fa
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

رفتن به کانال در Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

نمایش بیشتر
761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
RECOLLIDA DE ALIMENTOS DO CEIP BAROUTA O CEIP de Barouta entregou unha gran cantidade de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para nenos e nenas á Oficina de Voluntariado de Ames, destinados ao Banco Municipal de Alimentos. +INFO: bit.ly/3bcuPMt

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - VÍDEO RESUMO 5 O Concello de Ames conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cun vídeo protagonizado por veciñas amesás que traballan neste eido. Neste vídeo resumo IV, alumnas dos colexios e institutos, xunto con profesionais da ciencia de empresas de Ames, explican a súa relación con esta materia. Podes ver o vídeo premendo nesta ligazón: https://youtu.be/M6YW4Gz4dBM

AMES SAUDABLE Máis de 1.100 persoas coidan a súa saúde física e emocional coas actividades en rede de Ames Saudable de ioga, ximnasia terapéutica ou baile en liña. Ademais, a veciñanza segue os menús que cada semana elabora a nutricionista municipal; fai prácticas de estimulación cognitiva; e consulta as seccións de consellos psicolóxicos e recomendacións hixiénico sanitarias a través das redes de Facebook, Youtube e Instagram do programa Ames Saudable. +INFO: bit.ly/2NEdtjK

COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 16 de febreiro de 2021, é de 58 casos activos. O pasado xoves, 11 de febreiro, o número de casos activos era de 113. O sábado 13 de febreiro baixou a 88 casos activos. Este luns 15 de febreiro situouse en 67 casos activos, mentres que este martes 16 de febreiro está en 58 casos. O número de casos en Ames continúa baixando, pero aínda así lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor. +INFO: bit.ly/37nn5WO

cartel restricions 17 de febreiro.Jpg7.42 KB

‼NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS 👉Consulta a actualización das restricións de nivel máximo no concello de Ames que entran en vigor este mércores 17 de febreiro: bit.ly/37i5UGa 🔒Ames continúa PECHADO de xeito individual (só se permiten desprazamentos xustificados). 🏠A restrición de mobilidade nocturna comeza ás 22.00h e remata ás 6.00h. 👨‍👩‍👧‍👦As xuntanzas só poden ser de persoas conviventes. 🍽A hostalaría estará pechada (só se permite a entrega a domicilio e recollida no local). 🛍No comercio o aforo é do 50%. O peche amplíase ata as 21.30h. 👕O mercado ambulante dos sábado en Bertamiráns continúa suspendido. 🚗En vehículos particulares só poden viaxar persoas conviventes, excepto en desprazamentos ao traballo. 🚴Pódese practicar deporte de forma individual ao aire libre e sempre con máscara. Os ximnasios permanecen PECHADOS. 📚As bibliotecas poderán abrir ao público (cun 30% do aforo). 🎭Poderanse realizar actividades culturais nos auditorios municipais (cun 30% do aforo). 🎹Poderanse impartir clases da EMMA de xeito presencial (excepto as materias de canto e de instrumentos de vento). ⛹️Os parque infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre mantéñense PECHADOS. +INFO: bit.ly/2N2iKBJ

#ImpulsaAmes Asínase o contrato para a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible. Servirá de guía para actuacións en materia de mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade. +INFO: bit.ly/3dlOAE2 #Ames2020 #FEDER #EDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - VÍDEO RESUMO 4 O Concello de Ames conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cun vídeo protagonizado por veciñas amesás que traballan neste eido. Neste vídeo resumo IV, alumnas dos colexios e institutos, xunto con profesionais da ciencia de empresas de Ames, explican a súa relación con esta materia. https://www.youtube.com/watch?v=Vwu6jpbBMBg

cartel primavera ludica.jpg2.32 MB

PRIMAVERA LÚDICA Este xoves 18 de febreiro pecha o prazo para inscribirse no programa Primavera Lúdica. O servizo desenvolverase desde o 29 de marzo até 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. O programa está dirixido ás familias empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. +INFO: bit.ly/3jQLt8u

COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 15 de febreiro de 2021, é de 67 casos activos. O pasado xoves, 11 de febreiro, o número de casos activos era de 113. O sábado 13 de febreiro baixou a 88 casos activos. Agora situase en 67 casos activos. O número de casos en Ames continúa baixando, pero aínda así lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor. +INFO: bit.ly/3rWfZ3n

FESTIVOS LOCAIS O Concello de Ames informa de que durante o exercicio 2021 os festivos locais no Concello de Ames son o xoves 13 de maio (festividade da Ascensión) e mailo xoves 24 de xuño (San Xoán). Polo tanto, este martes 16 de febreiro (martes de Entroido), que outros anos foi festivo local, este ano é día laboral. +INFO: bit.ly/3qzZp9a

ENTROIDO LÚDICO Este luns, 15 de febreiro, comezou unha nova edición do Entroido Lúdico con 78 participantes. Nesta edición o programa céntrase na musicoterapia e nos seus beneficios para os máis pequenos e pequenas. +INFO: http://bit.ly/3bauGsP

OBRAS Asínase o contrato do proxecto de construción dos novos vestiarios do campo de fútbol do Milladoiro adxudicado por un importe de 76.244,28 euros. Os novos vestiarios estarán situados baixo as gradas do campo de fútbol. Dita actuación enmárcase dentro do proxecto de construción de gradas e novos vestiarios para esta instalación deportiva. +INFO: bit.ly/3bbYPIi

axuda_emprendedores.jpg8.89 KB

SUBVENCIÓNS Últimos días para participar na liña de subvencións da Xunta para a creación ou ampliación de pequenas empresas galegas e para proxectos de Re-emprendemento. +INFO: bit.ly/3qnY6KC

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - VÍDEO RESUMO 3 O Concello de Ames conmemora o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cun vídeo protagonizado por veciñas amesás que traballan neste eido. Neste vídeo resumo III, alumnas dos colexios e institutos, xunto con profesionais da ciencia de empresas de Ames, explican a súa relación con esta materia. https://www.youtube.com/watch?v=j5YuiRECtG4

N-550 O desvío do tráfico pesado na avenida de Rosalía de Castro logra reducir nun 11% os niveis altos de ruído e a emisión de 41 toneladas de CO2 á atmosfera. Durante estes dous anos que leva vixente o desvío, eliminouse o paso de preto de 200.000 camións, unha media de 280 camións ao día. +INFO: bit.ly/3qqdrdB

COVID-19 Infórmase de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 13 de febreiro de 2021, é de 88 casos activos. Nas últimas 48 horas o número de casos activos descendeu en 25 persoas. +INFO:bit.ly/2NtxwRS

cartel.jpg1.43 MB