ch
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

前往频道在 Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

显示更多
761
订阅者
无数据24 小时
-17 天
+730 天
帖子存档
SERVIZOS BANCARIOS O Goberno Municipal pide as entidades bancarias que adopten medidas que favorezan a accesibilidade aos servizos das persoas con menor capacitación dixital + INFO: bit.ly/33YjTPg

Punkdemia.jpg1.37 MB

APEGO: O próximo venres, 28 de maio, ás 18:00h, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o espectáculo “Punkdemia”, do clown galego Peter Punk. A actividade chega da man do Programa Apego de normalización lingüística, e está dirixida a familias con crianzas. Para poder asistir é imprescindible inscribirse previamente. +INFO: bit.ly/3v4YGzi

MOBILIDADE: O Concello de Ames recibiu hoxe a notificación da Dirección Xeral de Mobilidade sobre o reforzo que vai facer a Xunta de Galicia, dende o vindeiro sábado 22 de maio, do servizo de transporte público para dar servizo á veciñanza das parroquias de Ortoño e Bugallido. +INFO: bit.ly/3ovVCcP

cartel_campamentos_veran_2021.jpg1.43 MB

CAMPAMENTOS: Abre o prazo de matrícula para os rapaces e rapazas admitidos/as no programa de campamentos municipais de verán 2021. +INFO: bit.ly/3f0J8qF

Limpa a túa finca.jpg3.93 KB

LIMPEZA DE TERREOS: Lémbrase que os/as propietarios/as de terreos forestais teñen que limpar as parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos antes do 31 de maio. +INFO: bit.ly/3wfHVl4

20M_Sisargas.jpg3.26 MB

PRESENTACIÓNS: Charo Pita e Laura Ramos Cuba presentan as obras “O cuarto de Jane” e “Rascamasseiras” que foron premiadas no Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. +INFO: bit.ly/3yndewd

PATINAXE: O club de patinaxe Sarela súbese ao podio no Campionato Galego. +INFO: bit.ly/3wbEwDM

ECONOMÍA SOCIAL E SOLIDARIA O Concello de Ames colabora con REAS Galicia na organización do VI Encontro aberto da Economía Social e Solidaria, que se desenvolverá o próximo sábado, 22 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. +INFO: bit.ly/3vb2Rd3

OBRAS A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o inicio do expediente de licitación das obras de renovación do pavimento dos viarios interiores do núcleo de Rúa, na parroquia de Piñeiro, por un importe de 276.576,75 euros. +INFO: bit.ly/3tY68e3

HOSTALARÍA Chégase a un acordo sobre o texto definitivo da futura ordenanza reguladora da ocupación de dominio público e espazos privados de uso público por terrazas. +INFO: bit.ly/3eVk83T

FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Ames é socio e ademais ostenta a Secretaría, organiza o ciclo virtual de webinars ‘A Axenda 2030 na cooperación municipalista’. +INFO: bit.ly/3uYPxIw

SANEAMENTO NA PONTE MACEIRA Os Concellos de Ames e Negreira colaborarán para dotar de saneamento ao lugar negreirés da Ponte Maceira. +INFO: bit.ly/2SOHcJ5

CERTAME LITERARIO DE AMES 13 mulleres e 5 mulleres compoñen a grella de gañadores/as da XVIII edición do Certame Literario de Ames. + INFO: bit.ly/3bzYfFf

MES DAS LETRAS EN AMES Este mércores, 19 de maio, Montse Pena presenta a obra “Intempestiva” no Pazo da Peregrina + INFO: https://bit.ly/3tYHSbV

DOAZÓN DE SANGUE A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 20 de maio no Milladoiro + INFO: https://bit.ly/3ouoCSy

COMERCIO: Durante a primeira fase da campaña de apoio ao comercio local Merc@mes realizáronse 8.248 operacións por valor de 169.715,30 euros. +INFO: bit.ly/3tM4hJl