es
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Ir al canal en Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Mostrar más
761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
REUNIÓN DE TRABALLO: Continúa a rolda de contactos co sector audiovisual cunha visita a Mirabelle Comunicación. +INFO: https://bit.ly/3L4vBLW

CINEMA MIÚDO: Abre o prazo para optar á organización das dúas próximas edicións do festival Cinema Miúdo. +INFO: https://bit.ly/3qqjwc0

SERVIZOS SOCIAIS: O Milladoiro acolle unha nova xuntanza da asociación Acougo sobre o acollemento familiar. +INFO: https://bit.ly/36IjNQI

CENTROS DE ENSINO: Alumnado do CEIP A Maía visita a Casa do Concello para aprender sobre o seu funcionamento. +INFO: https://bit.ly/3uoTxmo

EVENTOS SOLIDARIOS: Ruth Cundíns presenta en Bertamiráns o espectáculo musical e solidario “Puedes llegar”. 📅 Sábado 26 de marzo 📍 Casa da Cultura de Bertamiráns ⏰ 19:00 horas 🔴 +INFO: https://bit.ly/3IsqhAg 🎫 CONVITES: https://bit.ly/3tzLeVW

EMMA: A EMMA prepara para os sábados de abril e maio catro obradoiros para mergullarse na música. Inscricións dende hoxe ata o 31 de marzo. +INFO: https://bit.ly/3ttPHcq

SOLIDARIEDADE: O Concello de Ames celebra unha reunión informativa sobre o acollemento de persoas refuxiadas de Ucraína. +INFO: https://bit.ly/3D3kEYn

TEATRO: Última proposta de artes escénicas de marzo con “Aibō”, este xoves 24 en Bertamiráns. 📅 Xoves 24 de marzo 📍 Casa da Cultura de Bertamiráns ⏰ 18:00 horas 🧒 Crianzas dos 3 aos 6 anos 🔴 +INFO: https://bit.ly/3umvxk5 🎫 ENTRADAS: https://bit.ly/3D36run

NORMALIZACIÓN: Dezaoito concellos únense a prol do idioma ao crearen Alingua, unha asociación cooperativa para fomentar proxectos conxuntos de dinamización lingüística. +INFO: https://bit.ly/3NduJq0

8M: Máis de 300 persoas participaron na segunda edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”. +INFO: https://bit.ly/3qmW3sp

TARXETAS BONO: Xérase un volume de negocio de 45.432 euros durante a primeira quincena da campaña de tarxetas bono Ames Progresa. +INFO: https://bit.ly/3qoOOQq

POLICÍA LOCAL: Identifícase a unha persoa facendo pintadas no Pazo da Peregrina e exponse a unha sanción de 100 a 600 euros. +INFO: https://bit.ly/3IqqjIL

EDUSI: Habilítase un carril bici no sendeiro que discorre entre o CEIP Agro do Muíño e Bertamiráns. +INFO: https://bit.ly/3wmKJjC

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Continúa aberto o prazo para preinscribirse ou renovar praza nos servizos complementarios de educación e conciliación. Ata o 31 de marzo de 2022. +INFO: https://bit.ly/3CWwUtB

EFICIENCIA ENERXÉTICA: O Goberno municipal visita a planta de formación da empresa portuguesa ISQ especializada en enerxías renovables. +INFO: https://bit.ly/3ieXGnv

MENÚS ESCOLARES: Do 21 ao 25 de marzo de 2022. Menús das Escolas Infantís: https://bit.ly/3N0ir4q Menús da Rede de Comedores Escolares: https://bit.ly/3IfNcPe

NORMALIZACIÓN: Doce persoas participan no obradoiro de acollemento lingüístico “En galego, co teu acento!", impartido en Bertamiráns. +INFO: https://bit.ly/3tjeKPt

ANDAINAS SAUDABLES: A Andaina Saudable de marzo pechará o Xiro dos Montes percorrendo a súa sétima e oitava etapa. +INFO: https://bit.ly/3CQsgwY

MOBILIDADE: O Milladoiro estará unido con Volta do Castro a través dun carril bici que discorrerá pola SC-20. +INFO: https://bit.ly/3u8INsn

REUNIÓN DE TRABALLO: Nova visita do alcalde e da concelleira de Promoción Económica para coñecer as instalacións de Alfonsín Digital LAB. +INFO: https://bit.ly/3q9neqr