es
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

Ir al canal en Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

Mostrar más
761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
#EDUSI: Mañá mércores 15 de marzo comezará a execución das #obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns, co va
#EDUSI: Mañá mércores 15 de marzo comezará a execución das #obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns, co valado da zona determinada da avenida da Maía. ▪️ Os accesos a portais e negocios non se verán afectados, haberá paso para os peóns de xeito permanente. ▪️ Reubicaranse os contedores de residuos a unha zona próxima. ▪️ A parada do bus metropolitano moverase a unha zona habilitada máis adiante. 📝 Bando informativo: https://bit.ly/3JO0FC1

#AULADANATUREZA: Aberto o prazo para inscribirse no curso de interpretación do patrimonio natural organizado pola Aula da Natureza. +INFO: https://bit.ly/3mPPTSH

#TEATRO: A programación cultural do Concello de Ames continúa este venres 17 coa obra de teatro “Amantis”. 📍 Casa da Cultura de Bertamiráns ⏰ 20:30 horas | Sesión escolar ás 12:00 horas 🔴 +INFO: https://bit.ly/3yDtIli 🎫 ENTRADAS: https://bit.ly/3LqydXR

#CONMEMORACIÓNS: A Casa do Concello de Ames tínguese de amarelo polo Día Mundial da Endometriose. +INFO: https://bit.ly/3Li2cRP

#NORMALIZACIÓN: Convócanse probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4). +INFO: https://bit.ly/3Fmcf4u

#DEPORTES: Diego Álvarez e Sofía Da Silva gañan a segunda proba do circuíto Transgalaica 2023 que se disputou en Ames. ℹ️ +INFO: https://bit.ly/3mRIdPx 📸 GALERÍA: https://bit.ly/3Fi3EzC

#EDUSI: Comezan as #obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns. +INFO: https://bit.ly/3TefEIh
#EDUSI: Comezan as #obras da segunda subfase da améndoa central de Bertamiráns. +INFO: https://bit.ly/3TefEIh

#XUVENTUDE: 40 mozos e mozas amesáns participaron na actividade “Finde na neve” que tivo lugar na estación de esquí de Leitariegos. +INFO: https://bit.ly/3Ffodg3

#8M: A obra de #teatro “A señora de Forcadela” chega a Ames o venres 17 para conmemorar o Día da Muller. 📍 Casa da Cultura do Milladoiro ⏰ 20:30 horas 🔴 +INFO: https://bit.ly/3l4TLPd 🎫 CONVITES: https://bit.ly/3Lih56u

#BIBLIOTECAS: As bibliotecas de Ames organizan un obradoiro de creación de postais que se desenvolverá o venres 24 e o sábado 25 de marzo. +INFO: https://bit.ly/3LrJCGK

#CLUBDEDEBATE: Arrinca a XI edición do Club de Debate en Ames cunha xornada de formación en habilidades comunicativas. +INFO: https://bit.ly/3JuuKpW

#APROA: O espazo de coworking A Proa organiza para o 29 de marzo un taller sobre produción de documentais. +INFO: https://bit.ly/3Jx7gQT

#OBRAS: Apróbase a licitación das obras de pavimentación nas rúas Muíño e Rosaleda e na travesía de Paraxó, en Bertamiráns, por 159.771 euros. +INFO: https://bit.ly/3ZUGaJ0

#DEPORTES: Preto de 300 ciclistas participarán este domingo en Ames na segunda proba da Transgalaica 2023. +INFO: https://bit.ly/3Jupqmp

#DEPORTES: Os amesáns Paula e Manuel Blanco proclámanse campións galegos de #kickboxing. +INFO: https://bit.ly/3yv90DU

#MENÚSESCOLARES: Do 13 ao 17 de marzo de 2023. Menús das Escolas Infantís: https://bit.ly/3RyEHFg Menús da Rede de Comedores Escolares: https://bit.ly/3I1Czmn

#NORMALIZACIÓN: O Concello de Ames presenta unha nova edición do Certame Literario de Ames, que cumpre vinte anos. +INFO: https://bit.ly/3Fac7Fk

#8M: Ames conmemorou o Día Internacional da Muller cun acto institucional na praza do Concello. +INFO: https://bit.ly/3J56Dwp

#8M: Adíase a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta” ao vindeiro venres, 17 de marzo. +INFO: https://bit.ly/3kSEeC0

#BENESTARSOCIAL: Día Mundial do Ril: “Prepararse para o inesperado, apoiando ás persoas más vulnerables”. +INFO: https://bit.ly/421UBNh