ru
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Открыть в Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Больше
761
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
+730 дней
Архив постов
ECONOMÍA: Este venres, 30 de abril, remata o prazo para solicitar o fraccionamento sen xuros dos recibos dos impostos municipais xestionados pola Deputación. +INFO: bit.ly/3xq0O6d

CULTURA: O espectáculo de danza “Pink Unicorns”, da compañía La Macana, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro este venres, 30 de abril, ás 20.30 horas. Dirixido a un público adulto, mostra as marabillas da relación entre pai e fillo e da pericia de cada un. +INFO: bit.ly/3xugEwP

EDUCACIÓN: A Concellaría de Educación destina 65.000 euros á reparación e mantemento de patios escolares. +INFO: bit.ly/32PyEUg

TROULEANDO: A Concellaría de Mocidade organizou o pasado sábado, 24 de abril, un descenso de rafting polo tramo do río Ula que se atopa entre Carcacía e Herbón. +INFO: bit.ly/3xrRMpt

MEDIO AMBIENTE: Os responsables de terreos forestais teñen a obriga de manter limpas as parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos. +INFO: bit.ly/3nmhW8d

Cartel da Escola de Verán 2021.jpg1.51 MB

ESCOLA DE VERÁN: O prazo de inscrición para a Escola de Verán estará aberto ata o 10 de maio. A presentación de solicitudes poderá realizarse de xeito telemático a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e do Milladoiro, baixo cita previa. +INFO: bit.ly/3aFilNW

AMES-TEO O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse co rexedor do Concello de Teo, Rafael Sisto, co que abordou diferentes asuntos que lle afectan a ambos municipios. Ambos rexedores coincidiron na importancia de buscar unha solución ao parque comarcal de bombeiros. Tamén falaron da posible colaboración en proxectos relacionados co ciclo integral da auga, sobre o proxecto de humanización da N-550, ao seu paso polo Milladoiro e Reborido, e sobre o proxecto que está elaborando o Concello de Ames para mellorar a seguridade peonil no lugar da Agrela. +INFO: bit.ly/3v98gR6

AMES-BRIÓN O alcalde de Ames, Blas García, e o rexedor de Brión, Pablo Lago, mantiveron onte unha xuntanza de traballo na que abordaron diferentes asuntos de interese para os veciños e veciñas de ambos municipios. Entre os proxectos debatidos inclúese a creación dun punto limpo conxunto, a posta en marcha de proxectos turísticos vinculados ao río Tambre, buscar unha solución ao parque comarcal de bombeiros e continuar colaborando nos obradoiros de emprego e na xestión do abastecemento de augas. +INFO: bit.ly/3tNOYR0

OBRADOIRO DE EMPREGO Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, acompañados do Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Ames, Juan Carlos Carreja, visitaron ao alumnado do obradoiro de emprego ForestAmes-Brión, que están acondicionando o invernadoiro e contorna do viveiro de Barouta. Ademais, visitaron varias fincas municipais en Pedra Dourada e no Bosque Animado, onde dito alumnado realizou traballos de limpeza de camiños forestais e repoboación con árbores autóctonas. +INFO: bit.ly/3aw9k9N

IGUALDADE: O martes 27 de abril impártese unha masterclass de empoderamento sexual na Casa da Cultura do Milladoiro. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do enderezo electrónico infoigualdade@gmail.com ou do whatsapp 682 660 580. O aforo é limitado. Poderase seguir vía streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames. +INFO: bit.ly/3tLjew2

CONMEMORACIÓNS: O 24 de abril celébrase o Día Mundial contra a Meninxite. A Concellaría de Benestar e Promoción da Saúde colabora coa Asociación Española contra a meninxite, AEM, tinxindo de verde a Casa do Concello o día 24 de abril. +INFO: bit.ly/3niIqrd

CERTAME LITERARIO: A profesora e escritora María López Sández, o profesor e crítico literario Armando Requeixo, e o profesor e autor, Paulo Calvo, veciños e veciña de Ames, serán os encargados de xulgar os 155 traballos que se presentaron á XVIII edición do Certame Literario. Os gañadores e gañadoras daranse a coñecer o 18 de maio a través da web municipal. +INFO: bit.ly/3gwVzvE

cartel_abril_mes_do_libro_0.jpg1.32 MB

sonando_inventei.jpg9.77 KB

dia_do_libro.jpg3.38 KB

DÍA DO LIBRO: Ames celebra este venres, 23 de abril, o Día do Libro no Pazo da Peregrina Comezarase ás 17.00 horas con contacontos infantís, continuarase con obradoiros e rematarase coa entrega de premios do concurso de debuxo organizado polas bibliotecas municipais. Ademais, ás 19.00 horas, celebrarase unha actuación musical infantil, “Soñando inventei”. +INFO: bit.ly/3va7ROr

Buguina_ Apego.jpg3.40 KB

APEGO: Abre o prazo para anotarse en “Canta, Buguina, canta!”, o próximo venres, 30 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 18.00 horas. +INFO: bit.ly/32yzmFg

PLENO: O Pleno aproba de xeito definitivo o Orzamento municipal de 2021. +INFO: bit.ly/3n5arlW