ch
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
#TRÁFICO: A estrada AC-543 volve a estar operativa despois da colisión desta mañá entre un turismo e un camión cisterna. ☑️ A
#TRÁFICO: A estrada AC-543 volve a estar operativa despois da colisión desta mañá entre un turismo e un camión cisterna. ☑️ Ambos vehículos foron xa retirados da vía, sen que finalmente se producise o derramamento da carga do depósito do camión.

#TRÁFICO: Cortada a AC-543 en ambos sentidos por unha vertedura de gasoil. 👉 Unha colisión entre un turismo e un camión cist
#TRÁFICO: Cortada a AC-543 en ambos sentidos por unha vertedura de gasoil. 👉 Unha colisión entre un turismo e un camión cisterna provocou o derramamento de 6.000 litros de combustible na estrada. 🚧 A vía permanecerá cortada ata o remate dos labores de limpeza, recomendándose no seu lugar o uso da AG-56.

#PLENO: Sigue en directo dende as 20:30 horas o #pleno ordinario de febreiro na canle de YouTube do Concello de Ames. https://youtu.be/xXIls6X1X1E

#OBRAS: A Deputación adxudica por 128.420 euros as obras da nova senda peonil de Biduído. +INFO: https://i.gal/GqGgd

#UCGAL: A Unión de Consumidores de Galicia imparte dúas charlas informativas sobre a reclamación de gastos hipotecarios. +INFO: https://i.gal/4M6C8

#CONCILIACIÓN: Abre o prazo para preinscribirse ou renovar praza nos servizos complementarios de educación e conciliación. +INFO: https://i.gal/jRiEw

#XUVENTUDE: A Concellería de Mocidade presenta o Club de Acción Xuvenil de Ames. +INFO: https://i.gal/GXc8R

#PLENO: O Pleno debaterá a elección de xuíza de paz e a aprobación da taxa pola ocupación de terreos de uso público cos postos, barracas e casetas de venda. +INFO: https://i.gal/TF9q2

#8M: Participa na carreira feminista “Moitos camiños, mesma meta”, que se celebrará o vindeiro venres 8 de marzo. +INFO: https://i.gal/CtyRN

#ESCOLASINFANTÍSMUNICIPAIS: Os usuarios da Casa dos Maiores reciben a visita do alumnado da escola infantil municipal O Bosque. +INFO: https://i.gal/t0CHJ

#EMPREGO: Comeza unha nova edición do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames-Brión con 100 participantes. +INFO: https://i.gal/zFMJp

#AMTIC: A Aula AMTIC organiza un curso de informática para a adaptación dixital. +INFO: https://i.gal/lnSrG

#TEATRO: A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a obra de teatro “Hamelin”. 📅 Venres 1 de marzo ⏰ 20:30 horas 🔴 +INFO: https://i.gal/AMrQz 🎫 ENTRADAS: https://i.gal/vbDDu

#MEDIOAMBIENTE: O Concello de Ames abre un novo espazo de hortas urbanas no Agro do Muíño con 27 novas parcelas. +INFO: https://i.gal/RFtiy

#EMMA: Un ano máis, a EMMA organiza obradoiros musicais para toda a veciñanza de Ames. +INFO: https://i.gal/N1q8u

#TEATRO: A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o espectáculo de monicreques “Solo”. 📅 Venres 1 de marzo ⏰ 18:00 horas 🔴 +INFO: https://i.gal/N2a2e 🎫 ENTRADAS: https://i.gal/OiKqI

#MINUTODESILENCIO: O Concello de Ames sumouse este mediodía ao minuto de silencio convocado pola FEMP en memoria das persoas falecidas no incendio de València.

#DÍADEROSALÍA: Ames pecha a programación do Día de Rosalía 2024 cunha gala poético-musical en homenaxe á escritora. +INFO: https://i.gal/n1tBM

#REDEINNPULSO: Arredor de 400 nenos e nenas dos colexios amesáns participaron no Roteiro Maker que conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia. +INFO: https://i.gal/bcgUa

#PLENO: O Pleno aproba de xeito inicial o orzamento de 2024 que supera os 32 millóns de euros. +INFO: https://i.gal/RRRea