Concello de Ames
رفتن به کانال در Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
نمایش بیشتر761
مشترکین
اطلاعاتی وجود ندارد24 ساعت
-17 روز
+730 روز
آرشیو پست ها
#EMMA: Quedan prazas libres para os obradoiros musicais que organiza a Escola Municipal de Música de Ames. +INFO: https://i.gal/lLe3a
#CICLOINTEGRALDAAUGA: O Concello avanza na posta en marcha da Empresa Pública da Auga de Ames. +INFO: https://i.gal/YVXXl
#DEPORTES: Ames acolle esta fin de semana a segunda proba do circuíto Transgalaica 2024. +INFO: https://i.gal/4coNb
#BIBLIOTECAS: Alfredo Conde presenta o seu último libro “A conto do político” dentro do programa Encontros Literarios. +INFO: https://i.gal/VfghH
#MINUTODESILENCIO: Este mediodía gardouse diante da Casa do Concello un minuto de silencio polo tráxico accidente na AC-543 no que faleceron dúas persoas este pasado domingo.
#EMPREGO: Ames, exemplo de integración laboral de persoas con diversidade funcional nunha xornada adicada ao fomento da contratación reservada. +INFO: https://i.gal/qiO1C
#8M: O Concello de Ames organiza tres charlas de autocoidado feminino ao longo do mes de marzo. +INFO: https://i.gal/b55xH
#DEPORTES: Dous atletas do club Ames Atletismo participaron nos dous Campionatos de España disputados a pasada fin de semana. +INFO: https://i.gal/k5QXj
#BIBLIOTECAS: As bibliotecas municipais organizan un obradoiro de creación de cómic para celebrar o Día do Cómic. +INFO: https://i.gal/JcrdM
#MINUTODESILENCIO: O Concello convoca un minuto de silencio mañá martes 5 polo tráxico accidente na AC-543 no que faleceron dúas persoas que residían en Laraño (Santiago).
📍 Diante da Casa do Concello (Bertamiráns)
⏰ Ás 12:00 horas
#POLICÍALOCAL: O Concello de Ames lamenta informar dun accidente de tráfico que se saldou con dúas persoas falecidas e outras dúas feridas de gravidade.
📢 Dous vehículos colidiron frontalmente esta tarde na AC-543, preto dunha gasolineira á altura de Aldea Nova.
ℹ️ No lugar do suceso, os servizos de emerxencia confirmaron o falecemento dos dous ocupantes dun dos vehículos, e realizaron labores de excarceración para liberar do outro turismo a dúas persoas feridas de consideración, xa trasladadas ao hospital.
🏛️ Dende o Concello queremos transmitir todo o noso apoio e solidariedade coas familias e achegados das vítimas.
#REDEELÉCTRICA: Interrupcións programadas na rede eléctrica os días 5, 7 e 8 de marzo no Milladoiro, para o mantemento e desenvolvemento das instalacións.
👉 Para aclaracións, contactar coa empresa Naturgy no 900 333 999.
📅 Martes 5
⏰ 7:00-7:30 e 18:30-19:00 horas
▪️ Rúas Agro da Madalena (nº1 e 3), Camelias (nº2 e 4), Cereixos (nº1) e Estivada de Castelao (nº8).
📅 Xoves 7
⏰ 7:00-9:00 e 17:00-19:00 horas
▪️ Rúas Agro da Madalena (nº6), Agro do Medio (nº1 e 3) e Viorneira (nº1, 3, 4, 5 e 6).
📅 Venres 8
⏰ 4:00-6:00 horas
▪️ Rúas Agro da Madalena (nº6), Agro do Medio (nº1 e 3) e Viorneira (nº1, 3, 4, 5 e 6).
⏰ 7:00-8:00 horas
▪️ Rúa das Palmeiras (nº21 e 22) e rúa do Buxo (nº3).
#VOLUNTARIADO: Amplíase o número de contedores para facilitar as doazóns ao roupeiro municipal. +INFO: https://i.gal/1Ugr1
#VACACIÓNSENPAZ: Este domingo, 3 de marzo, realizarase unha charla informativa sobre o programa “Vacacións en Paz” no Hotel Congreso. +INFO: https://i.gal/HyUD8
#POLICÍALOCAL: A Policía Local de Ames solicita a colaboración cidadá para localizar a un condutor fugado tras atropelar unha persoa no Milladoiro.
ℹ️ O atropelo tivo lugar onte venres arredor das 21:00 horas na rúa Agro do Medio, deixando unha persoa ferida que foi trasladada ao hospital.
⚠️ Búscase un Seat Córdoba branco cun alerón, unha crocadura na parte dianteira e o parabrisas roto, fugado en dirección Padrón.
📞 En caso de ter información pode contactar coa Policía Local de Ames, chamando ao teléfono 619 76 75 75.
📢 Agradécese a difusión do aviso e a colaboración da veciñanza.
#8M: O Concello de Ames presentou a súa programación especial para conmemorar o 8M. +INFO: https://i.gal/UsnDG
#CONCILIACIÓN: Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no programa de conciliación Primavera Lúdica 2024. +INFO: https://i.gal/gun0V
#PLENO: O Pleno aproba por unanimidade a elección de xuíza de paz e maila taxa pola ocupación de terreos de uso público cos postos, barracas e casetas de venda. +INFO: https://i.gal/pLxWf
#APEGO: Xa está aberto o prazo de inscrición para a sesión de contos con música “Lúa triangular. Nada é imposible” de Jara Ortiz.
📅 Venres 8 de marzo
📍 Casa da Cultura do Milladoiro
⏰ 18:00 horas
🔴 +INFO: https://i.gal/bVQ3A
🎫 INSCRICIÓNS: normalizacion@concellodeames.gal
