ch
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
I FEIRA DA SAÚDE E O BEN-ESTAR 17 Asociacións participan na I Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames que se celebra esta fin de semana no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. + INFO: bit.ly/3fIpwsd

Chega a Ames a exposición “Nós somos elas” Vinte e catro poetas galegas dialogan coas fotografías do laxés José María Vidal nunha mostra que promoven a área de Igualdade da Deputación de A Coruña e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. A proposta recolle unha selección de imaxes do “Arquivo Vidal” protagonizadas por mulleres. A exposición, que permanecerá en Ames até o día 25 de abril, xa se pode ver estes días na praza da Maía de Bertamiráns. +INFO: bit.ly/3mm6A3N

MES DO LIBRO | En abril, libros mil. Obradoiros, presentacións, música... Un montón de actividades que empezan xa esta semana! Ademais, sorteo de lotes de libros polas compras realizadas ata o 24 de abril nas librarías Huargo Artis, Librería Lenda e Libraría Máinomen, en #Bertamiráns; e Nenos e Nais e O Tinteiro, no #Milladoiro. #SomosAmes +INFO: bit.ly/3uxJQ3L

TROULEANDO | Que boa pinta, #rafting polo río Ulla. Este plan da Omix Ames pide a gritos xente aventureira... Anímaste? Será o 24 de abril. Veña, que mañá abrimos inscricións! #SomosAmes +INFO: bit.ly/3dBkVW5

CERTAME LITERARIO Se tes alma de poeta ou novelista... aínda estás a tempo de presentarche ao #CertameLiterario. Pero bule, porque o prazo remata o día 8. +INFO: bit.ly/3sWxz8p

ABRIL DE CINE Este mércores, 7 de abril, comeza o programa Abril de cine, unha nova iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Cultura. Dito programa ponse en marcha no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns coa proxección do filme Ons. Ademais, contarase coa presencia do director, Alfonso Zarauza, que participará nun faladoiro sobre o filme antes da súa proxección. Para ver esta película xa non quedan entradas dispoñibles. A seguinte sesión será o 14 de abril co filme A Illa das mentiras, na Casa da Cultura do Milladoiro. A terceira e última sesión realizarase o día 21 de abril, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste caso proxectarase o filme Trote. +INFO: bit.ly/3ukQGJu

PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación dos programas de conciliación Lúdicos e a Escola de Verán á empresa Agora Aberta que xa se viña ocupando até de agora destes programas. O valor do contrato, que ascende a 308.207 euros, inclúe o servizo de monitores e almorzos. A licitación faise por un período de dous anos, prorrogable a catro, e abrangue á Escola de Verán e os cinco programas de conciliación que desenvolve o Concello de Ames ao longo do ano. +INFO: bit.ly/2RbJHo8

ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO | Obradoiro 'En galego, co teu acento'. Para persoas inmigrantes, retornadas e calquera interesada en coñecer e comunicarse na nosa lingua. Todas sodes benvidas! Aberta inscrición ata o 12 de abril. +INFO: bit.ly/3sSzYkE

SEMANA DA SAÚDE O Concello de Ames celebrará a Semana da Saúde que, dende o 5 de abril, organizaranse diferentes accións. Os establecementos do Concello relacionados coa área sanitaria colaboran con actividades como revisións gratuítas, análises ou descontos específicos. Ademais, os rapaces e rapazas poderán visitar a exposición “Os Bolechas coñecen o que é a diabetes”. +INFO: bit.ly/2QUO5rx

CAMPAÑA VELUTINA Remata a campaña de mitigación da presenza e expansión da vespa velutina no concello de Ames. A través dun vídeo anímase a continuar co uso de trampas feitas na casa. Pódese ver o vídeo: http://bit.ly/3u9mMYF +INFO: bit.ly/39tKqHz

BONOS MERC@MES Os comercios adheridos a á campaña das tarxetas Merc@ames obtiveron a través desta iniciativa unha media de preto de 750 euros. Até o momento gastáronse 116.723,99 euros, o que supón case o 60% dos cartos postos en circulación a través desta campaña. +INFO: bit.ly/3dpwWxs

PLENO Jose Miñones renunciou aos seus cargos de alcalde e concelleiro de urbanismo en Ames nun pleno convocado pola vía de urxencia que se desenvolveu na tarde de onte na Casa do Concello. +INFO: bit.ly/3we4rLS

MEDIDAS TRIBUTARIAS A Concellaría de Economía e Facenda informa da recente aprobación e implantación de novas medidas tributarias relativas á flexibilización do pago dos tributos municipais. +INFO: bit.ly/3sFKVG0

URBANISMO O Concello estudará a definición da garantía para as terrazas especiais recollendo a proposta das asociacións hostaleiras e estenderá a conxelación do pago para o ano 2021. +INFO: bit.ly/3dmJzcG

ESCOLAS INFANTÍS O xoves 1 de abril abre o prazo de preinscrición para o curso 2021-2022 nas escolas infantís de titularidade municipal (EIM O Bosque de Bertamiráns e EIM A Madalena do Milladoiro). +INFO: bit.ly/39qYBNn

DENUNCIAS A fin de semana sáldase con 7 denuncias por festas en pisos en Ames + INFO: http://bit.ly/3fkIAwt

REGUEIFAS Volve a regueifa aos colexios e institutos de Ames a través de obradoiros nos que se fomenta a lingua e a improvisación oral en verso + info: http://bit.ly/3cuuh6s

BIBLIOTECA As bibliotecas municipais celebran o Mes do Libro con actividades dirixidas a un público infantil e adulto, un concurso de debuxo e un sorteo de libros + INFO: http://bit.ly/3sybSvi

PLENO ORDINARIO DE MARZO Este xoves, 25 de marzo, celebrouse a sesión ordinaria do pleno de marzo no que a Corporación municipal aprobou o expediente de licitación do servizo de limpeza viaria e xestión dos puntos limpos. Tamén se aprobou a modificación do contrato do servizo de axuda no fogar (SAF); a aprobación do proxecto modificado para a pavimentación dos accesos ao lugar de Ventosa (POS 2019); a declaración institucional para garantir a máxima transparencia e cumprimento do protocolo de vacinación; e a solicitude de comparecencia do alcalde presentada polo grupo municipal popular. Ademais, aprobouse unha proposta do grupo municipal socialista sobre a demanda dun incremento das achegas da Xunta ao servizo de axuda no fogar, e outra proposta do concelleiro Jose Ramón Oulego de condena dos altercados ocorridos en varias cidades españolas nas manifestacións en favor do rapeiro condenado Pablo Hansel. +INFO: bit.ly/3u249pJ

URBANISMO O Concello de Ames someterá a aprobación unha nova licenza urbanística para a construción de dous novos edificios de vivendas en Milladoiro con máis de 100 novas vivendas. +INFO: bit.ly/3u1Mi29