Concello de Ames
Ir al canal en Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Mostrar más761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
Bo día, DIXICONTOS
As animadoras á lectura das bibliotecas municipais continúan cos contacontos infantís. Poderase acceder a esta actividade a través do facebook da biblioteca.
Hoxe, 13 de xaneiro, é a primeira sesión con "Veo veo un caracol".
+INFO: bit.ly/39yIkpc
PROGRAMACIÓN CULTURAL
Preséntase a programación cultural do primeiro semestre de 2021 que inclúe 13 espectáculos de teatro, música e danza para público infantil e adulto.
+INFO: bit.ly/3i3VY7z
EMPREGO
Comezan as actividades da nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión 2020-2021.
+INFO: bit.ly/39tpcsm
SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO
O servizo de orientación laboral e o Punto de información do Servizo Público trasladáronse á Casa da Cultura do Milladoiro.
Ademais, a renovación da demanda de emprego deixa de facerse automaticamente.
+INFO: bit.ly/2LJgHBu
Campionato de España de Ciclocross
Uxío Canosa, do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, remata décimo quinto no Campionato de España de Ciclocross.
+ INFO: bit.ly/3nw0jkY
Bo día. PROHIBICIÓN ESTACIONAMENTO
Debido ás tarefas de pintado que realizarán no aparcamento sito na Rúa Pesqueira (Bertamiráns), no aparcamento do Carrefour Market, prohíbese estacionar dende as 08.00 horas do 14 de xaneiro.
REUNIÓN CO DELEGADO TERRITORIAL
O alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, mantiveron esta mañá unha xuntanza co delegado provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor López.
En dito encontro abordáronse diversos temas relacionados con Infraestruturas (senda dende A Pontenova ata A Ponte Maceira e ampliación de beirarrúas dende Balindo, na parroquia de Piñeiro, ata Portomouro).
Tamén se falou de diferentes proxectos relacionados co Ciclo Integral da Auga (proxecto de ampliación da depuradora de Sisalde, proxecto de saneamento en Tapia e Piñeiro, potabilizadora de Lens e extensión de rede de abastecemento ata O Milladoiro).
+INFO: bit.ly/39kmjKC
CAMPAÑAS BONOS COMERCIO
Aberto o prazo de inscrición para que os establecementos de Ames se adhiran á campaña de tarxetas bono Reactiva Ames.
Ata o 31 de xaneiro poderán inscribirse os establecementos que desexen adherirse á campaña.
+INFO: bit.ly/3buTP3w
CAMIÑOS DE SANTIAGO
Rematadas as obras do Bosque do Peregrino no monte de Ventosa. Plantáronse 35 árbores autóctonas e habilitouse un miradoiro dende o que se poderá desfrutar das vistas da do Val da Maía.
+INFO: bit.ly/2Xrf4ea
Bo día.
Rematan as obras de pavimentación do acceso ao lugar de Sura, na Ameixenda, nas que se investiron máis de 63.000 euros.
+INFO: bit.ly/3brcD3r
NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS
Consulta as medidas de restrición de nivel máximo no que se atopa o concello de Ames dende as 00.00 deste sábado 9 de xaneiro: bit.ly/38riMdZ
Establécese un peche perimetral no que a veciñanza de Ames tan só se poderán desprazarse polos termos municipais de Ames, Santiago e Teo. Tan só se poderá saír do perímetro por causas xustificadas.
Ademais, os grupos (conviventes ou non) poderán ser dun máximo de 4 persoas e a hostalaría só pode atender no exterior ao 50% e ten pechar ás 18:00 horas.
+INFO: bit.ly/3npGhsp
SERVIZO DE CONCILIACIÓN
Debido ás restricións de nivel máximo decretadas pola Xunta de Galicia para o concello de Ames, queda anulado o servizo de conciliación previsto para este sábado 9 de xaneiro, que se enmarca na campaña de apoio ao comercio local para facilitar as compras das familias amesás. Este servizo ofrecíase hoxe, en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 hora, nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.
+INFO: bit.ly/3nta2IS
COVID
A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG que o concello de Ames, xunto cos concellos limítrofes de Santiago de Compostela e Teo, entra dende as 00.00 horas deste sábado, 9 de xaneiro de 2021, en nivel máximo de restricións pola Covid. Ditas restricións afectan especialmente ao sector da hostalería e restauración, así como ás reunións de persoas non conviventes.
Durante o día de mañá, sábado 9 de xaneiro, ampliarase a información sobre ditas restricións tanto na páxina web municipal como nas redes sociais do Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/3s4Kmpf
CENTRO DE SAÚDE DO MILLADOIRO
O presidente da Xunta e o alcalde de Ames visitaron hoxe pola mañá o novo Centro de Saúde do Milladoiro. O novo ambulatorio atenderá a 15.000 persoas. Durante esta fin de semana realizarase o traslado e o acondicionamento final para que o vindeiro luns poida abrir as súas portas ás/aos pacientes.
+INFO: bit.ly/3q5pyvV
SERVIZOS SOCIAIS
Ames blinda os servizos sociais no ano máis difícil. Un millón e medio de euros en axudas directas e preto de 7.000 citas atendidas ao longo do 2020.
+INFO: bit.ly/2Le2lZR
REAPERTURA DE ENTIDADE BANCARIA
O Banco Santander reabrirá o vindeiro luns, 11 de xaneiro, a oficina de Bertamiráns.
Despois de varios contactos por parte do Concello coa entidade bancaria nos que se solicitaba a reapertura da oficina de Bertamiráns, o Concello acaba de recibir unha comunicación do Banco Santander na que se comunica que a partir do próximo luns, 11 de xaneiro, reabrirán a oficina que está situada na avenida da Maía, número 74, en Bertamiráns, e que permanecía pechada.
A apertura será co horario habitual, aínda que as recomendacións son que se solicite cita previa chamando ao xestor, na APP do Santander, ou na páxina web www.bancosantander.es.
+INFO: bit.ly/2L6mQrw
ENTROIDO LÚDICO
Aberto o prazo de inscrición para o Entroido Lúdico 2021.
+INFO: bit.ly/35j3ENS
OBRAS
Cun investiento de case 65.000 euros remataron as obras de pavimentación do camiño de Tarrío a Raíces.
+INFO: http://bit.ly/2LuAG6R
