Concello de Ames
Ir al canal en Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Mostrar más761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
A LUZ DE ROSALÍA
"A luz de Rosalía” é unha intervención poética urbana que inzará de versos rosalianos os farois das rúas máis transitadas de Ames.
Desde o 22 de febreiro até o 7 de marzo, toda a veciñanza poderá gozar desta exposición urbana coa que se conmemora o aniversario da poeta.
+INFO: bit.ly/2MRzgUK
PRIMAVERA LÚDICA
Até 18 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Primavera Lúdica”.
O servizo desenvolverase desde o 29 de marzo até 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa.
+INFO: bit.ly/2NYkz2t See Less
CENTRO DE SAÚDE DE BERTAMIRÁNS
Dende o Concello de Ames acaban de enviarlle unha carta ao SERGAS, para coñecer o motivo polo que non se iniciaron as obras de reparación e mantemento do centro de saúde de Bertamiráns, que foron adxudicadas á empresa Construcciones y Proyectos Abilleira SL, por un importe de adxudicación de 304.481,50 euros (IVE incluído).
O contrato de dita obra foi formalizado o pasado 15 de outubro de 2020. Tanto para o Concello de Ames como para os propios profesionais e usuarios/as é imprescindible contar con esta mellora, tal e como se estivo demandando nos últimos anos, e máis se cabe na situación sanitaria actual.
+INFO:bit.ly/2OjoOWH
DIXICONTOS
As bibliotecas municipais de Ames presentan a programación de Dixicontos para o mes de febreiro. Este mércores, 10 de febreiro, pódese ver o conto: A xoaniña rosmona.
+INFO: bit.ly/3oUdi0s
DATOS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 8 de febreiro de 2021, é de 154 casos activos.
+INFO: bit.ly/3bYv285
UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 9 de febreiro, en Bertamiráns, na avenida da Maía diante da praza da Maía.
+info: bit.ly/3cQBz5a
N-550
O Goberno municipal reúnese co Ministerio de Fomento para abordar a humanización da avenida de Rosalía de Castro do Milladoiro.
Ao longo deste ano buscarase financiamento para este proxecto de cara a poder executalo. A idea é levar a cabo unha actuación que permita o acceso directo ao polígono desde a SC-20, así como de saída desde o núcleo urbano cara Santiago.
+INFO: bit.ly/3rJYPWX
ILUMINA O TEU SORRISO
Ana Balsa Bello recibiu o premio dun teléfono móbil de última xeración e dun circuíto de Spa que lle corresponderon como gañadora do sorteo da campaña “Ilumina o teu sorriso”.
A entrega realizouse nas instalacións do Centro Dental Macía, do Milladoiro, patrocinador do premio.
+INFO: bit.ly/3oYSnt6
#ImpulsaAmes
🚶 No marco da EDUSI crearase en Bertamiráns un espazo cidadán que fomente o paseo e as actividades comerciais e de lecer, sen o uso do automóbil, mediante a peatonalización das rúas contiguas á praza do Concello e da praza da Maía.
➡️ https://ames2020.gal/
#EDUSI #Ames2020 #UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER
‼ COVID19
O Concello de Ames informa de que a Consellería de Sanidade, da Xunta de Galicia, fará este sábado 6 e domingo 7 de febreiro un cribado masivo a unha mostra aleatoria de 3.300 cidadáns, de entre 41 e 50 anos, con tarxeta sanitaria nos centros de saúde de Ames, que serán citados por SMS.
Ditas probas realizaranse no recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela. É moi imporante asistir a esta cita e respectar a hora e data da cita para evitar aglomeracións. O Concello solicitou este cribado nunha carta enviada está mesma semana ao Sergas.
En canto aos resultados, trasladaranse por medio de mensaxe en caso negativo e vía telefónica para os positivos. O obxectivo da realización destas probas é detectar o maior número posible de contaxiados asintomáticos.
+INFO: bit.ly/2MVHKtN
DATOS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 5 de febreiro de 2021, é de 190 casos activos.
+INFO: bit.ly/3bYv285
PLENO MUNICIPAL
O Pleno aprobou este xoves, 4 de febreiro, a participación do Concello de Ames no plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos), POS+ 2021, da Deputación provincial da Coruña.
O Concello de Ames disporá de 1.272.459,80€, dos cales 1.152.131,60€ son para a execución de oito novos proxectos; e 120.328,23€ para a redución de débeda.
Ademais, disporase de 34.618,19€ para o financiamento de gastos correntes. No Plan complementario de 2021 recollese unha partida de 972.963,45€ para a execución de cinco proxectos e no POS+ Adicional 1/2021 contémplanse 306.290,04€ para gastos sociais extraordinarios.
+INFO: bit.ly/3riOQYa
TRANSPORTE METROPOLITANO
Información de interese sobre os servizos que presta a empresa Monbus no concello de Ames tras as novas restricións.
A empresa Monbus anuncia unha reformulación dos servizos para partir do día 6 de febreiro. Devanditos cambios realizaranse en servizos de sábado, domingos e festivos e aqueles que teñan saídas a partir das 18:00h de luns a venres (estes últimos en traxectos de máis de 50 quilómetros).
+INFO: bit.ly/2O8ifpQ
RECANTOS
A veciña de Ortoño, Sofia Rial representará ás Terras de Compostela no concurso “Recantos” do Luar.
O alcalde, Jose Miñones, recibiuna para amosarlle o seu apoio no nome de todos os veciños e as veciñas de Ames.
Pódese votar por Sofia a través do whatsapp 661 398 440, escribindo Voto Sofia ou a través do facebook Luar Páxina Oficial, do twitter @Luartvg: #VOTOSOFIA e do número de teléfono 988 600 681.
+INFO: bit.ly/3atX09e
PLENO MUNICIPAL
Segue o pleno extraordinario que se celebra hoxe, ás 20.30 horas, a través da canle de directo: http://concellodeames.gal/gl/directo
A Corporación municipal debaterá a participación do Concello de Ames no POS+ 2021 da Deputación provincial da Coruña.
UCGAL
A veciñanza de Ames recuperou 84.000 euros no ano 2020 a través das reclamacións tramitadas pola Unión de Consumidores de Galicia.
A UCGAL recomenda neste momento reclamar ás entidades bancarias os gastos derivados da tramitación das hipotecas.
+INFO: bit.ly/3ji70Xt
PLAN DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
O pleno aproba o Plan de continuidade da prevención de incendios para o período 2021-2024.
Este plan dá continuidade ao o Plan de medidas preventivas, aprobado no ano 2017 e que tiña vixencia até 2020 e amosa a intención do goberno municipal de seguir apostando pola repoboación con especies frondosas autóctonas que axuden dun xeito natural á prevención dos lumes.
+INFO: bit.ly/2YIZKKD
