A Mesa pola Normalización Lingüística
الذهاب إلى القناة على Telegram
984
المشتركون
لا توجد بيانات24 ساعات
+57 أيام
+4330 أيام
أرشيف المشاركات
👅Que queremos na nova lexislatura que comeza?
https://x.com/amesanl/status/1691780422684819519?s=46&t=i3aB2ACRUwWqnMRpdxtQ2Q
Convidámosvos a acudir á mesa redonda que terá o vindeiro 25 de xullo ás 19:25h no Festigal para falar da situación actual das linguas do Estado e das accións que se están a tomar para avanzar na súa normalización.
Participan na mesa redonda:
· Idurre Eskisabel. Secretaria Xeral de Euskalgintzaren Kontseilua.
· Francesc Marco Palau. Secretario da Plataforma per la Llengua.
· Anna Oliver. Presidenta de Acció Cultural del País Valenciá.
· Paul Bilbao. Comité redactor do Protocolo de Donostia.
· Marcos Maceira. Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
Modera: Elsa Quintas. Vicepresidenta da Mesa. Directora do Observatorio de dereitos linguísticos.
📌 Como chegar? maps.app.goo.gl
Andan doentes... 🤮 Acaba de aparecer en Vigo un panel atacando a toponimia galega. Unha campaña que ten como única finalidade a de provocar e confrontar.
✊ A sociedade galega está a denunciar estas mensaxes ofensivas e dende A Mesa non permitiremos que nos insulten desta maneira.
✍️ Asina a campaña a favor da nosa toponimia: i.gal/BHFd9
Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
📲 Ou nos grupos de Telegram.
- A Mesa -
A Coruña, así a queremos! 🩵
A Mesa concentrou un cento de persoas na cidade herculina para denunciar as mensaxes de odio contra a nosa toponimia.
‼️ Atacar e ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos.
As institucións públicas débense corresponsabilizar da súa lexislación e das súas obrigas, por isto reclamamos da Xunta de Galiza, do Goberno español e dos concellos afectados que tomen todas as accións necesarias para:
• Garantir o cumprimento da legalidade na toponimia.
• Instar ás compañías de xeolocalización a que empreguen as formas correctas e oficiais dos nomes de lugar.
• Manifestarse contra as campañas de odio á lingua galega e á denominación do seu territorio.
✍️ Asina a prol da nosa toponimia: i.gal/BHFd9
✊ CONCENTRACIÓN ✊
A Mesa convoca para este 30 de xuño ás 12h no Obelisco da Coruña unha concentración a prol da nosa toponimia.
Atacar e ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos.
Información sobre a concentración:
• Data: 30 de xuño
• Hora: 12:00h
• Lugar: Obelisco (A Coruña)
✍️ Asina a prol da toponimia: i.gal/BHFd9
- A Mesa -
A CORUÑA, así a queremos
Continúan os ataques á toponimia galega.
🗓️ A Mesa acaba de convocar unha concentración para este 30 de xuño ás 12h no Obelísco (A Coruña).
A cidade da Coruña foi a seguinte que apareceu cun panel que atenta contra os dereitos lingüísticos: Os topónimos terán como única forma oficial a galega.
✍️ Asina a campaña a favor da nosa toponimia: i.gal/BHFd9
Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
📲 Ou nos grupos de Telegram.
- A Mesa -
👅 S A N X E N X O 👅
Ofensivo o panel co que se encontou este tarde a veciñanza de Sanxenxo.
Veñen de fóra a dicirnos como temos que falar e como debemos chamar aos nosos lugares. Unha provocación e un ataque á nosa toponimia.
👉 Solicitamos a Alcampo (establecemento no que se encontra este panel) que retire esta mensaxe que atenta contra a lexislación que protexe a toponimia galega.
Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
📲 Ou nos grupos de Telegram.
- A Mesa -
Chegou o día! ☀️ Hoxe encheremos as rúas e prazas do país para reivindicar o noso idioma.
En galego, aquí e agora! 👅💙
Mobilizacións convocadas:
• Santiago de Compostela (Alameda)
• A Coruña (Obelísco)
• Lugo (Praza Maior)
• Ourense (Praza do Correxidor)
• Pontevedra (Praza Curros Enríquez)
• Vigo (Cruce Vía Norte)
• Ferrol (Praza do Inferniño)
• Monforte (Praza de España)
• Foz (Casa do Concello)
«En galego, aquí e agora»
💙👅 Maniféstate pola lingua este 17 de maio ás 12h. Consulta as localidades e puntos de encontro.
