ch
Feedback

不要被骗子欺骗!Telemetrio 会找到并标记这些频道 👉 如果想查看标记,请订阅 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
PREMIO LINGUA E EMPRESA Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa. Este último é un vídeo resumen de todas as empresas premiadas no Premio Lingua e Empresa: https://youtu.be/WszMRTqKjBU

ROUPEIRO MUNICIPAL O roupeiro municipal solicita roupa para nenos e neneas de 0 a 12 anos e roupa de cama de abrigo como mantas, edredóns ou colchas. Existen dous puntos de entrega da roupa, que debe estar enbolsada: na Casa da Cultura do Milladoiro e na de Bertamiráns, de 09.00 a 14.00 horas. Lémbrase que a doazón debe ser de roupa nova ou en bo estado. +INFO: bit.ly/2YJbiNT

DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 4 de febreiro de 2021, é de 207 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285

PLENO EXTRAORDINARIO Este xoves, 4 de febreiro, celebrarase un pleno extraordinario no que se debaterá sobre a participación do Concello no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal “POS+ 2021”. +info: bit.ly/39JPIz3

‼DATOS COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 3 de febreiro de 2021, é de 213 casos activos. +INFO: bit.ly/3bYv285

Cartel.jpg2.32 MB

PRIMAVERA LÚDICA Até 18 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Primavera Lúdica”. O servizo desenvolverase desde o 29 de marzo até 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. O programa está dirixido ás familias empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. +INFO: bit.ly/2NYkz2t

CURSOS CELGA O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames anuncia a convocatoria, presentada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. O prazo de solicitude remata o día 24 de febreiro. +INFO: bit.ly/3arK9Vj

PREMIO LINGUA E EMPRESA Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa A Asesoría Xeral Galega de foi unha das empresas galardoadas na edición de 2018. Vídeo de AXEGA: https://youtu.be/vCiV00HicUA

#ImpulsaAmes 📲 A Solución Integral Smart City para Ames estará composta por sistemas de control intelixente de aparcamentos públicos, de paneis informativos, de xestión intelixente de iluminación pública e de Rede Wifi municipal. ➡️ www.ames2020.gal #Ames2020 #FEDER #EDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa

ENQUISA SEDE ELECTRÓNICA Unha nova enquisa interpela á veciñanza de Ames sobre a Sede electrónica municipal. Para saber o uso que a se fai deste servizo, e se está satisfeita con el, permite coñecer as opinións da veciñanza amesá. +INFO: bit.ly/3jezjpn

CONMEMORACIÓNS O xoves 4 de febreiro, a Casa do Concello iluminarase de cor verde para conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro. O obxectivo é visibilizar e concienciar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade. +INFO: bit.ly/3cFBfWP

SERVIZOS SOCIAIS Mellóranse os servizos de axuda no fogar e xantar na casa coa posta en marcha dunha aplicación informática, un software específico, que permite un maior control, transparencia e mellor xestión. +INFO: bit.ly/3tiq8sM

PREMIO LINGUA E EMPRESA Como recoñecemento ás empresas galardoadas, o Concello de Ames vén de publicar na súa canle de Youtube nove vídeos relacionados co Premio Lingua e Empresa Xestiago foi unha das empresas galardoadas na edición de 2018. Podes ver o vídeo premendo nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=UiV6BP52RK0

cartel_febreiro.jpg6.53 KB

AULA CEMIT Continúan no mes de febreiro os cursos telemáticos para adultos da Aula CeMIT. +info: bit.ly/36yLngk

ESCOLA INFANTIL O BOSQUE As nenas e nenos da escola infantil municipal do Bosque, situada en Bertamiráns, foron partícipes da celebración do Día da Paz.Tendo en conta as medidas hixiénico-sanitarias de seguridade debido á Covid, cada familia mandou unha foto na que os pequenos mostraban frases, palabras ou signos relacionados coa Paz. Ademais, os pés de todo o alumnado plasmáronse nun papel pintado e realizaron un cartel no se que se pode ler “Camiñando cara a paz”. +INFO: bit.ly/3cup2UV

axudando_a_seguir_0.jpg6.27 KB

CARTEL MODIFICADO BERTAMIRÁNS.jpg1.64 KB

CARTEL MODIFICADO MILLADOIRO.jpg1.79 KB