Concello de Ames
رفتن به کانال در Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
نمایش بیشتر761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
O Concello de Ames presenta a “VI Semana Europea da Mobilidade”
📍Desenvolverase do 20 ao 22 de setembro.
🚴🏽♀️O programa inclúe unha andaina, xogos, música e unha marcha ciclista nocturna.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/NcyAGl
Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá!
🗓️Os proxectos poden presentarse ata o 30 de setembro.
📻A radio municipal pon a disposición da veciñanza o seu espazo físico, o equipamento e o persoal técnico necesario para a gravación dos programas.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/wYBJ4S
Aldea Nova acollerá o I Cros Concello de Ames – Campionato da Xunta de Galicia de campo a través absoluto por remudas mixto
📍Será o 12 de outubro, a carón das pistas de tenis.
🏍️Haberá 9 categorías.
📝O prazo para inscribirse remata o 9 de outubro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/P9HJwQ
O Pleno debaterá a adhesión á central de contratación da FEGAMP para os servizos postais e telegráficos
🏫O Pleno do mes de agosto será este mércores, 11 de setembro.
⏯️Emitirase en directo a través de YouTube.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/H782DF
A Policía Nacional estará o 31 de outubro en Bertamiráns para a expedición ou renovación do DNI
📍Será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, de 9:00 a 12:30 horas.
🎟️Hai 75 citas dispoñibles.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/yfoZs5
Xa está aberto o prazo de preinscrición nas Escolas deportivas 2024-2025!
📝O prazo de preinscrición estará aberto ata o día 15 de setembro.
📱A xestión realizarase telematicamente a través da páxina web de Cronos.
⛹🏽♀️As actividades comezarán o vindeiro 1 de outubro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/ZM1dCI
A Escola Municipal de Teatro organiza un curso de técnicas teatrais para falar en público
📍Será na Casa da Cultura do Milladoiro os días 26 e 27 de setembro en horario de 19:00 a 22:00 horas, e o día 28, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
🗓️As inscricións están abertas ata o 18 de setembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/49Vkr
O centro deportivo A Telleira lanza a campaña "En setembro... Ponte On"
💪🏼Durante o mes de setembro, os interesados poderán gozar dunha proba gratuíta de 3 días.
📝As persoas que se inscriban como socios neste período gozarán de matrícula gratuíta.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/Okll25
O espazo colaborativo A Proa acollerá dúas actividades da “Rede Coworking Fest 2024”
🗓️Haberá un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/f0Gnl7
A aula CeMIT de Ames impartirá seis cursos de formación no último cuadrimestre do ano
📚A oferta inclúe tres cursos para adultos e outros tres para menores de idade.
📝Tamén haberá cursos para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais (COMDIX).
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/ReblI3
Aberto o prazo de inscrición para o concerto “A danza do verán”, incluído no programa Apego
📍Será na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 13 de setembro, ás 18:00 horas.
📝O prazo está aberto ata o 12 de setembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/fKUPBl
140 nenos e nenas amesáns participan no Setembro Lúdico 2024
🏫O programa estase desenvolvendo no CEIP da Maía, EEI do Milladoiro e CEP de Ventín.
🌍As actividades centraranse en coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a través dunha viaxe por distintos países do mundo.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/PrdTms
Máis de 600 persoas participaron na primeira xornada de “Volta ao cole co comercio”
📍A segunda xornada, prevista para hoxe, adíase ao venres 13 de setembro.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/Jw4h6a
ℹ️ Aprázase a actividade de Brincadeiras Miúdas prevista para hoxe ás 18.00 horas na carballeira de Ventín por mor da previsión meteorolóxica
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/-fjBzf
O Concello adxudicou 7 millóns de euros en obras dende o inicio do mandato 2023-2027
🚧Adxudicáronse en obras un total de 6.987.790,70 euros.
📝Actualmente están en proceso de licitación seis proxectos por valor de 715.720,79 euros.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/9r9oIY
Ames acolle este sábado o partido entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela
🏟️Este partido amigable disputarase ás 19.00 horas no pavillón municipal de Bertamiráns.
⚽Será a primeira vez que coincidan ambos equipos na máxima categoría nacional de fútbol sala masculino.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/ZDkKtm
Esta semana celebraranse as xornadas “Volta ao cole co comercio”
📍Serán o mércores 4 no Milladoiro, e o venres 6, en Bertamiráns, entre as 17:00 e as 20:00 horas.
🎟️Haberá actividades e sorteos para a mocidade e para os cativos e cativas.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/6qWyTW
O programa Apego estrea o mes de setembro coas “Brincadeiras miúdas”
📍Serán o mércores 4 no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, e o xoves 5 na Carballeira de Ventín
👨👩👦👦O espectáculo está dirixido a público familiar.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/QzCJlK
O luns 9 abre o prazo de preinscrición nas actividades das Escolas deportivas 2024-2025
📝O prazo estará aberto ata o 15 de setembro.
📱A xestión realizarase telematicamente a través da páxina web de Cronos.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/aDN27C
O Concello presenta a programación Apego para o último cuadrimestre do ano
🪄Inclúe dende xogos, contos, obradoiros, espectáculos musicais e teatrais e foliadas ata maxia ou cinema.
🎼Comeza este mércores coas “Brincadeiras miúdas” de Cé Orquestra Pantasma e a cooperativa Miudiño.
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://acortar.link/OiGPUZ
