Concello de Ames
Открыть в Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Больше761
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
+730 дней
Архив постов
DÍA DE ROSALÍA
Onte presentouse o mural “Rosalías”, na casa de Barbazán, unha creación do artista Yoseba Muruzabal que reflicte a contemporaneidade da obra e do pensamento da poeta da Maía.
No acto, alumnos e alumnas dos dous institutos de Ames leron o Manifesto escrito pola vicepresidenta da AELG e veciña de Ames, Anna Figueirido.
+INFO: bit.ly/3qUFxxW
GAÑADORES CONCURSO ESCAPARATES
Os establecementos premiados foron Kierete Peluquería, Farmalar, Pico Pao Brunch & Cofee, Núa Moda e Peluquería Blanco e Negro. Nesta edición do concurso de escaparates participaron un total de 30 comercios, 15 no Milladoiro e 15 de Bertamiráns.
Tamén se levou a cabo o sorteo de 9 talóns bancarios, por valor de 100 euros, para realizar compras nos establecementos comerciais de Ames.
+INFO: bit.ly/3dJHvxp
AUTOCINE
Volve o autocine con motivo do 8M coa proxección do filme María Solinha. Esta película proxectarase o venres, 5 de marzo, ás 19.30 horas, na explanada do Supercor, na rúa Agro do Medio, no Milladoiro.
Para asistir a dita sesión de Autocine, que gratuíta, é necesario reservar entrada.
+INFO: bit.ly/2ZLMvJA
ITV CICLOMOTORES
A unidade móbil de inspección técnica pasará revisión de ciclomotores o luns 1 de marzo, de 9:00 a 13:30 horas, na explanada do polideportivo de Bertamiráns.
Aquelas persoas que desexen concertar cita poderano facer na páxina web sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.
+INFO: bit.ly/3kl0lfs
Acto conmemorativo do Día de Rosalía de Castro 2021 – 3
Anna R. Figueirido, vicepresidenta da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e veciña de Ames, foi a encargada este ano de escribir o manifesto rosaliano que leron varios alumnos e alumnas do IES de Ames e do IES do Milladoiro.
https://youtu.be/ZsBGrilUgvA
Acto conmemorativo do Día de Rosalía de Castro 2021 – 2
No transcurso do acto varios alumnos/as do IES de Ames e do IES do Milladoiro leron o manifesto rosaliano que nesta ocasión escribiu a vicepresidenta da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega e veciña de Ames, Anna R. Figueirido.
https://youtu.be/SQFF_KaU81A
Acto conmemorativo do Día de Rosalía de Castro 2021 – 1
A concelleira de Normalización Lingüística e Mocidade, Escarlata Pampín, foi a encargada de facer a presentación do acto conmemorativo do Día de Rosalía de Castro de 2021. O Concello de Ames conmemorou o aniversario de Rosalía cun mural de Yoseba Muruzabal, que vincula a autora coa mocidade actual e co pensamento feminista.
https://youtu.be/SkE_ZH7HFAw
COVID-19
O Concello de Ames informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 24 de febreiro de 2021, é de 43 casos activos.
O número de casos nas últimas 24 horas subiu en 4, pasando de 39 a 43. O número de casos en Ames continúa estable, pero aínda así lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor.
+INFO: bit.ly/3ssEgyf
ACTO DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, ás 18.00 horas, Ames celebra o aniversario da poeta da Maía coa presentación de “Rosalías”, un mural de Yoseba MP na Casa de Barbazán.
Alumnos/as do IES de Ames e do IES do Milladoiro leran o manifesto rosaliano.
+INFO: bit.ly/2ZNH7FK
PLENO EXTRAORDINARIO
Este mércores, 24 de febreiro, celébrase un pleno extraordinario e urxente para aprobar a Conta Xeral de 2019 despois de que fose ditaminada favorablemente o pasado 15 de xaneiro pola Comisión Informativa Permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas.
+INFO: bit.ly/3qV37dS
DÍA DE ROSALÍA
O IES do Milladoiro celebra o aniversario de Rosalía cun vídeo que amosa a riqueza da diversidade cultural do centro.
+INFO: bit.ly/3pJ41J6
BLANCA MILLÁN
O Concello de Ames convida á veciñanza a votar pola amesá Blanca Millán, xogadora de baloncesto da NCAA, que está nominada aos Senior Class Award. A votación é gratuíta e pódese facer o número de veces que se desexe.
+INFO: bit.ly/3aQa9el
#ImpulsaAmes
🚶 A #EDUSI de Ames creará sendeiros que xerarán novas vías de conectividade peonil e ciclable entre os núcleos menos densos do municipio, que se achan en torno ao trazado dos camiños, e os dous núcleos principais.
➡️ https://ames2020.gal/
#FEDER #Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa
DÍA DE ROSALÍA
Preto de 1.300 nenos e nenas da Rede municipal de comedores escolares xantarán o Caldo de Gloria de Rosalía de Castro grazas á iniciativa da Concellaría de Turismo en colaboración coa Concellaría de Educación.
+INFO: bit.ly/37I7ZLI
COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 23 de febreiro de 2021, é de 39 casos activos.
+INFO: bit.ly/37nn5WO
ENTROIDO JUASAPEIRO
A asociación de veciños e veciñas O Reguiño, de Raíces e Casanova, puxo en marcha "Entroido Juasapeiro", un concurso de disfraces.
Os/as participantes, con disfraces reciclados, tiveron que enviar as súas fotos a través de Whatsapp.
+INFO: bit.ly/37HE6v7
DÍA DE ROSALÍA
Ames conmemora o aniversario de Rosalía cun mural de Yoseba Muruzabal que vincula a autora co pensamento feminista.
A presentación do mural, que se situará na Casa de Barbazán, terá lugar o día 24 de febreiro ás 18:00 horas.
+INFO: bit.ly/3bvJe6K
