Concello de Ames
رفتن به کانال در Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
نمایش بیشتر761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
DOAZÓN DE SANGUE A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 21 de abril, no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O horario será de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828. +INFO:bit.ly/3xhyXFo
PLAN DE MOBILIDADE
O Concello de Ames está traballando na redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Unha das partes fundamentais para a elaboración do PMUS é a participación cidadá. Para iso vén de publicarse na web http://www.pmusames.gal/ unha enquisa sobre os hábitos de mobilidade da veciñanza de Ames.
+INFO: bit.ly/3soMabI
TRANSPORTE METROPOLITANO
O Concello de Ames mantén unha xuntanza coa Dirección Xeral de Mobilidade para tratar de que se volva a prestar o servizo de transporte metropolitano á veciñanza das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído.
+INFO: bit.ly/2RFz6SF
EMPODERAMENTO FEMININO
A concellaría de Igualdade programa dúas masterclass de empoderamento sexual
As masterclass de psicoloxía e sexualidade feminina terán lugar o 19 e o 27 de abril na Casa de Cultura de Bertamiráns. A actividade chega a Ames a través dunha subvención do “Pacto de estado” e co lema “Ames en Igualdade: empoderamento sexual feminino”. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do enderezo electrónico infoigualdade@gmail.com ou do whatsapp 682 660 580. O aforo é limitado.
+ INFO: bit.ly/2QxzKkl
AXUDAS
Últimos días para participar na convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (curso 2020-2021). O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro xoves 22 de abril de 2021. O prazo está aberto dende o pasado 24 de marzo. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 7.500 euros, sendo de 120 euros o importe máximo concedido por cada nena ou neno.
+INFO: bit.ly/3dnjwUf
DEPORTES
O club ciclista amesán Os Esfola Arrós competiu no Open de España XCM con Jorge Pérez, que participou na categoría de máster 30. Esta proba disputouse na cidade catalá de Cambrils o pasado domingo, 11 de abril. Jorge Pérez percorreu os 60 quilómetros dos que constaba a proba en 2 horas e 31 minutos, cunha media de 23.1 km/h. Completou unha gran proba rematando na décimo cuarta posición da categoría máster 30.
+INFO: bit.ly/3v1f6IF
MEDIDAS COVID-19
Consulta a actualización das medidas para facer fronte á Covid-19 que entran en vigor ás 00.00 horas deste venres 16 de abril. O máis relevante é o atraso do horario de toque de queda ás 23.00 horas, e as medidas de hostalería que afectan a posibilidade de que os restaurantes ofrezan servizo de cea. É moi importante seguir cumprindo as medidas de restrición para non dar pasos atrás.
+INFO: bit.ly/3dpDfTj
Retómanse as obras de acondicionamento de zonas verdes no Milladoiro que foron paralizadas por razóns meteorolóxicas. A renovación e reconfiguración dos espazos públicos destinados a zonas verdes de esparexemento do Milladoiro estará rematada a finais do mes de maio!
➡️ https://ames2020.gal/
OBRADOIRO DE ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO
O Pazo da Peregrina acolle dende onte e até o día 21 de maio o Obradoiro de Acollemento Lingüístico "En galego co teu acento" que, organizado pola Concellaría de Normalización en colaboración co Servizo de Atención a Migrantes, achega a nosa lingua e a nosa cultura á veciñanza procedente de outros lugares e países. A presentación do curso acudiron a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, a de Benestar Social, Luísa Feijóo, a técnica de Normalización, Rosa Moreiras, e Antía Rei, que se encargará de impartir as clases.
+INFO: bit.ly/2REGRbt
I FEIRA DA SAÚDE DE DO BEN-ESTAR
Aforo completo en obradoiros e actividades, cheo tamén nalgúns faladoiros e medias no resto do 70%, gran demanda de información e unha unha constante afluencia de público durante os dous días. A afluencia, a participación e o interese suscitado pola I Feira da Saúde e o Benestar que organizou a pasada fin de semana a Concellaría de Benestar e Promoción da Saúde no Pazo da Peregrina, avalía a intención de que o evento se repita en anos vindeiros. Cómpre salientar tamén os cinco novos doantes de órganos que no transcurso do evento conseguiu a asociación ALCER.
+INFO: bit.ly/32eDE4v
MES DO LIBRO
O Pazo da Peregrina acolle este venres, 16 de abril, ás 17.30 horas, a presentación do libro “O soño de Liam”, de David Navarro Brugal. A concelleira de Cultura acompañará ao autor na presentación desta obra que fala dos soños e do espírito de superación dun rapaz afeccionado ao baloncesto. O acto encádrase dentro da programación especial que co gallo do mes do libro están levando a cabo as bibliotecas municipais de Ames.
+INFO: bit.ly/2PXlm5m
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello de Ames informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 14 de abril de 2021, é de 31 casos activos. Lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor.
+INFO: bit.ly/3mJyc31
En marzo o paro baixou en Ames en 82 persoas, segundo as estadísticas do SEPE.
O Concello de Ames desenvolve programas de emprego e obradoiros duais para a inserción laboral das persoas participantes, compartidos con Concello de Brión
e financiados pola Consellería de Emprego e Igualdade.
+INFO: bit.ly/32h3vc1
Agora podes fraccionar os teus recibos, sen xuros:
-Plan individualizado: pagamento en 7 meses durante 2021 e en 10 mensualidades a partir de 2022 para impostos municipais xestionados pola Deputación da Coruña, como IBI, vehículos ou IAE.
-Plan pagamento voluntario: en dous prazos.
A solicitude ten que ser antes do día 30 de abril de 2021.
+INFo: bit.ly/3uQ6wfu
MES DO LIBRO | Segue a festa dos libros!
Todo listo para a presentación mañá, ás 20.00h, no Pazo da Peregrina da obra “Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Pardo Bazán”, de Marilar Aleixandre e María López Sandez, editado pola editorial Galaxi.a
+INFO: bit.ly/3spZnBf
PROGRAMA APEGO
Esgótanse as prazas para participar no obradoiro Cantar, Contar e xogar impartido por Bea Campos de Migallas Teatro.
+INFO: bit.ly/3dbDkd2
ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A Concellaría de Educación informa de que este xoves, 15 de abril, remata o prazo de preinscrición para o curso 2021-2022 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro). A documentación poderá descargarse preferentemente na páxina web www.conciliames.gal ou recollerse nas dependencias de cada unha das escolas.
+INFO: bit.ly/3e2r1Pt
PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS
A concellaría de Benestar continúa coa programación dos “Obradoiros de prevención de condutas aditivas” en diversos centros escolares.
+ INFO: bit.ly/3s9tU69
