Concello de Ames
الذهاب إلى القناة على Telegram
Esta é a canle oficial de Telegram do Concello de Ames. #SomosAmes concellodeames.gal Facebook facebook.com/concellodeames Instagram instagram.com/concellodeames Twitter twitter.com/concellodeames
إظهار المزيد761
المشتركون
لا توجد بيانات24 ساعات
-17 أيام
+730 أيام
أرشيف المشاركات
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Un novo avance na construción do centro de mocidade do Milladoiro! Tras constituírse o xurado do concurso de ideas para a redacción do proxecto, no que colabora o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, avánzase na valoración das propostas.
DEPORTES
Os atletas amesás do MillaRaio conseguen resultados destacables no Campionato de España Individual Sub14 e Sub16.
Os rapaces clasificados, Daniel Cariñena López, Pablo Cariñena López e Nuno Castro Albán, conseguiron mellorar as súas propias marcas.
+INFO: bit.ly/3jZQ5ro
EMPREGO
Proceso selectivo para a cobertura dunha praza de auxiliar- notificador para o Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/32dPuMB
EMPREGO
Proceso selectivo para a contratación dun/dunha responsable da brigada de xestión e repoboación forestal do Concello de Ames.
+INFO: bit.ly/32gLURL
OBRAS
As aldeas de Suevos e Sorribas, en Trasmonte, xa dispoñen de rede de saneamento. Tan só queda por executar a reposición do pavimento dos camiños nos que fixeron gabias para acometer ditas instalacións.
+INFO: bit.ly/2JCp28X
DEPORTES
O amesán Alberto Rodríguez proclámase campión galego júnior de halterofilia.
+INFO: bit.ly/38cj7Sm
SANIDADE
A OMS agradece o compromiso dos 33 municipios españois, entre eles, Ames, involucrados na iniciativa “Aire Limpo”.
A labor, encabezada por España e Perú, conseguiu concienciar sobre as consecuencias de non garantir un aire limpo e seguro, xa que a contaminación de este cause ao ano 7 millóns de mortes.
+INFO: bit.ly/3mQnTZF
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
📲 Xa está lista a aplicación informática que permite a xestión de instalacións deportivas e culturais! Mediante o seu uso non só controlaranse os accesos, senón que os usuarios poderán realizar directamente a reserva de cursos, actividades ou instalacións.
👍 Tamén ofrece a posibilidade de realizar o pago directo das actividades, sen necesidade de desprazarse ás dependencias municipais nin ter que ir á entidade bancaria para formalizar o correspondente pago. Todo son facilidades!
🔝 Esta medida trátase dunha das 10 boas prácticas da EDUSI #ImpulsaAmes!
➡️ https://ames.i2a.es/CronosWebGal/Login
PROTECCIÓN CIVIL
O Concello de Ames asina un convenio de colaboración coa Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Ames.
+INFO: bit.ly/36325TI
CAMPAÑA NON ESTÁS SOA
Ames énchese de sinais en contra da violencia de xénero a través da campaña "Non estás soa".
+INFO: bit.ly/3oPVGE5
MEDI@TECA
Na páxina web do Concello de Ames, accédese a Mediatec@mes, onde se recollen os vídeos máis destacados do Concello.
Ademais, existe un sistema personalizado de envío de avisos, actualidade e axenda, así como as contas de redes sociais.
+INFO: bit.ly/35WRudi
COVID-19
Está aberta a enquisa, elaborada polo Concello de Ames, sobre a Covid-19. O obxectivo é coñecer a opinión da veciñanza sobre diferentes aspectos relacionados coa pandemia.
Accede á enquisa e participa: bit.ly/2HDq97g
DATOS OFICIAIS COVID-19
O Concello informa de que o número de casos de COVID-19 no concello de Ames, segundo se traslada a información desde a Consellería de Sanidade a 2 de novembro de 2020, é de 108 casos activos. Na actualidade estase facendo o seguimento a 341 persoas que estiveron en contacto estreito con algún caso positivo.
+INFO: bit.ly/383uThR
HOSTALARÍA
O Concello de Ames non cobrará as taxas de utilización da vía pública con mesas e cadeiras ao longo do primeiro semestre de 2021.
+INFO: bit.ly/3jL2qiN
PROGRAMA APEGO
Bea Campos conducirá a sesión virtual de Contos do Chupete dirixida a nenos e nenas de ata 3 anos.
O prazo de inscrición está aberto até o 5 de novembro. Para anotarse, débese escribir a normalizacion@concellodeames.gal.
+INFO: bit.ly/327avbA
AXENDA 2030
Apróbase a proposta de acordo para a adhesión do Concello de Ames á Rede de Entidades Locais para a implementación e desenvolvemento da Axenda 2030. O obxectivo é lograr un desenvolvemento sostible.
+INFO: bit.ly/34P1W7m
COVID-19
Trala declaración, por parte da Xunta de Galicia, do nivel 3 de restricións no concello de Ames, o alcalde, Jose Miñones, pídelle á veciñanza amesá responsabilidade para tratar de frear o avance da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.
Preme nesta ligazón para ver o vídeo: youtu.be/Uor59vVDqIc
NIVEL 3 DE RESTRICIÓNS
A Xunta de Galicia vén de decretar no día de hoxe que o concello de Ames pasa a estar en nivel 3 de restricións a partir das 00.00 horas deste domingo 1 de novembro de 2020.
Ás medidas decretadas onte, 30 de outubro, sobre o peche perimetral e limitacións de xuntanzas a persoas conviventes (grupos de como máximo de 5 persoas), súmanse hoxe novas restricións no ámbito da hostalería (suspéndese o servizo no interior de bares e cafeterías); sobre o deporte non federado (ao aire libre só se poderá practicar deporte entre persoas conviventes e nos centros deportivos en grupos de ata 5 persoas sexan ou non conviventes).
Os parques infantís, biosaudables e pistas deportivas ao aire libre seguirán pechadas e seguen suspendidas as actividades de Benestar Social e aprazadas as Escolas deportivas e culturais.
+INFO: bit.ly/2JekOEb
