Concello de Ames
Открыть в Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Больше761
Подписчики
Нет данных24 часа
-17 дней
+730 дней
Архив постов
ADÍASE A CARREIRA SOLIDARIA
A 5ª carreira solidaria “Móvome pola paz” que se ía realizar este venres, 29 de xaneiro, no CEIP de Barouta adíase por mor das previsións metereoloxicas que anuncian chuvias para esa xornada.
WEB MUNICIPAL
A actualización e a utilidade dos contidos publicados foron os aspectos máis valorados na enquisa sobre a páxina web municipal. 199 e 192 puntos cada un, sendo 275 a puntuación máxima que se podería acadar.
O 60% dos enquisados consideran a páxina web do Concello a fonte máis veraz.
+INFO: bit.ly/3afekin
PLENO TELEMÁTICO
O Pleno deste xoves, 28 de xaneiro, ás 20.30 horas, farase de forma telemática e poderase seguir vía streaming. Para elo hai que premer no banner que estará colocado na cabeceira da páxina de inicio da web municipal.
+INFO: bit.ly/3aaAfr1
Prema nesta ligazón para ver o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=jFBfU6XL8Bs
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa.
Allegro foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2019.
Bo día. O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, volve poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao sector hostalaría de Ames, que consiste na elaboración dunha listaxe na que aparecen todos os establecementos hostaleiros que ofrecen durante este período servizo de recollida no local ou reparto a domicilio.
As cafeterías, bares e restaurantes que desexen aparecer nesta listaxe poden enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal.
#AxudandoaSeguir
#HostalaríadeAmes
+INFO: bit.ly/38QyJL8
PUNTO DE INFORMACIÓN DEMANDA DE EMPREGO
O punto de información da demanda de emprego da Casa do Concello está inoperativo temporalmente debido a unha avería. O que está sitúado na Casa da Cultura do Milladoiro segue dispoñible.
MOBILIDADE
Xa están operativas as columnas de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas xa están instaladas nos aparcadoiros da Casa da Cultura do Milladoiro e da Telleira en Bertamiráns.
+INFO: bit.ly/2NGSZXu
#ImpulsaAmes
📅 Este martes, 26 de xaneiro, celebrouse o día Mundial da Educación Ambiental co obxectivo de que as persoas tomen conciencia dos problemas ambientais.
🌱 Un dos obxectivos temáticos de Impulsa Ames é a protección do medio ambiente!
➡️ https://ames2020.gal/
#EDUSI #Ames2020 #FEDER #UnhaManeiraDeFacerEuropa
‼ PÉCHANSE AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS Por mor das novas restricións que entraron en vigor esta medianoite, as bibliotecas municipais permanecerán pechadas ata o 16 de febreiro incluído. Os préstamos quedarán renovados de maneira automática ata esa data. Para información e consultas os usuarios pódense poñer en contacto a través do correo biblioteca@concellodeames.gal.
CARREIRA SOLIDARIA
Barouta celebra a súa 5ª Carreira Solidaria, “Móvome pola paz”, baixo estritas medidas de seguridade. Desenvolverase o venres, 29 de xaneiro, véspera da celebración do Día Mundial da Paz.
+INFO: http://bit.ly/2KRaVxq
SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE PRESENCIAL DA EMMA
Debido ás novas restricións recollidas na ORDE do 26 de xaneiro de 2021, suspéndese a actividade lectiva presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida, na Escola Municipal de Música de Ames.
Nestes días, desde a escola poñeranse en contacto co alumnado a través da aplicación Tokapp para dar as indicacións a seguir e poder iniciar as clases a distancia.
PREMIO LINGUA E EMPRESA
Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa.
Cenlitros foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2019. Vista o vídeo neste enlace. https://www.youtube.com/watch?v=DJ_-inKtaUE
