, o pasado 2020 a Aula Cemit abriu unha canle en YouTube, canle que conta con 139 subscritores (90 subscritores novos); 112 directos e 2.100 horas de vídeo visualizadas (media de 19 por vídeo). +INFO: bit.ly/2LO744q

CAMPAÑA TARXETAS-BONO REACTIVA AMES Está aberto o prazo de inscrición para que os establecementos de Ames se adhiran á campaña de tarxetas bono Reactiva Ames, a través da cal durante este exercicio 2021 se porán en circulación 3.000 tarxetas-bono para gastar nos establecementos amesáns. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 280.000 euros. 👉Existen dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€. A partir do 5 de febreiro comezarán a distribuírse os bonos entre os potenciais clientes dos establecementos adheridos. 👉A inscrición hai que realizala a través da Sede electrónica: bit.ly/3qs3mMZ Para poder cubrir o impreso de solicitude é necesario identificarse con certificado dixital ou DNI electrónico. 👉Consulta as bases desta campaña: bit.ly/39tSSWs +INFO: bit.ly/3nMeO4n

NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS 👉Consulta a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames que entran en vigor este venres 15 de xaneiro: bit.ly/3oNz4Un 👉Establécese un peche perimetral exclusivo para o municipio de Ames. A veciñanza amesá tan só poderá saír do municipio por causa xustificada. 👉A restrición de mobilidade nocturna adiantase ás 22.00 horas. 👉Establécense xuntanzas de máximo catro persoas (non deberán xuntarse non conviventes despois das 18.00h). 👉O peche da hostalería será ás 18.00 horas. Só se pode atender en terraza. Permítese a entrega a domicilio. +INFO: bit.ly/3qcNZYC

PLAN IMPULSA AMES Rematan con éxito as obras de #accesibilidade en Bertamiráns! Unidas ás xa rematadas no Milladoiro, o Concello de Ames ten garantida unha continuidade peonil nas rúas para persoas con mobilidade reducida. +INFO: http://bit.ly/2Kf0mEf

WEB MUNICIPAL O vindeiro 25 de xaneiro rematará a enquisa que interpela á veciñanza de Ames sobre a web do Concello. O obxectivo é recoller as solicitudes de mellora na web sobre o deseño e os contidos. +INFO: http://bit.ly/39uFXU5

OBRADOIROS DE NADAL Máis de 350 persoas participaron nos obradoiros de Nadal que organizou o Concello de Ames. O programa “Concilia co comercio no Nadal” propiciou preto de 200 compras no comercio local. +INFO: http://bit.ly/3nK742L

cartel restricions máximas Ames.jpg4.26 KB

🔴ACTUALIZACIÓN DAS RESTRICIÓNS DE NIVEL MÁXIMO EN AMES *En vigor dende o VENRES 15/01/2021. ⭕️Ames, pasará a estar pechado perimetralmente de forma individual. 🏡 Toque de queda ás 22.00h. ⭕️ Mantense o peche perimetral de Galicia como CCAA. 🍴 Peche da hostalería: ás 18.00h. Só atención nas terrazas e entrega a domicilio. 👥 Reunións de 4 persoas como máximo. ❌ Non deberán reunirse non conviventes a partir das 18.00h nos domicilios. ⚽️ Deporte non federado: máximo 4 persoas, 50% aforo en interior. 💳 No comercio aforo de 50% e nos centros comerciais prohibido permanecer en zonas comúns. Peche ás 21.30h. 🏥 Só un acompañante nos hospitais. 🕹Establecementos de xogo PECHADOS. 🏢 Áreas comerciais ao 30%. 🏩Centros recreativos turísticos ao 50%. A recomendación básica é que se faga o esencial exclusivamente ⬇️ 👨‍🔬 Atención médica. 🏫 Colexio. 💻 Traballo. 🧓 Coidado de menores e maiores. 🍏 Comercio dos enseres indispensables.

NOVO CEIP DO MILLADOIRO Asinado o convenio para a construción dun novo centro de educación infantil e primaria no Milladoiro. A parcela onde se construirá o novo CEIP conta con 13.167 metros cadrados. A construción do novo CEIP do Milladoiro está incluído no Plan de Infraestruturas 2016-2020 da Xunta de Galicia e conta cun investimento estimado de 4 millóns de euros. Actualmente, a Consellería de Educación está a traballar na elaboración do proxecto técnico da ampliación do CEIP Agro do Muíño. +INFO: bit.ly/2N2RP8r

MERCADO AMBULANTE Suspéndese o mercado de venda ambulante que organiza o Concello de Ames ata que as condicións hixiénico - sanitarias permitan volver a celebrar dito mercado. +INFO: bit.ly/35BqAIw

OBRAS O Concello de Ames eleva a 1.670.605,35 euros os investimentos reais en obras de pavimentación, accesibilidade e adquisición de diversos materiais durante 2020. +INFO: bit.ly/3nGBSkW

Axuda Emprendedores.jpg8.89 KB

AXUDAS Aberto o prazo para participar na liña de subvencións a proxectos emprendedores para a creación ou ampliación de pequenas empresas galegas e a proxectos de Re-emprendemento. + INFO: bit.ly/2N23HYj

cartel demanda de emprego.jpg7.22 KB