fa
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
LISTAXE ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS Publícanse as listaxes actualizadas, a 2 de febreiro, dos establecementos hostaleiros de Ames con servizo de recollida en local ou para levar. +INFO: bit.ly/2Mt11mz

URBANISMO Ames prepara unha ordenanza para regular e concienciar á cidadanía sobre o cumprimento do deber de limpeza de parcelas tanto no solo urbano como no rural. +INFO: bit.ly/3rc4iW8

#ImpulsaAmes 📢 Como mellorarías a eficiencia enerxética do municipio? Fainos chegar as túas propostas e solucións a través do formulario web do canal de participación. A túa opinión é fundamental! ➡️ https://ames2020.gal/canal-de-participacion/?lang=es #Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI

PREMIO LINGUA E EMPRESA Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa. Biosbardos foi unha das dúas empresas galardoadas na edición de 2018. Prema nesta ligazón para ver o vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=wuIXZpBOA3Q

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 1 de febreiro de 2021, é de 215 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285

CEIP VENTÍN O alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Ventín crea unha canción, "Xuntos", e grava un vídeo para celebrar o día da Paz. O vídeo está publicado no blog do CEIP: "A Xanela de Ventín" e na canle de Facebook de Ames Radio. +INFO: bit.ly/3teDE0q

unidade mobil doazon milladoiro.jpg3.66 KB

💉 UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 2 de febreiro, e o mércores, 3 de febreiro, no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será de mañá, de 09.30 a 14.30 horas, e de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828. +INFO: bit.ly/3j3R2zU

MOBILIDADE A Corporación municipal, xunto coas asociacións veciñais, instan á Xunta a asumir a súa competencia e dar servizo de transporte metropolitano ás parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído, de maneira inmediata. +INFO: bit.ly/3raH6r4

Bo día. 👉 N-550 Inícianse os estudos do proxecto de humanización da N-550 na avenida de Rosalía de Castro, no núcleo urbano do Milladoiro. Ditos traballos foron contratados á empresa INOR (Ingeniería del Noroeste) de Santiago de Compostela. Esta empresa foi a que presentou a mellor oferta económica entre as tres propostas solicitadas pola Concellaría de Urbanismo no pasado mes de decembro. +INFO: bit.ly/2Yx56Zj

PLENO MUNICIPAL O Pleno aproba por unanimidade un crédito extraordinario por valor de 116.509 euros para sufragar parte das axudas incluídas no PEL Reactiva Ames. Tamén se aprobouse por unanimidade o Plan de continuidade da prevención de incendios forestais coa plantación de frondosas caducifolias nas faixas de xestión de biomasa e o expediente de investigación patrimonial dun camiño no lugar de Castrigo. Por maioría absoluta saíron adiante unha proposta presentada polo grupo municipal popular en apoio da autonomía financeira de Galicia e outra proposta do grupo municipal socialista para a creación dun fondo extraordinario nos orzamentos da Xunta destinados á loita contra a pandemia da Covid. +INFO:bit.ly/2NQgjCl

ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS 63 familias de Ames dispoñen de gratuidade para segundos fillos/as nas Escolas Infantís Municipais de Ames. Destas cuestións falouse onte na reunión telemática da Comisión de seguimento do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar á que asistiron o concelleiro de Educación, David Santomil, a concelleira de Facenda, Gemma Otero e a técnica do departamento de Educación, Rosa García. +INFO: bit.ly/3j01JDO

EMPREGO Debido á corrección da titulación esixida no proceso selectivo dun/dunha técnico/a de contratación vinculado a EDUSI Impulsa Ames, ampliase en 15 días hábiles o prazo de presentación de instancias, a contar dende a publicación da presente corrección de erros no Boletín Oficial da Provincia. O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de febreiro (inclusive). +INFO: bit.ly/2MxNKca

#ImpulsaAmes 👏 Seguimos avanzando na cidade sostible! Nos vindeiros días procederase a adxudicación da contratación das obras do alumeado público no sendeiro que vai dende Bertamiráns ata o CEIP Agro do Muíño. +INFO: bit.ly/39vMQpD #Ames2020 #FEDER #UnhaManeiraDeFacerEuropa

cartel cursos ANPA A Madalena.jpg3.13 KB

ANPA A MADALENA A ANPA da Escola infantil da Madalena invita a participar no programa formativo “Escola de Familias”, que inclúe tres obradoiros sobre a disciplina positiva, a xestión de rabietas e a nutrición pediátrica. +INFO: bit.ly/36qqDr4

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 29 de xaneiro de 2021, é de 212 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285

CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO Arredor de 100 establecementos de Ames adheríronse xa á campaña de tarxetas bono Reactiva Ames. O prazo de inscrición na campaña para os establecementos comerciais amplíase ata o 14 de febreiro de 2021. A través desta iniciativa trátase de fomentar as compras no comercio local de Ames. A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación do primeiro período da campaña de tarxetas bono Reactiva Ames. Inicialmente estaba previsto que se desenvolvese do 5 de febreiro ata o 31 de marzo, pero debido ás novas restricións aprobadas esta mesma semana pola Xunta para frear o nivel de contaxios pola Covid, decidiuse modificar as datas da primeira fase de dita campaña. Así, desenvolverase do 19 de febreiro ata o 19 de abril. A segunda fase será do 1 de setembro ata o 31 de outubro. Durante as dúas fases a clientela do comercio local poderá mercar dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€. +INFO: bit.ly/36l50bq

cartel.jpg1.43 MB

LISTAXE ADMITIDOS ENTROIDO LÚDICO As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Entroido Lúdico 2021 están publicadas na web municipal. +INFO: bit.ly/3pqCRra