Concello de Ames
Відкрити в Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Показати більше761
Підписники
Немає даних24 години
-17 днів
+730 днів
Архів дописів
Dende o luns 23 de setembro verase afectado o tráfico na N-550 polas obras de humanización da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro
🚧O proxecto contempla a optimización dos espazo, a execución dun carril bici, a ampliación das beirarrúas ou a construción dunha glorieta, entre outros.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/hAljXx
Participa na excursión a Carballolandia, incluída no programa Apego
🏞️O sábado 28 de setembro farase unha excursión ao Pazo de Arxeriz, no Cabo do Mundo, e a Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada, na Ribeira Sacra.
🚌Ofrecerase servizo de autobús.
📝A inscrición está aberta ata o 26 de setembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/zfvLKW
O domingo 20 de outubro Ames celebrará a súa XXIII Carreira Pedestre Popular
🏃🏽♀️Contará cun circuíto de 10 quilómetros, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo.
⏱️As inscricións estarán abertas ata o 16 de outubro, ás 23:59 horas.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/lvEtok
A Aula AMTIC do Milladoiro oferta novos cursos para o último trimestre do ano
📲Haberá cursos de alfabetización dixital nos locais sociais das distintas parroquias.
📚Ofértanse cursos para adultos e crianzas.
📝As inscricións xa están abertas.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/gHsjqg
O punto de información turística do Milladoiro atendeu durante o verán a máis de 600 persoas
👥O número de usuarios incrementáronse un 138%.
📍Este ano o servizo contou con dúas localizacións: o vestíbulo da Casa da Cultura do Milladoiro e a caseta situada a carón da área de autocaravanas.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/GLHdgg
Participa no obradoiro de conservas tradicionais de froitas organizado pola Aula da Natureza!
📍Será o sábado 21 de setembro, de 11:00 a 18:00 horas, nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns.
📝O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 20 de setembro, ás 14:00 horas.
🫐Máis adiante, organizarase un obradoiro similar para adultos.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/jwuWPI
A Oficina de Software Libre organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice
🖥️Será este sábado, 21 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas na Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames, no Milladoiro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/rtsyIX
110 persoas participaron na ruta rosaliana “As Pegadas de Rosalía”
🌹Durante o percorrido visitáronse os lugares pertencentes a Ames, Brión, Dodro e Padrón que marcaron a vida e a obra da nosa autora máis universal.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/aSLuU5
Este venres comezan as actividades da Semana Europea da Mobilidade
🚴🏽♀️As dinámicas terán lugar os días 20, 21 e 22 de setembro.
📝As persoas interesadas en anotarse aínda poden facelo escribindo ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/OX4tUV
Comeza unha nova edición do programa de actividades acuáticas para persoas maiores “Sanauga”
📝O prazo de preinscrición estará aberto ata o 20 de setembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
🏊🏽♀️Ofértanse 90 prazas, repartidas en 6 grupos.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/HfzWbJ
Apróbase a licitación das obras de pavimentación de viarios no núcleo de Seares de Abaixo
📄Foi aprobada por 138.237,44 euros.
🛣️O proxecto enmárcase no plan de arranxo dos interiores de núcleos do rural.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/X3dgGP
Máis de 4.000 persoas participaron nas xornadas de “Volta ao cole co comercio”
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/AJ3M5i
O Concello inviste máis de 80.000 euros no mantemento dos centros de ensino de Ames
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/r88XkE
As bibliotecas de Ames presentan a súa programación para o público infantil do último trimestre
💥Comezará o 27 de setembro co obradoiro de cómic impartido por Santy Gutiérrez na Casa da Cultura do Milladoiro.
📖Inclúe obradoiros e sesións de narrativa oral.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/zq2uCD
O departamento de Xuventude organiza un curso A1.2 de lingua de signos para o último trimestre do ano
📍A formación impartirase nos meses de outubro e novembro na Casa da Cultura do Milladoiro.
📚É imprescindible ter superada e acreditada a formación en LSE nivel A1.1.
📝A inscrición estará aberta do 17 ao 22 de setembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/6dcGcM
O Pleno aproba por unanimidade unha moción para que se atendan as necesidades do centro de saúde de Bertamiráns
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/7hNQab
A Casa do Cruceiro acolleu a presentación dunha nova edición de ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’
🗓️Desenvolverase dende o 13 de setembro ata o 15 de decembro de 2024.
🍴Este ano participan 77 establecementos.
🍷Ofrécense desde menús especiais, ata paquetes con estadías e nalgunhas das casas e tamén haberá actividades como paseos a cabalo, descenso en canoa ou sendeirismo.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/aIif3f
Aberto o prazo de inscrición para a actividade “Música na pel” do programa Apego
📍Terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 20 de setembro, ás 18:00 horas .
📝A inscrición está aberta ata o 19 de setembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/BoQhEQ
Comeza un novo curso en Ames con 4.038 alumnos/as
📚2.357 alumnos/as están matriculados en escolas e colexios públicos de infantil e primaria, mentres que 1.358 rapaces e rapazas están matriculados en secundaria.
🛠️Durante o verán executáronse traballos de mantemento e reparación nos centros escolares por máis de 80.000 euros.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/kxBCIM
A mocidade amesá gozará do Galipark de Padrón no Trouleando de setembro
🗓️Será o sábado 28 de setembro.
🚌Ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.
👥Hai 53 prazas dispoñibles.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/y1XnJz
