ar
Feedback

لا تقع ضحية للمخادعين! تيليمتريو يكتشف ويُميّز هذه القنوات 👉 إذا كنت تريد رؤية العلامة، اشترك 👈

Concello de Ames

Concello de Ames

الذهاب إلى القناة على Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

إظهار المزيد
761
المشتركون
لا توجد بيانات24 ساعات
-17 أيام
+730 أيام
أرشيف المشاركات
#ImpulsaAmes Seguimos avanzando no reto climático e enerxético coa adxudicación do contrato de instalación dun sistema de aerotermia na oficina municipal de Urbanismo e da Policía local para mellorar a eficiencia enerxética e diminuír a pegada de carbono. +INFO: bit.ly/2Wob5yq

PLENO MUNICIPAL Esta mañá acordouse desconvocar a sesión extraordinaria do pleno convocado para este xoves, 17 de decembro de 2020, ás 20.30 horas. +INFO: bit.ly/34flWiA

CONCURSO DE ESCAPARATES Aberto o prazo de inscrición, ata o 23 de decembro, para participar no XV Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames. As persoas titulares ou co-titulares dun establecemento comercial situado en Ames, que queiran participar neste certame, deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. +INFO: bit.ly/2K9WQuH

PROGRAMA TROULEANDO Hoxe, 16 de decembro, pecha o prazo para inscribirse no Scape Room Online organizado pola Concellería de Mocidade. As persoas interesadas deberán anotarse enviado un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/2WjBv4n

ESCOLA DA MADALENA Papá Noel repartiu libros, doados pola ANPA, entre os nenos e nenas da escola infantil da Madalena. Repartíronse tres libros entre as crianzas: Os tres porquiños, os Sete cabritiños, e Cocorico. Ademais, este martes 15 de decembro, a escola celebrou o tradicional festival de Nadal que este ano fíxose de xeito virtual. +INFO: bit.ly/3nnXkvy

AULA CEMIT A Aula Cemit Impartirá dous cursos na programación de Nadal, dirixidos a nenos e nenas, de “Scratch”, un de introdución e outro de nivel medio, ambos de dous días. +INFO: bit.ly/3nkoPpT

AUTOCINE Inscríbete para poder servir comida e bebida durante a última sesión do programa de Autocine no Milladoiro. Para adherirse a este iniciativa haberá que enviar un correo electrónico ata o 18 de decembro ao enderezo: promocioneconomica@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/2Lz6JCs

CURSOS ROBÓTICA DA OMIX Inscríbite nos dous obradoiros de robótica para mozos e mozas maiores de 12 anos que organzia a OMIX. O martes 22 e o mércores 23 de decembro impartirase o taller de programación e electrónica, mentres que o luns 28 e o martes 29 de decembro, desenvolverase o taller de deseño 3D. O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 18 de decembro. Para anotarse débese enviar a ficha de inscrición ao enderezo omix@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/3nj1Fjw

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE Queres coñecer de primeira man todos os detalles sobre CRONOS, a aplicación informática que se implantou no Concello de Ames, para facer a reserva de pistas deportivas (tenis e pádel), así como para a tramitación das inscricións nas Escolas deportivas e culturais. Participa no webinar informativo e descubre as distintas utilidades da aplicación. A xornada telemática terá lugar o vindeiro luns, 21 de decembro, ás 19.00 horas. Contamos contigo! +INFO: bit.ly/37mQQaW

ESPECTÁCULO DE MAXIA Esgotadas todas as prazas para o espectáculo de maxia de Dani Polo do día 21 de decembro. Estase elaborando unha lista de agarda coas persoas que non obtiveron praza para cubrir posibles baixas. +INFO: bit.ly/2WjnL9M

TEATRO A obra de teatro “Vida de Cans” chega á Casa da Cultura de Bertamiráns este venres 18 de decembro ás 20.30 horas. Aínda hai entradas dispoñibles que se poden adquirir a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. +INFO: bit.ly/3r1duNw

TORNEO DE XADREZ Últimos días para inscribirse nos torneos online de xadrez organizados por Xogade. O día 19, competirase entre colexios por equipos e o día 26, individualmente. O prazo de inscrición remata este mércores, 16 de decembro. +INFO: bit.ly/2IQO301

OBRADOIROS DE NADAL Quedan prazas para 6 obradoiros infantís e outros 6 dirixidos a persoas adultas. A inscrición pódese facer cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo por correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo de inscrición pecha este xoves 17 para algunhas actividades, e para outras o próximo martes 22 de decembro. +INFO: bit.ly/3nmD6Cx

PROGRAMACIÓN DE NADAL A programación “Un Nadal diferente” recolle 70 actividades para o mes de decembro e comezos de xaneiro. Accede á programación completa de actividades: bit.ly/3oQDGsn +INFO: bit.ly/2ITAqNO

ILUMINA O TEU SORRISO Preséntase a segunda edición da campaña “Ilumina o teu sorriso”, a través da cal se pon en marcha un concurso de fotografía. Entre os participantes sortearase un teléfono móbil de última xeración e un circuíto de Spa doados por Centro Dental Macía. +INFO: bit.ly/3nuGs6g

UNIÓN DE CONSUMIDORES DE GALICIA A UCGAL impartirá na Casa da Cultura de Bertamiráns, este martes, 15 de decembro, ás 20:00 horas, unha xornada informativa sobre as sentenzas do IRPH e dos gastos hipotecarios. Trátase dunha charla gratuíta e aberta a toda a veciñanza amesá na que se falará sobre como che afectan as últimas sentenzas sobre IRPH e os gastos de formalización dunha hipoteca. +INFO: bit.ly/2IKZ2Ii

AUTOCINE Os establecementos hostaleiros que se adhiran a esta iniciativa poderán servir comida e bebida ás persoas que acudan á última sesión do programa de Autocine no Milladoiro, que se realizará o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro. +INFO: bit.ly/3aaMVji

RUTA DA NATUREZA A Aula da Natureza organiza para o sábado, 19 de decembro, unha andaina polas Fragas do Tambre. A veciñanza poderá participar nun percorrido de 5 quilómetros co que se pretende dar a coñecer o bosque durante o inverno. O prazo para inscribirse está aberto ata ás 14.00 horas do venres 18 de decembro. Ofértanse 20 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/3gMFYWP

PROGRAMA APEGO O programa Apego retoma as sesións de contos presenciais con “Un corazón a flor de pel”.Caxoto contacontos ofrecerá unha sesión de contos o xoves 17 de decembro, a partir das 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os nenos e nenas que teñan máis de catro anos e as súas familias poderán participar nesta actividade sobre intelixencia emocional. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de decembro e as prazas son limitadas para cumprir coa normativa de seguridade vixente. As familias interesadas en participar deberán enviar un correo a normalización@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/3qT5UVl

CURSOS ROBÓTICA DA OMIX A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), organiza dous obradoiros de robótica para mozos e mozas maiores de 12 anos. O martes 22 e o mércores 23 de decembro impartirase o taller de programación e electrónica, mentres que o luns 28 e o martes 29 de decembro, desenvolverase o taller de deseño 3D. O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 18 de decembro. Para anotarse débese enviar a ficha de inscrición ao enderezo omix@concellodeames.gal. +INFO: bit.ly/3nj1Fjw