fa
Feedback

فریب کلاهبرداران را نخورید! تل‌متریو این کانال‌ها را شناسایی و برچسب‌گذاری می‌کند 👉 برای مشاهده برچسب، اشتراک تهیه کنید 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
TEATRO INFANTIL O martes, 22 de decembro, a rapazada de Ames poderá acudir ao espectáculo “The Show Moscón”, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18.00 horas. Este espectáculo de teatro, que chega da man da compañía Galitoon, é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón. Un marabilloso circo ambulante representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os diferentes números que hai no seu interior. +INFO: bit.ly/3rilVUU

TRANSPORTE METROPOLITANO Este mércores, 23 de decembro, entran en funcionamento as novas liñas incluídas no novo proxecto do transporte metropolitano. +INFO: bit.ly/3h8bUVN

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE O Concello de Ames organiza hoxe ás 19.00 horas un webinar informativo sobre a plataforma web Cronos. Trátase dunha aplicación informática para facer a reserva de pistas deportivas (tenis e pádel), así como para a tramitación das inscricións nas Escolas deportivas e culturais. Participa a través desta canle: youtube.com/watch?v=8YMJVGrNfYE

AUTOCINE NADAL Abre o prazo para reservar entrada nas seis sesións do programa Autocine dos días 26 e 27 de decembro no Milladoiro. A entrada é gratuíta, pero no momento da reserva, haberá que axuntarun tícket de compra (en formato jpg ou pdf) dalgún establecemento de Ames, por un importe mínimo de 10,00 euros. +INFO: bit.ly/3p9MjyB

OBRADOIROS DE NADAL Quedan prazas para o obradoiro infantil de linguaxe de signos e outros 5 dirixidos a persoas adultas. A inscrición pódese facer cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo a promocioneconomica@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/3nmD6Cx

SERVIZO DE CONCILIACIÓN Este sábado, 19 de decembro, volve ofrecerse o servizo de conciliación, nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns, para facilitar as compras de Nadal no comercio local. O servizo continuará ofrecéndose a próxima semana os días 21, 22, 23, 24 e 26 de decembro. +INFO: bit.ly/3nygEpU

CAMIÑO DE SANTIAGO O Camiño pola Ría de Muros-Noia, que pasa polo concello de Ames, pasa a formar parte da Ruta Xacobea Oficial. O trazado percorre os concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela. +INFO: bit.ly/2J2aShx

COMPLEXO DEPORTIVO DO MILLADOIRO Iníciase a elaboración dun estudo de viabilidade e maila redacción do anteproxecto do complexo deportivo con piscina climatizada e outros servizos complementarios para O Milladoiro. Dende o Goberno municipal afirman que no 2021 quedará definido o proxecto de cara a estudar a fórmula de financiamento. O complexo deportivo estaría situado na parcela da rúa Agro do Medio, que está contigua ao novo centro de saúde do Milladoiro, e que é de propiedade municipal. +INFO: bit.ly/2KGA7pO

PROGRAMACIÓN DE NADAL A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá o programa Hoy por Hoy Santiago, da Cadena Ser, no que o alcalde e mailas concelleiras de Promoción Económica e Cultura falaron da programación de actividades “Un Nadal diferente”. 👉Consulta a programación “Un Nadal diferente”: bit.ly/38evhIE

NADAL LÚDICO O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Nadal Lúdico 2020. Este ano o programa Nadal Lúdico desenvolverase os días 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2020 e 4 ,5 e 7 de xaneiro de 2021. +INFO: Na sección de AVISOS da web municipal.

Sigamos cumprindo.jpg5.63 KB

medidas vixentes en Ames.jpg5.84 KB

MANTÉÑENSE AS MEDIDAS DE NIVEL BÁSICO O Concello de Ames lémbralle a veciñanza amesá que se manteñen vixentes as medidas de restrición de nivel básico, establecidas pola Xunta de Galicia o pasado 3 de decembro, e que entraron en vigor ás 00.00 do 4 de decembro. Ademais, é importante recordar que a veciñanza de Ames non se poderá desprazarse a aqueles concellos que teñen establecido o peche perimetral, como é o caso dos concellos veciños de Santiago de Compostela, Negreira, Santa Comba, Mazaricos entre outros, aos que só se poderá acudir con causa xustificada, que estea contemplada na normativa reguladora das restricións. Prégase seguir respectando todas as normas e non baixar a garda durante as festas de Nadal, polo ben da saúde de todas e todos. Consulta as medidas que seguen vixente: bit.ly/37sUNe3 +INFO: bit.ly/3r8ZjWK

IMPULSA AMES Xa podes consultar o vídeo explicativo da aplicación informática CRONOS, que permitirá controlar os accesos, reservar cursos ou pagar as actividades nas instalacións deportivas e culturais! 👉http://youtu.be/vEIhUcADl3Q

XUNTANZA CO ALCALDE DE BRIÓN Este encontrou serviu para abordar diferentes temas de interese para ambos municipios. Deste xeito, falaron do servizo de transporte metropolitano, das obras que se van executar na estrada AC-543, ao seu paso pola avenida da Maía, e que se lle pretende dar continuidade dentro do termo municipal de Brión, do servizo que presta a ambos concellos a potabilizadora situada en Lens, do parque comarcal de bombeiros, e do peche da oficina da entidade bancaria Santander. +INFO: bit.ly/3oYUJIW

DATOS OFICIAIS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 17 de decembro de 2020, é de 30 casos activos. +INFO: bit.ly/34lJNNs

O APALPADOR O Apalpador agasallou aos nenos e nenas de Ames con contos, cantos e árbores do Courel para que logo as plantaran. A figura galega do Nadal, interpretada por Anxo Moure,estivo a semana pasada no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ata onde se achegaron máis de 500 persoas repartidas en seis sesións. +INFO: bit.ly/3gYAxUA

SUSPÉNDENSE OS CANTOS DE NADAL CON APEGO Por motivos alleos ao Concello de Ames, cancélase a actividade "Cantos de Nadal con Apego", prevista para o vindeiro luns, 28 de decembro, na Casa da Cultura do Milladoiro.

VIVE O NADAL NAS LIBRERÍAS DE AMES Aberto o prazo de participación no sorteo de“Vive o Nadal nas librerías de Ames”. Trátase dunha campaña pensada como actividade de animación á lectura e de impulso do comercio nas librarías do concello de Ames. Ata o 5 de xaneiro cada persoa que faga algunha compra nalgunha destas librarías pode gañar un vale de 25 euros para canxear ata o 16 de xaneiro na librería que realizou a compra. En total, repartiranse 800 euros divididos en 32 premios de 25 euros cada un. As librarías participantes son Lenda, Máinomen e Huargo Artis, situadas en Bertamiráns, e maila papelería O Tinteiro, do Milladoiro. +INFO: bit.ly/37Txeds

PUNTO LIMPO O Punto Limpo rexistrou 685 entradas durante o mes de novembro. Durante o pasado mes destaca a achega de 240 quilogramos de pneumáticos fora de uso (30 unidades), 20 quilogramos de pilas (arredor de 700 unidades aproximadamente) e 145 quilogramos de pintura. +INFO: bit.ly/37rUAb7