Máis información en queremosgalego.gal
💬 Garda esta imaxe e compártea coas túas amizades por Whatsapp e Telegram.
💙👅 Mobilízate pola lingua este 17 de maio ás 12h na Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Monforte ou Foz.
Máis información en queremosgalego.gal
🇪🇺 O PARLAMENTO EUROPEO A FAVOR DA INICIATIVA XABARÍN
O Parlamento europeo a favor da dobraxe e a lexendaxe nas linguas minorizadas proposta na Iniciativa Xabarín [+info].
A Directiva Europea do Audiovisual destaca a importancia de facilitar a acesibilidade en todas as linguas do territorio onde se presta o servizo, tal e como solicitaran a Mesa e as entidades do sector audiovisual galego hai uns días en Estrasburgo.
Este posicionamento tómase días despois da comparecencia do presidente da Mesa, Marcos Maceira, do vicepresidente de AGAPI, Xosé Lois Ledo, e da profesora Soliña Barreiro, do Grupo de Estudos audiovisuais da USC, no Intergrupo de linguas do Parlamento europeo, cun enorme interese por parte de deputadas e deputados de todos os grupos e diversas nacionalidades.
| COMPARTE |
Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
A plataforma cidadá Queremos Galego sairá ás rúas o 17 de maio para reivindicar a vida en galego.
Mobilizacións:
• Santiago de Compostela (Alameda)
• A Coruña (Obelísco)
• Lugo (Praza Maior)
• Ourense (Praza do Correxidor)
• Pontevedra (Praza da Peregrina)
• Vigo (Cruce Vía Norte)
• Ferrol (Praza do Inferniño)
• Monforte (Praza de España)
• Foz (Casa do Concello)
40 anos de lei de normalización lingüística non serviron para garantir a presenza e dispoñibilidade do galego en todos os espazos da vida pública.
A actual situación de emerxencia lingüística.
Asina o manifesto:
✍️ queremosgalego.gal/manifesto
- Queremos Galego -
📺⁉️ Para TVE é «La Toja» 📺⁉️
Segundo Televisión española “la localidad de La Toja, a nivel estatal no tiene oficialmente reconocido el nombre de A Toxa”. [+info]
A Mesa recórdalle a Televisión española que os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega.
👉 Ademais corresponde á Xunta de Galiza a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galiza.
Saber máis 👉 www.amesa.gal/noticias
| COMPARTE |
Axúdanos a difundilo por redes:
• No muro de Facebook.
• Nun chío en Twitter.
• Nunha historia en Instagram.
«En galego, aquí e agora»
Queremos Galego convoca manifestacións este 17 de maio nas principais cidades e vilas de todo o país.
Sigue con atención esta canle de Telegram para saber as localizacións das concentracións.
‼️ A situación de emerxencia lingüística non permite esperar a que as institucións a cumprir as súas obrigas.
🔗 Máis información en queremosgalego.gal
A Mesa celebra a súa Asemblea Xeral
👉 Celebrou esta mañá na Casa Museo Manuel María, en Outeiro de Rei. A entidade, consolidada como a grande asociación do galego.
🔗 Saber máis en amesa.gal
Sigue toda a actualidade do galego a través do teu móbil e vive día a día o activismo a prol da lingua.
Axúdanos compartindo esta mensaxe cos teus contactos e grupos de Telegram.
👉 ENTRAR NA CANLE 👈
A Mesa pídelle ao novo ministro de Sanidade que arquive e deixe sen efecto a sanción imposta a un cidadán que reclamou ser atendido en galego.
O caso está actualmente á espera de resolución xudicial, despois de que a entidade de defensa da lingua recurrise a aplicación da "lei mordaza" nun caso "especialmente grave", ao darlle validez a un expediente policial onde se afirma que o dereito á atención en galego non existe.
🔗 Saber máis información.
Alfonso Gómez, vice alcalde de Xenebra:
👉 Escolle o GALEGO
Inés Rey, alcaldesa da Coruña:
👉 Escolle o CASTELÁN
⁉️ A alcaldesa da Coruña prefire comunicarse en castelán cun galego criado en Suíza 🇨🇭, que se está a comunicar con ela en lingua galega...
🎥 Créditos: Pablo Díaz Bouza.
