Concello de Ames
Открыть в Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Больше761
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
+730 дней
Архив постов
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa nos que se reflicte a actividade e os aspectos diferenciadores das empresas premiadas no certame.
Código Cero foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2020.
PREMIO LINGUA E EMPRESA
O Concello de Ames publica os vídeos das empresas gañadoras do Premio Lingua e Empresa na súa canle de Youtube. Os vídeos tamén se poderán visualizar na web municipal e nas redes sociais do Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/3pf1ZBa
PUNTO LIMPO
O Punto Limpo superou as 700 entradas durante o pasado mes de decembro.
Durante o pasado mes achegáronse 4.120 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 24 unidades de pneumáticos e 164 quilogramos de pinturas
+INFO: bit.ly/3o2janW
TRANSPORTE METROPOLITANO
A páxina web municipal informa sobre as liñas de transporte metropolitano que ofrece MONBUS no concello de Ames.
+INFO: http://bit.ly/3iEnhpk
Bo día. Actualizada a listaxe de establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar. #AxudandoaSeguir
#HostalaríadeAmes
+INFO: bit.ly/38QyJL8
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello reactiva a campaña “É hora de sumar” para axudar ás persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade que vivan soas.
O servizo de transporte adaptado municipal segue a funcionar de luns a venres.
+INFO: bit.ly/2M6dfku
ECONOMÍA
Informada e ditaminada favorablemente a Conta Xeral do 2019 do Concello de Ames.
+INFO: http://bit.ly/3o2pYSE
PROGRAMA APEGO
Inscríbete e participa no concerto obradoiro Canta Música con Apego de Pablo Díaz e Olga Kirk do vindeiro xoves 28 de xaneiro. A actividade busca promover o gusto pola música nas crianzas a través do divertimento, xogos e cancións.
+INFO: http://bit.ly/3iEJ8Nd
DATOS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 21 de xaneiro de 2021, é de 163 casos activos.
+INFO: http://bit.ly/3bYv285
#ImpulsaAmes
Alberto Reques del Río e Diego Penche Pérez son os arquitectos gañadores do concurso de ideas para a redacción do proxecto de construción do centro multidisciplinar do Milladoiro. O edificio que se construirá estará dedicado a un centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica. Estará dirixido á mocidade e a persoas en proceso de inserción socio-laboral.
+INFO: bit.ly/3sI1phi
TRANSPORTE METROPOLITANO
O Goberno municipal de Ames reunise por segunda vez coas asociacións de veciños de Ortoño, Bugallido e Biduído, afectados pola retirada do servizo de autobús urbano de Santiago a Ortoño.
Na xuntanza, o alcalde expuxo os temas falados nas xuntanzas que se mantiveron nos últimos días coa Dirección Xeral de Mobilidade, da Xunta de Galicia, e co Concello de Santiago.
Acordouse presentar unha moción no vindeiro pleno municipal instando á Xunta de Galicia a asumir a súa competencia e restablecer de forma inmediata a liña de transporte de Santiago a Ortoño.
+INFO: bit.ly/3nZIhaX
COMERCIO
O Concello repartirá fliyers estre os establecementos de Ames sobre a campaña merc@ames.
A iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer os beneficios da campaña e o xeito e as condicións para adherirse a esta acción coa que se pretende valorizar e incentivar as compras en Ames. Até o día 31 de xaneiro está aberto o prazo para que se inscriban os negocios que o desexen.
+INFO: bit.ly/3sBORYR
NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS
👉Consulta a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames que entran en vigor este xoves 21 de xaneiro: bit.ly/3o0C7aw
👉Establécense novas restricións para a práctica de deporte federado e non federado.
👉No caso de Ames, as veciñas e veciños que practiquen algún deporte federado, de xeito individual ou en grupos de ata 4 persoas, tan só se poderán desenvolver os adestramentos dentro do termo municipal, que se encontra pechado perimetralmente, e cumprindo en todo caso o toque de queda.
👉Seguen vixentes as restricións que entraron en vigor o pasado 15 de xaneiro.
+INFO: bit.ly/39UT8y6
AXUDAS DESEMPREGO
Ata o vindeiro 25 de xaneiro poden solicitar o subsidio especial por desemprego aquelas persoas que agotasen a súa presentación entre o 14 de marzo e o 30 de xuño de 2020.
Este subsidio terá unha duración de 3 meses e a súa contía será igual ao 80% do IPREM vixente. O pago realizarase polo Servizo Público de Emprego Estatal SEPE a partir do mes seguinte ao da solicitude.
A solicitude deberase facer na páxina web do SEPE.
+INFO: bit.ly/2KBDZZS
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Hoxe, ás 12.30 horas, darase a coñecer o/a gañador/a do concurso de ideas para a redacción do proxecto de construción do centro multidisciplinar do Milladoiro.
👉Segue de xeito telemático o acto público no se coñecerá o nome do/a gañador/a do concurso de ideas: https://meet.google.com/mqr-kbni-cjv
#Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI
