Concello de Ames
Ir al canal en Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
Mostrar más761
Suscriptores
Sin datos24 horas
-17 días
+730 días
Archivo de publicaciones
TRÁMITES PRESENCIAIS
O Concello de Ames recorda que para poder acudir ás oficinas municipais a realizar calquera tipo de trámite, de xeito presencial, é necesario sacar cita previa antes de acudir.
Para iso ponse a disposición da veciñanza unha listaxe de números de teléfono e enderezos de correo electrónico para poder contactar cos diferentes departamentos municipais.
ÌNFO: bit.ly/3lpx1ox
XORNADAS “AO SON DA ORALIDADE: O NOSO PATRIMONIO"
O IES do Milladoiro, en colaboración coa ANPAMILLA e o Concello de Ames, organiza os días 23 e 24 de marzo as primeiras xornadas “Ao son da oralidade: o noso patrimonio”, que se desenvolverán no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.
+INFO: bit.ly/3s001Ga
#ImpulsaAmes
💡 Tes algunha idea de como afrontar os retos ambientais e climáticos aos que está a facer fronte o Concello de Ames?. Fainos chegar as túas propostas e solucións sostibles. A túa opinión é fundamental!
➡️ https://ames2020.gal/canal-de-participacion/?lang=es
#UnhaManeiraDeFacerEuropa #FEDER #EDUSI
CERTAME LITERARIO
Continúa aberto o prazo, ata o 8 de abril, para participar no XVIII Certame Literario de Ames.
O certame está aberto para todas as idades a través de tres categorías: unha para nenos e nenas de até 13 anos, outra para a rapazada de entre 14 e 17 anos e unha terceira dirixida ás persoas de máis de 18 anos.
+INFO: bit.ly/3loLcKu
PROBAS CELGA
O Concello de Ames anuncia a convocatoria, presentada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, das probas libres para obter os certificados de lingua galega Celga. O prazo de solicitude estará aberto dende o xoves 18 de marzo ata o luns 12 de abril.
+INFO: bit.ly/3rZphvW
CARNÉ DE CONDUCIR
Debido ás novas normas para a obtención do permiso de conducir, a Dirección Xeral de Tráfico está realizando unha campaña informativa para os concellos de España. A continuación atopará a información actualizada e as pertinentes medidas a tomar fronte ao COVID para realizar os trámites para obter o carné de conducir.
+INFO: bit.ly/3rT7uGU
📌 OBRAS
Apróbase a licitación das obras de mellora dos accesos e interiores en Firmistáns, na parroquia de Bugallido.
Este proxecto, que está sufragado con cargo ao POS+ 2020, ten un orzamento base de contratación que ascende a 166.668,24 euros.
+INFO: bit.ly/2P1QSOo
TRANSPORTE ADAPTADO
O servizo de Transporte Adaptado colabora na campaña de vacinación da COVID19 poñendo a disposición da veciñanza o vehículo para trasladar ás persoas que o necesiten ao Centro de Saúde de Milladoiro, único punto do municipio onde se está procedendo á vacinación dos veciños e veciñas de Ames.
+INFO: bit.ly/30U6Ywd
MESA DE DEBATE
A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o mércores 24 de marzo, ás 19.00 horas, un debate sobre “As artes escénicas despois da Covid-19 e incidencia do Xacobeo na súa reactivación”.
+INFO: http://bit.ly/3vxpPLG
BIBLIOTECAS
Este mércores, 17 de marzo, preséntase no Pazo da Peregrina a obra colectiva “Libres e Vivas” ás 20:00 horas.
Trátase dunha obra coral escrita por 10 autoras que, desde diferentes puntos de vista, falan da igualdade e da violencia machista. O libro, publicado pola editorial Galaxia, aborda a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade e da igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir.
+INFO: bit.ly/30GNeMC
MOBILIDADE
Prohíbese o estacionamento no aparcadoiro da rúa Alcalde Lorenzo, por traballos de acondicionamento, dende as 23.30 horas deste luns, 15 de marzo, ata as 20.00 horas do 17 de marzo.
+INFO: bit.ly/30Hunkr
MILLARAIO
Os atletas do Club de atletismo MillaRaio, que participaron este sábado no Campionato galego sub16 de pista cuberta acadaron cinco medallas (unha de ouro, dúas de prata e dúas de bronce).
+INFO: http://bit.ly/3qWIFZv
MEDIO AMBIENTE
O Concello duplica os equipos de trampeo para a captura de velutinas que entregará á veciñanza esta primavera na “Campaña de mitigación da presenza e expansión da vespa velutina no concello de Ames”.
O luns 15 de marzo o departamento de Medio Ambiente comezará a entregar o material na oficina de Medio Ambiente, que está na Casa de Cultura de Bertamiráns, en horario de 9:00 a 12:30.
+INFO: bit.ly/3eEItvh
