ar
Feedback
Concello de Ames

Concello de Ames

الذهاب إلى القناة على Telegram

Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames

إظهار المزيد
761
المشتركون
لا توجد بيانات24 ساعات
-17 أيام
+730 أيام
أرشيف المشاركات
ITV CICLOMOTORES A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Bertamiráns o vindeiro luns 1 de marzo. A unidade estará dispoñible para realizar inspección técnica de ciclomotores só en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, na explanada do polideportivo de Bertamiráns. Aquelas persoas que desexen concertar cita poderano facer na páxina web sycitv.com ou no teléfono 902 309 000. +INFO: bit.ly/3aPEJoB

PLENO MUNICIPAL Este xoves, 25 de febreiro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario do mes de febreiro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a aprobación do Consello Sectorial de Educación e da Cultura do Concello de Ames. Tamén se abordará a aprobación do proxecto técnico modificado das obras de acondicionamento e mellora térmica de cuberta e fachadas da Escola Infantil municipal O Bosque; e maila adhesión ao programa de teleasistencia domiciliaria da Deputación da Coruña. Ademais, trataranse catro propostas e unha declaración institucional presentadas polo Goberno municipal e os diferentes grupos políticos con representación na Corporación municipal. +INFO: bit.ly/2ZDAJkr

NORMALIZACIÓN A Luz de Rosalía ilumina xa as zonas máis transitadas do concello. Os versos de Rosalía de Castro pódense ler nos farois das rúas até o día 7 de marzo. +INFO: bit.ly/3uhiAqV

PROGRAMACIÓN CULTURAL Volve a programación cultural dende este venres 26 de febreiro co contacontos infantil "Rosalía pequeniña", un espectáculo de música e contos, dirixido por Uxía, que se realizará en dúas sesións: ás 17.00 e as 18.00 horas no Milladoiro. Xa están dispoñibles na Billeteira electrónica as entradas das actividades que se van a desenvolver as vindeiras semanas. Todos os eventos se realizarán seguindo as normas hixiénico-sanitarias vixentes publicadas no DOG. Por este motivo, actualmente o aforo máximo permitido en cada función é do 30%. +INFO: bit.ly/2Nlfem9

PETRÓGLIFOS O Concello coloca sinais nos accesos aos petróglifos de Monte Castelo e da Peneda Negra para evitar o paso de vehículos rodados. O Concello quere concienciar á cidadanía sobre a necesidade de protexer estes bens patrimoniais de Interese Cultural . +INFO: bit.ly/2Md7thr

COMERCIO O Concello de Ames reforza a campaña “Comercio de Ames. Témolo todo!” cunha nova campaña de publicidade no autobús número 3.270 que realiza a liña entre Santiago e O Milladoiro. O lema de dita campaña pódese ver ata o 19 de marzo de 2021. +INFO: bit.ly/2MckPdH

COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 19 de febreiro de 2021, é de 48 casos activos. O pasado xoves, 11 de febreiro, o número de casos activos era de 113. Este luns 15 de febreiro situouse en 67 casos activos, mentres que o martes 16 de febreiro estivo en 58 casos. O xoves 18 de febreiro os casos activos baixaron a 52. O número de casos en Ames continúa baixando, pero aínda así lémbrase que hai que seguir respectando as restricións que están en vigor. +INFO: bit.ly/3bjmqHf

#ImpulsaAmes 📲 Para mellorar o acceso e o uso da tecnoloxía en Ames, estase traballando no programa de implantación progresiva de Administración electrónica e de servizos electrónicos, e impulsarase un plan de aplicación das NTIC. ➡️ https://ames2020.gal/ #Ames2020 #FEDER #EDUSI #UnhaManeiraDeFacerEuropa

XUNTANZA INSTITUCIONAL O Goberno municipal mantén unha nova xuntanza co conselleiro de Economía, Empresa e Innovación para falar dos novos fondos europeos e do novo marco financeiro plurianual 2021-2027. +INFO: http://bit.ly/3awXoVM

PROGRAMA VIVENDAS BALEIRAS O departamento de Servizos Sociais informa de que, tanto propietarios de vivendas como persoas que as precisen alugar, poden participar no Programa Vivendas Baleiras. +INFO: http://bit.ly/3ucjN2w

Concurso Rosalia de Castro bibliotecas.jpg3.15 KB

CONCURSO "DEBUXA A TÚA ROSALÍA" As Bibliotecas municipais de Ames organizan un concurso infantil de debuxo polo Día de Rosalía que se celebra o vindeiro 24 de febreiro. O prazo para participar estará aberto dende o luns 22 ata o sábado 27 de febreiro. +INFO: bit.ly/3dqEJNp

CAMPAÑA BONOS COMERCIO Por mor das restricións para facer fronte á Covid19, e para que comerciantes e clientes se beneficien da iniciativa en mellores condicións, adíase o inicio da campaña de tarxetas bono Merc@mes até o 1 de marzo de 2021. + INFO:http://bit.ly/3djFoAa

COVID-19 O Concello informa de que o número de casos de Covid-19 no municipio de Ames, segundo se traslada a información dende a Consellería de Sanidade a 18 de febreiro de 2021, é de 52 casos activos. +INFO: bit.ly/37nn5WO

SERVIZOS SOCIAIS O programa de prevención de condutas aditivas presenta este ano como novidade a inclusión de grupos de 4º y 5º de primaria e de FP básica. +INFO: bit.ly/3shY7jZ

CARTEL AXUDAS.jpg2.28 KB

SUBVENCIÓNS O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou o II Plan de Rescate para persoas traballadoras autónomas e microempresas afectadas pola Covid-19. +INFO: bit.ly/3u8oLNR

ENQUISA WEB O Concello de Ames anima á veciñanza a participar na enquisa sobre a Sede electrónica municipal. Búscase o uso que a veciñanza fai deste servizo e se está satisfeita con el. Ademais, déixase aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar este portal. Habilitouse un banner no pé da páxina web que estará dispoñible de forma permanente para acceder á enquisa. +INFO: bit.ly/3ax5AFD

#ImpulsaAmes 💡 A #EDUSI instalará un sistema de apagado e acendido automático nas instalacións deportivas de Aldea Nova, co obxectivo de distribuír a cantidade adecuada de luz e, por conseguinte, reducir o consumo anual de enerxía. ➡️ https://ames2020.gal/ #Ames2020 #FEDER UnhaManeiraDeFacerEuropa

OBRADOIRO DE EMPREGO FORESTAMES-BRIÓN Os Concello de Ames e Brión están desenvolvendo o obradoiro dual de emprego ForestAmes-Brión no que participan 20 alumnos/as traballadores/as e un equipo de 5 persoas que forman o persoal administrativo e docente. Durante 9 meses os traballadores/as recibirán formación específica sobre o certificado de profesionalidade oficial de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, que conta con 410 horas de duración. +INFO: bit.ly/3ptEOlF