Concello de Ames
الذهاب إلى القناة على Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
إظهار المزيد761
المشتركون
لا توجد بيانات24 ساعات
-17 أيام
+730 أيام
أرشيف المشاركات
GALETIKTOKERS
Últimos días para enviar tiktoks ao certame Galetiktokers.
O luns 30 de novembro pecha o prazo de participación no certame Galetiktokers, unha iniciativa coa que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.
+INFO: bit.ly/37gyvuW
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 26 de novembro de 2020, é de 28 casos activos. Actualmente están en seguimento 390 persoas por estar en contacto estreito con algún caso positivo.
+INFO: bit.ly/3fzLiw2
25N
A mocidade amesá participará nun obradoiro que aborda a temática da violencia de xénero con motivo do 25N.
+INFO: http://bit.ly/33fTa0U
ALFOMBRISTAS
O Concello debaterá no pleno do día 26 a inscrición da técnica das alfombras florais na lista do patrimonio inmaterial da UNESCO. Cómpre salientar o labor da Asociación de Alfombristas de Ames.
+INFO: http://bit.ly/364gnEX
LUCES DE NADAL
O sábado 28 de novembro acéndense as luces de Nadal en Ames
+ INFO: http://bit.ly/2HAzH3p
PLENO
O Pleno debaterá a aprobación de dous proxectos para executar unha rede de pluviais en Cantalarrana e de saneamento e abastecemento no lugar de Quintáns.
+INFO: bit.ly/3nVXgDl
WEB MUNICIPAL
Unha nova enquisa interpela á veciñanza de Ames sobre a páxina web municipal, co obxectivo de introducir melloras, sobre o deseño, os contidos, a frecuencia e o destino das visitas, a facilidade de acceso aos distintos apartados e o uso particular que cada usuaria/o fai da páxina web municipal.
Ademais, a enquisa deixa aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal.
+INFO: bit.ly/2UXP7Sc
XORNADAS ACÉRCATE Á IGUALDADE
A Concellería de Benestar Social e Igualdade organizou os pasados días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate á igualdade e prevención da violencia de xénero. Este ano realizáronse por primeira vez de xeito virtual. En total participaron máis de 300 persoas que aprenderon, debateron e intercambiaron coñecementos en tres obradoiros centrados na coeducación e no feminismo.
+INFO: bit.ly/33dsKgl
EMPREGO
Proceso selectivo para a selección e nomeamento dun/dunha responsable da Aula da Natureza do Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/33cJrZ2
GALETIKTOKERS
Últimos días para inscribirse ao certame "GaleTiktokers", unha iniciativa coa que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.
+INFO: bit.ly/39clB3I
AXUDAS DO PLAN DE EMPREGO LOCAL
Mañá, 25 de novembro, ás 14.00 horas, remata o prazo para solicitar as axudas do Plan de Emprego Local, que concede o Concello de Ames como entidade adherida ao Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña
+INFO: bit.ly/375MIuf
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 23 de novembro de 2020, é de 31 casos activos. Os contactos estreitos en seguimento actualmente con residencia no concello de Ames ascenden a 413.
+INFO: bit.ly/339yJCP
EMPREGO
Aprobación das bases para a selección e contratación do persoal para o obradoiro de emprego “ForestaAmes-Brión”. Para poder participar hai que estar dado de alta como demandante de emprego.
+INFO: bit.ly/3kSpxZj
25N
Ames conmemora o 25N. Ás 18.00, na praza do Concello, lerase o manifesto institucional, crearase un lazo lila, repartiranse camisetas e máscaras e desfrutarase dun concerto de batukada do grupo “Trópico de grelos”.
+INFO: bit.ly/2KytVQV
AUTOCINE
A primeira edición do autocine “Ames Drive Cinema” estreouse co aforo completo nas seis sesións. 531 vehículos, unhas 1.200 persoas, achegáronse ata o aparcadoiro da Telleira.
+INFO: http://bit.ly/39965FK
MEDIO AMBIENTE
Ames elabora, cunha achega de 11.000 euros, un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible co obxectivo de reducir a emisión de gases efecto invernadoiro.
+INFO: http://bit.ly/3fqK9qw
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Sabes en que consiste o desenvolvemento urbano #sustentable? É a mellora duradeira das condicións sociais, económicas e ambientais dunha área #urbana, facendo fronte ao desemprego, a segregación e a pobreza.
http://ames2020.gal/
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DE NADAL
A Oficina de Voluntariado de Ames pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos propios da época de Nadal. Os alimentos recolleranse do 23 de novembro ata o 14 de decembro.
+INFO: http://bit.ly/35RIIhM
